26/12/07

Imos contar un conto

Aí vos estamos tratando de darlle un pouco de vidilla á biblioteca do insti e tentado que a xente lea (enténdase por xente membros da comunidade escolar nun amplo senso, non só alumnado). Así que a alguén se lle ocorriu traballar este ano cos contos e repartir agasallos a quen participe (vedes, os agasallos si que son só para o alumnado, que inxusto!).

Como xa veriades no insti, esta andaina comeza con "Simbad o mariño", un dos moitos contos incluídos en "As mil e unha noites".

Aí vos deixo toda a información para que vos animedes a participar. Un saúdo de A Gaivota do Monte Carrasco.



OS CONTOS

Durante este curso, para dinamizar a biblioteca, queremos darvos a coñecer distintas obras literarias.

En concreto, imos traballar o xénero do “conto”.

Para fomentar a vosa participación, prometemos agasallos para todos os colaboradores nas actividades que vos propoñamos ao longo do curso:
  • Por cada actividade na que participedes, entregarásevos un Diploma Lector.
  • As actividades poden ser as que se propoñan desde a biblioteca ou desde calquera materia.
  • Ao final do curso, recibiredes un agasallo en función do número de diplomas.

CANTOS MÁIS DIPLOMAS MELLOR!




SIMBAD O MARIÑO


Para este 1º trimestre, queremos presentarvos un conto da literatura universal: “Simbad o Mariño”. Un conto que forma parte da obra anónima “As mil e unha noites”.


Podedes ver diversos exemplares do conto e da obra completa na exposición que estará do 17 ao 21 de decembro na entrada do centro.


O día 21, podedes solicitar un exemplar na biblioteca para ler durante o Nadal.


Tamén o podedes descargar na páxina web do centro:

http://centros.edu.xunta.es/iesmontecarrasco

na sección biblioteca.


Propoñémosvos tamén as seguintes actividades que vos puntuarán para o voso Diploma Lector:

  • Ler o conto de “Simbad o Mariño” e entregar un resumo / valoración crítica, á volta do Nadal.
  • Recoller lendas / historias relacionadas co mar, da vosa zona e dos vosos achegados (pais, avós, veciños,...)


Podedes entregalo en formato papel nos recreos na biblioteca ou a través do blog “A Gaivota” (
http://aghaivota.blogspot.com) , sección “Imos contar un conto”.

22/12/07

Felicita o nadal en galego

Envía este nadal postais en galego, sen pagar un euro, dunha forma ecolóxica e ademais son animadas con movemento e música. Desde AQUÍ envía as postais do teu nadal en galego.

21/12/07

Bo Nadal


XOGO DE XEOGRAFÍA

Xa estamos nas vaciones do Nadal, e aquí vos deixo a miña última entrada ata o 2008. É un xogo de xeografía. Tedes que sitúar os países e cidades que vos poñen no menor tempo posible. Eu aínda non cheguei ao último nivel (qué vergoña!.
Bueno, tede un Bo Nadal todo o mundo! Pola miña parte eu penso disfrutalo.
http://www.travelpod.com/traveler-iq

20/12/07

Saída a Santiago

O luns 17 de decembro, o alumnado de 3º e 4º de ESO, fixemos unha saída didáctica a Santiago de Compostela para visitar o Museo de Ciencias Naturais e o Instituto Galego de Consumo. Nun día xeado, case que o máis frío do ano, visitamos o Museo de Ciencias Naturais, sitúado na Facultade de Química do Campus Universitario. Fixemos un percorrido polo contorno do Campus, onde nos mostraron as especies árboreas do campus, de tódolos continentes (o outono, ademais de frío, déixanos unhas cores impresionantes).
Pola tarde, participamos nuns obradoiros no Instituto Galego de Consumo, sobre o teléfonos móbiles e os videoxogos (xa con moita mais calor, a comida tamén axuda)

Centenario do himno galego 1907-2007

Hoxe fanse cen anos da primeira interpretación do himno galego na Habana. De primeiras, pode parecer que hai poucas semellanzas entre aqueles representantes da capital cubana ilustrada de comezos do século XX e mais nós, pero o certo é que o lazo de unión inexorable que é a patria permaneceu ao longo de todo este tempo facendo que nos sintamos galegos.

