3/6/14

Contos Dramatizados CEIP San Roque

O alumnado de teatro de 1ºESO A-B preparou uns contos seleccionados pola Biblioteca CEIP San Roque. As obras representadas  foron Chibos e Chibóns, A galiña Roxa, A vaca que puxo un ovo, Imos cazar un oso, O coelliño branco, Croco, Cocorico e O lobo feroz. O venres tivo lugar a representación para o alumnado de Infantil e Primaria.  O espectáculo tivo un éxito rotundo. Velái unha mostra

Intercambio Epistolar

Ao longo deste curso 2013-2014 viñemos desenvolvendo unha actividade denominada: Intercambio epistolar.
Esta actividade tivo varias partes:
A primeira delas consistiu en que, as alumnas e alumnos de terceiro de ESO, se carteasen, en galego, con alumnado doutro centro educativo: IES Carlos Casares.
Esta primeira parte resultou moi satisfactoria, a maior parte do noso alumnado descoñecía os modos tradicionais de comunicarnos: neste caso a carta e tiveron que aprender as fórmulas básicas para a elaboración da carta, cubrir o sobre co remitente e o destinatario, etc.
A seguinte parte da actividade consistiu en establecer a comunicación entre ellas e eles a través das novas tecnoloxías: correo electrónico ou whatsapp.

Rematou a actividade cunha visita guiada á Illa de San Simón. Previamente, o alumnado leu o libro: Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz e, xa na illa, os monitores organizaron unha vistita guiada e unha xincana ao redor do libro. Esta parte resultou moi interesante porque puidemos coñecer un pouco máis a nosa histoira e sobre todo a historia da illa, dende o ataque dos piratas turcos, a chegada de Xulio Verne, a construción do Lazareto marítimo, o campo de traballo, etc.