26/12/07

Imos contar un conto

Aí vos estamos tratando de darlle un pouco de vidilla á biblioteca do insti e tentado que a xente lea (enténdase por xente membros da comunidade escolar nun amplo senso, non só alumnado). Así que a alguén se lle ocorriu traballar este ano cos contos e repartir agasallos a quen participe (vedes, os agasallos si que son só para o alumnado, que inxusto!).

Como xa veriades no insti, esta andaina comeza con "Simbad o mariño", un dos moitos contos incluídos en "As mil e unha noites".

Aí vos deixo toda a información para que vos animedes a participar. Un saúdo de A Gaivota do Monte Carrasco.



OS CONTOS

Durante este curso, para dinamizar a biblioteca, queremos darvos a coñecer distintas obras literarias.

En concreto, imos traballar o xénero do “conto”.

Para fomentar a vosa participación, prometemos agasallos para todos os colaboradores nas actividades que vos propoñamos ao longo do curso:
  • Por cada actividade na que participedes, entregarásevos un Diploma Lector.
  • As actividades poden ser as que se propoñan desde a biblioteca ou desde calquera materia.
  • Ao final do curso, recibiredes un agasallo en función do número de diplomas.

CANTOS MÁIS DIPLOMAS MELLOR!




SIMBAD O MARIÑO


Para este 1º trimestre, queremos presentarvos un conto da literatura universal: “Simbad o Mariño”. Un conto que forma parte da obra anónima “As mil e unha noites”.


Podedes ver diversos exemplares do conto e da obra completa na exposición que estará do 17 ao 21 de decembro na entrada do centro.


O día 21, podedes solicitar un exemplar na biblioteca para ler durante o Nadal.


Tamén o podedes descargar na páxina web do centro:

http://centros.edu.xunta.es/iesmontecarrasco

na sección biblioteca.


Propoñémosvos tamén as seguintes actividades que vos puntuarán para o voso Diploma Lector:

  • Ler o conto de “Simbad o Mariño” e entregar un resumo / valoración crítica, á volta do Nadal.
  • Recoller lendas / historias relacionadas co mar, da vosa zona e dos vosos achegados (pais, avós, veciños,...)


Podedes entregalo en formato papel nos recreos na biblioteca ou a través do blog “A Gaivota” (
http://aghaivota.blogspot.com) , sección “Imos contar un conto”.

1 comentario:

A profa dijo...

O link da biblioteca funciona pero na páxina da biblioteca non aparece o texto para baixar. Saúdos.