14/12/07

FAITE DOADOR

Ola a todo o mundo!!!

Hoxe toca poñerse un pouco serios. Como algúns xa veriades polo insti, colgamos uns carteis co seguinte lema

FAITE DOADOR
DE MÉDULA
ÓSEA.

HOXE POR MIN,
MAÑÁ PODERÍA
SER POR TI.


Os carteis, así como esta entrada no blog, buscan apoiar a campaña de doazón de médula ósea, difundila o máximo posible e concienciar da importancia de que haxa doadores para que se poidan salvar todas as vidas posibles. Hai moita xente esperando que apareza unha médula compatible que lles dea a esperanza de poder estar sans e levar unha vida como a vosa. Seguro que hai alguén esperando máis preto do que pensades.

Os menores de idade non podedes ser doadores, pero sí podedes difundir esta información na casa e pola rúa. Se non podes doar, podes salvarlle a vida a alguén atopando un doador para el. Todos podemos facer algo: pouco sempre é mellor que nada.

As persoas que estean interesadas en doar poden chamar ao teléfono 900 100 828 (de luns a venres antes das 17 h). Aí daranvos toda a información precisa e diranvos o que podedes facer.

Eu vou chamar e dicirllo a toda a xente que poida. E ti?

12/12/07

Desestrésate co Rober Bodegas

Como esta semana é moi dura con tanto exameeeeeeeeeeee déixovos aquí algo para que vos desestresedes durante uns minutiños que é o que acabo de facer eu.
Non sei se o coñecedes, é Rober Bodegas, o último gañador do programa televisivo El rey de la comedia.
O Rober é un rapaz de Carballo, disque é un estudante, en fin, creo que leva oito anos dicindo que fai a carreira na Coruña.
Estudar non estudará pero ao de facer rir non lle dá mal, espero que vos guste.

9/12/07

Por algo se empeza

Din os expertos que avalían os resultados do rendemento dos estudantes de quince anos en lectura (Informe PISA 2006) que temos algunhas dificultades para comprender o que lemos. Aínda que a lectura semella un proceso aparentemente doado, require do dominio de certas técnicas. Empecemos pola primeira: abrir o libro. Aínda que o comezo custa un pouco, os resultados finais son sempre sorprendentes.




E si con isto non é dabondo, aquí tendes unhas TÉCNICAS DE ESTUDIO que sempre axudan, sobor de todo en época de exames. Un saúdo.

8/12/07

DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

Cun pouco de retraso aquí fago unha entrada sobre o Día da Constitución, 6 de decembro.
Como a maioría de vos(refírome aos alumnos, os profes xa quixeran)nacíchedes nos anos 90 aquí vos deixo uns videos da etapa electoral de 1977, que se elexiron as Cortes que logo farían a Constitución. Non teñen desperdicio. No primeiro vese que eramos un país totalmente alleo ao concepto de democracia, e no segundo podemos ver a vellos coñecidos (Fraga, Carrillo, Felipe González ou Suárez), así como discursos que agoran volven a soar en boca de políticos actuais.


4/12/07

Jorge Drexler

Seguro que moitos non sabedes quen é Jorge Drexler... Pois o certo é que eu tampouco jaja! Pero coñezo algunhas das súas cancións e cunden moito (:
Non sei poñer vídeos do YouTube así que vos deixo a dirección dalgunhas cancións que me gustan... jiji! A ver se vos gustan! Non me extrañaría que a moitos non lles gustasen ('x

Mi guitarra y vos



Milonga del moro judío



Todo se transforma



Un saúdo!^^

2/12/07

DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA (1 decembro)

Aquí vos deixo información e datos recentes sobre a SIDA en Galicia publicados pola Xunta por motivo do Dia Mundial Contra a SIDA. Segue a ser un problema tamén en Occidente así que ollo!

