30/10/07

INSTRUCIÓNS PARA SER AUTOR/A

INSTRUCIÓNS PARA SER AUTOR/A DO NOSO BLOG


O único que precisas para ser autor do noso blog é unha conta de correo electrónico e solicitar á Gaivota que che engada á lista de autores. Para solicitar a alta na lista de autores tés dúas vías:


1. A través do correo electrónico da Gaivota


indicando que te queres dar de alta no blog e os teus datos: nome, apelidos, curso e dirección de correo

2. Anotándote na lista que se colgará na túa aula.

Se queres participar e non tés dirección de correo electrónico fala co teu titor/a ou con algún dos profesores responsables: Andrea, Álex, ...


Recibirás a invitación no teu correo electrónico co asunto

Se le ha invitado a participar en el blog de A Gaivota”.


Nese correo aparecerá un enlace para poder participar

Para participar en este blog, visita:

http://www.blogger.com/i.g?inviteID=3...&blogID=8...


Preme no enlace que che levará á páxina para darte de alta.

· Se a túa conta de correo é unha conta de Google xa está, introduce a túa dirección e o teu contrasinal e xa serás autor do blog.

· Se a túa non é unha conta de Google preme en Cree ahora su cuenta.. Simplemente tés que cubrir o ficheiro: a túa dirección de correo dúas veces (ten que ser a mesma á que che chegou a invitación); un contrasinal dúas veces (RECOMENDACIÓNS: non poñas o mesmo que na conta de correo electrónico e só o debes coñecer ti); o nome de usuario co que se firmarán as túas entradas (o nome debe ser recoñecible: nome e un apelido polo menos, non valen alias); introduce a palabra de verificación; acepta as condicións e preme Continuar.


Noraboa, xa es autor/a do blog “A Gaivota”. Preme en Nueva entrada para escribir e publicar o que queiras.


IMPORTANTE: O teu nome de autor no blog debe ser recoñecible, senón serás eliminado/a (exemplo: Álex Cortés). Es responsable das entradas que se publiquen co teu nome; asegúrate de que ninguén coñeza o teu contrasinal. Terás que verificar a túa conta de Google a través dunha mensaxe que recibirás no teu correo.


ANIMÉMONOS A PARTICIPAR

29/10/07

MANIFESTO DO NOSO BLOG

Nace o blog "A Gaivota" do Monte Carrasco. Este blog pretende ser un lugar de reunión de todos os membros do noso centro. A idea é sinxela: por un lado publicar e estar ao día das novas que acontecen no centro; por outro participar cos nosos traballos, ideas, suxestións... O blog está aberto a todos nós e a todas as nosas ideas e intereses, por iso o manifesto do blog é moi sinxelo:

  • A lingua vehicular do blog é o galego. As novas entradas do blog deberán estar redactadas en galego, se ben poderemos presentar traballos en calquera das linguas coas que se traballa no centro: galego, castelán, inglés e francés.
  • Non se poderá publicar nada que falte ao respecto a calquera persoa e/ou institución. A linguaxe empregada deberá ser axeitada. En todo caso, débese respectar o recollido no Regulamento de Réxime Interno do centro. O administrador do blog (o ENL) será o encargado de revisar as novas entradas e modificalas/eliminalas de ser preciso.
  • O importante é participar. Os temas a tratar e a forma de facelo só depende dos nosos intereses, as nosas gañas e a nosa imaxinación.

ANIMÉMONOS A PARTICIPAR

26/10/07

Samaín 07

Está a chegar a festa do Samaín e gustarianos celebrar esta data cunha exposición de cabazas. Para que nos animemos a participar organizouse o

CONCURSO DE TALLADO DE CABAZAS

Bases: Poden participar tod@s @s alumn@s do centro cunha cabaza ou cunha composición de cabazas.

Datas: Os traballos entregaranse en conserxería os días 29, 30 e 31 de outubro.

Premio: O premio consistirá nun diploma e un CD (escollido polo gañador) para o mellor traballo.


ANIMÉMONOS A PARTICIPAR