Tamén vos deixo un anuncio que vos non coñeceredes pero que foi moi famoso na miña nenez

Máis do 50 por cento das novas infeccións polo VIH en Galicia nesta década prodúcense por ter relacións sexuais sen protección
Obsérvase nos últimos anos unha diminución relativa nos casos de Sida asociados á práctica de compartir material de inxección de drogas, e un aumento da transmisión polas relacións heterosexuais non protexidas
É necesario que a poboación galega heterosexual comece a ser consciente do risco que supón non percibir o perigo asociado ás súas prácticas sexuais habituais
Unha terceira parte das persoas galegas infectadas polo VIH non saben que o están, polo que a prevención da infección segue sendo a mellor estratexia
Dende 1981, e ata o 31 de decembro de 2006, notificáronse ao Rexistro Galego da Sida un total de 3.582 casos desta enfermidade

30/11/07

3ºB


Olaa! Pois como fai moito que non me pasaba vou deixar unha entrada e xa teño excusa para non volver pasar en unha semana polo menos xP
A foto é 3ºB-niie+siiL e a sacamos nós o día que fomos a Arnoia, coa axuda de Mon, que co disparador automático non nos safabamos (cabe dicir que non nos safabamos ou zafabamos ou como se diga porque poñía a cámara enriba dunha mesa e centraba a pantalla ao outro lado da mesa, elogo ao pasar por debaixo para ir a poñerme a tiraba, e cando daba a volta e ía correndo ao redor da uve de mesas quedaba en plan tirarme en plancha!).
Pois iso, que a foto é moi guai do paraguai (non sendo por que a Nieves non lle deu a gana de poñerse e Sil se acoplou jaja!) e que 3ºB mola moito (:

somos iguais
somos diferentes
Cada un é un mundo, mais nos levamos todos bastante ben, e iso mola eh!? jaja! Un biquiño! Quérovooooos!
adRii!

28/11/07

Crebacabezas 001


Si, resulta que son unha apaixonada dos crebacabezas, atópoos moi relaxantes e son unha forma de perder o tempo como outra calquera.

Veña, vouvos poñer para comezar un sinxeliño, deses de principiante.

A ver cantos de vós sodes quen de rematar este crebacabezas e dicir que persoas do centro aparecen nel.

Quen sabe, igual estás ti, ou ti, que che pica a curiosidade? Pois, se é que sabes, claro, AQUI a resposta :D

Humor galego

Aí vos deixo uns chistes gráficos seleccionados dun powerpoint que me mandaron. Boa falta fai botar unha risotada de vez en cando. Xa me direde se vos fixeron gracia ou non.

Aí vos deixo uns chistes ghráficos selecsionados dun poghuerpoint que me mandaron. Boa falta fai botar unha risotada de ves en cando. Xa me diredes se vos fixeron ghrasia ou non.










27/11/07

Grupos consonánticos CC e CT

Os grupos cultos CC e CT simplifican en galego eliminando o primeiro elemento despois de i (ditado) e u (estrutura).

Pero hai unhas excepcións que son as seguintes:

MANTEÑEN ICC
adicción (dependencia) – convicción – dicción – drogadicción – evicción – ficción – fricción – friccionar - indicción - micción

MANTEÑEN UCC
liposucción – succión - succionar

MANTEÑEN ICT
adicto – adicta – amicto – anfictión – anfictionia – apodíctica – apodíctico – convicto – convicta – deíctico – deíctica – dicterio – drogadicto – drogadicta – edicto – ficticio – ficticia – flictena – ictericia – ictérico – ictérica - ictio- (prefixo grego 'peixe') – ictiocola – ictiófago – ictiófaga – ictiol – ictiólogo – ictióloga – ictioloxía – ictiolóxico – ictiolóxica – ictiosauro – ictiose – ictus – invicto – invicta – lictor – nictalope – nictalopía – nictaxináceas – nictitación – nictitante – nicturia – pictografía – pictográfico – pictográfica – pictograma – pictórico – pictórica – ricto - stricto sensu – tictac – veredicto – vindicta

MANTEÑEN UCT
dúctil – ductilidade – ducto – eructar – eructo – suctorios

23/11/07

Charla Asociación para o Estudio da Lesión Medular


Onte, xoves 22 de novembro, o alumnado de 2º de ESO, participou nunha charla-coloquio da Asociación para o Estudio da Lesión Medular. Nesta charla impartida por dous membros da asociación, afectados por lesión medular, trata de informar sobre as conductas axeitadas para previr accidentes, sobre todo de tráfico, como comportarse ante un accidentado e as consecuencias das lesións medulares e os seus diferentes graos.

22/11/07

Fernando Fernán Gómez, por sempre

De seguro para a maioría dos lectores deste blog o nome de Fernando Fernán Gómez non signifique demasiado, e a min enfádame, enfádame moito que co comportamento dos medios de comunicación sigan sen coñecer demasiado deste actor, director, escritor... recentemente falecido. Indígname que morra unha folclórica ou se separe unha infanta e aquí non se poida ver outra cousa na tele a todas as horas e morra Fernán Gómez e aquí non pasemos duns minutiños nos informativos. Está visto que a cultura non se leva, que pensar non se leva.
En todo caso, para os que non o saibades, Fernando Fernán Gómez, entre outras moitísimas cousas, protagonizou o filme La lengua de las mariposas, versión cinematográfica do libro galego A lingua das bolboretas de Manuel Rivas. Aquí vos queda un anaquiño do filme.

"Optimista y soñador"

- Jelouuu a todas e a todos !

- Quixen poñer o vídeo directamente na páxina, pero son demasiado patosa e non dou feito. xD




É de Frank-T, está en castelán, pero encántame ! Espero que a vós tamén ! ^^
Reparade na liberdade das imaxes e na beleza das palabras.
Grazas por ser "O de mates" (:

Queres? Podes.

Queredes ter unha referencia para cando as forzas menguan aínda que sexa por motivos banais? Aquí vos deixo unha semente. Atopeina na bitácora dos compañeiros de Tadega (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega).

Velaiquí a historia:
Na Australia hai unha proba atlética moi famosa que se chama "Ironman" (home de aceiro) que consiste en:
- Nadar no mar 4 quilómetros durante o frío da mañán.
- Continuar cunha bicicleta en ruta percorrendo nada menos que 180 quilómetros sen parar con sobidas e baixadas prolongadas.
- Rematar cunha maratón de 43.5 quilómetros nun derradeiro e destrozante esforzo físico e mental (os campións do mundo precisan entre 8 e 12 horas para rematar a proba; o noso protagonista precisou máis de 17 h).



Pois é aquí que un pai con 60 anos tiña unha enorme ilusión, competir co seu fillo con parálise cerebral en brazos ao longo de toda a proba. Nunca viu coma un obstáculo o do seu fillo senón como unha aposta, un empeño. O entrenamento foi duro e longo, pero aquí tedes o resultado. O vídeo chámase "Can" (podo). Ti, tamén.




21/11/07

debuxos na rúa

Aquí vos deixo uns debuxos que molan feitos co xiz na rúa.

http://es.youtube.com/watch?v=SOV1srK0hhg

25 de Novembro: Día Internacional Contra a Violencia Cara á Muller


Como non é posible colgar a foto do panel tan bonito elaborado polo noso alumnado de 4º, déixovos un enlace cunha exposición dixital do Instituto de la Mujer.

http://www.20minutos.es/galeria/559/0/0/

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA A MULLER

O VINDEIRO 25 DE NOVEMBRO COMEMÓRASE O
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA A MULLER

No noso centro, o alumnado de 4º de ESO participou nun obradoiro para previr a violencia de xénero en xoves de secundaria, en 3 sesións os días 24, 31 e 7 de novembro.
No obradoiro, organizado polo Centro de Información á Muller do Concello de Cangas, abordouse o tema das relacións de parella:
· Relacións sanas e enfermas
· Conflicto e maltrato
· A violencia de xénero
· Apoios e recursos cos que contan as mulleres que padecen violencia de xénero.

O obradoiro tivo un desenvolvemento práctico e o alumnado elaborou un mural coas ideas traballadas.

20/11/07

O que lemos (Índice dos títulos publicados)



A banda sen futuro
A expedición do Pacífico
Arnoia, Arnoia
Atrapasoños
Cartas de amor
Cartas de inverno
Game Over
Muletas
O Hobbit
O Principiño
Que te angustia Nuria?
Todo vai ir ben


Todo vai ir ben

Título: Todo vai ir ben
Autor: Silvestre Gómez Xurxo
Editorial: Xerais

A nai dunha rapaza chamada Minia comeza a sentir unha dor nas costas que lle aparecera un día mentres levantaba unhas bolsas da compra. Fai probas pero non lle atopan nada así que a nai de Minia comeza a preocuparse. Un día comunícanlle que ten metástase de ósos, polo que se ten que operar rapidamente e poñerse un tratamento de quimioterapia.
Minia está moi preocupada e cóntalle todo o que lle acontece ao seu osiño de peluche Churbi e á súa mellor amiga Raquel.
Cando á nai de Minia lle din que ten un cancro recorda o que lle acontecera a última vez; cando tivera que someterse a un tratamento contra o cancro de mama que a deixara moi debilitada e lle tiveran que amputar unha mama.
A Minia e ao seu irmán Tomé mándanos ir pasar unha tempada á casa dos avós mentres a súa nai se vai sometendo ao tratamento. Pero un día a nai de Minia ponse mala e teñen que ingresala urxentemente no hospital. Ao final a nai de Minia ponse ben e segue vivindo coa súa familia.
(Texto de Manuel González Poses, 1º ESO)

Arnoia, Arnoia

Título: Arnoia, Arnoia
Autor: Xosé Luís Méndez Ferrín
Editorial: Xerais

Trata sobre un príncipe chamado Nmógadah, un Príncipe Segredo das terras de Arnoia que é capturado e obrigado a exiliarse polos habitantes de Veciños, despois de que estes invadisen o seu país. Pero é axudado polo Mestre Lionel e polo Libredón libérase dos seus captores e comenza toda unha aventura na que logran vingar a morte de Mai Loretta.
(Texto de Gabriel Portela Núñez, 3º ESO)

Muletas

Título: Muletas
Autor: Peter Härtling
Editorial: Kalandraka
A historia transcorre despois da segunda guerra mundial.
Thomas era un rapaz que cando ía montar no tren, para escapar da pobreza que deixara a guerra, se perdeu.
Despois de andar varios meses sen rumbo buscando a súa nai, atopou un home e fixéronse amigos e el mandoulle que lle chamase Muletas porque andaba con muletas e ese era o seu alcume.
Foron vivir á casa dunha amiga de Muletas. Despois duns meses marcharon a Alemaña onde viviron nun campamento de refuxiados durante uns meses, e despois foron por catro casas diferentes onde os acollían.
(Texto de Elena Álvarez Martínez, 2º ESO)

O que lemos

Ola, este é o comezo dun novo proxecto colaborativo baseado nas lecturas realizadas por todas as persoas que formamos parte do IES MONTE CARRASCO de Cangas do Morrazo.

Funcionamento do proxecto:

1) Nesta sección da Gaivota iremos recollendo resumos propios das lecturas e, o que é máis importante, as nosas opinións sobre as obras para que lles sirvan de referencia aos futuros lectores.

2) Debaixo de cada resumo figurará entre parénteses o seu autor ou autora.

3) Non haberá censura nas opinións realizadas sempre e cando sexan respectuosas co autor e coa obra e non sexan anónimas.

Aquí tes o índice dos títulos publicados.

A banda sen futuro

Título: A banda sen futuro
Autora: Marilar Aleixandre
Editorial: Xerais

Carlota é unha rapaza de 16 anos, ten cancro e teñen que rapala para poder facerlle a quimioterapia.
Acábase de mudar a unha vila nova e ao primeiro non quere ir ao colexio polo de estar rapada.
Ten unha foto dun cantante dun grupo de música que se chama Poch e que morreu pouco despois de que se mudara. Empeza a falar con el, é dicir, coa foto, e cóntalle os seus problemas.
No colexio coñece a Paulina que logo se fai amiga dela, a Nacho que quere ser o seu superheroe, a Moncho, o delegado da clase, do que se fai moi amigo e a Miguel, do que namora.
Un día, a nai de Carlota cóntalle que viu a Paulina bicándose con Miguel e ela entristécese moito.
Moncho, certo día, dille que está namorado dela...
(Texto de Elena Álvarez Martínez, 2º ESO)

A expedición do Pacífico

Título: A expedición do Pacífico
Autora: Marilar Aleixandre
Editorial: Xerais

Unha rapaza galega, Emilia, métese de polisón nun barco que vai facer unha expedición polo Pacífico. O seu irmán, membro da expedición, descóbrea e vístea de rapaz, xa que na época no que se ambienta o libro as mulleres non podían facer ese tipo de cousas. O resto do grupo acepta a súa presenza, crendo que é un neno. Durante a viaxe Emilia namórase dun dos compañeiros, Diego. O grupo ten moitas dificultades para facer o seu traballo e rematan sen cartos e cun expedicionario morto. Ao final da novela, Emilia...
(Texto de Adriana Pérez, 3º ESO)

Cartas de amor

Título: Cartas de amor
Autor: Fran Alonso
Editorial: Xerais
Blog do autor: Cabrafanada

Cartas de amor é un libro que non trata de cartas de amor como o seu propio nome indica, non. O libro trata de cartas escritas por mulleres que se envían unhas persoas a outras de temas normalmente tristes.
Por exemplo, unha carta trata de que unha amiga lle envía unha carta a outra amiga na que lle di que ela apreza moito a súa amizade pero que non só sente iso por ela senón que está namorada dela. Noutro dos textos unha muller envíalle unha carta á súa cuñada dicíndolle que mentres viñan emigrando nunha patera cara a España, o seu marido caeu ao mar e morreu afogado e que pariu o seu fillo que está ben e a salvo.
(Texto de Sheila Martínez Taboada, 2º ESO)

Cartas de inverno

Título: Cartas de Inverno
Autor: Agustín Fernández Paz
Editorial: Xerais
Tareixa, a irmá do escritor Xabier Louzao, que leva dous meses sen noticias del, recibe un sobre con cartas dun pintor chamado Adrián dirixidas a Xabier.
Este pintor dille que acaba de mercar unha casa embruxada e cóntalle que: recibiu mensaxes de socorro, encontrou un libro cunha imaxe que cambiaba cada vez que a ollaba, e outros extraños sucesos. Xabier decide acudir a axudar o seu amigo Adrián. Os dous amigos teñen que se enfrontar a misterios que nós non somos quen de imaxinar.
(Texto de Guilhem Galceran, 2º ESO)

Atrapasoños

Título: Atrapasoños
Autor: Milan Vukotic
Editorial: Kalandraka
Un rapaz tiña que loitar contra o neno máis forte do seu colexio. Tiña que facer unha serie de probas e unha delas era xogar ás bólas. Ese rapaz contra o que tiña que loitar era o mellor xogando ás bólas. A súa tía-avoa contoulle que se lle dicías unhas palabras máxicas á cadeira que tiña na cociña atada, transformábase nun cabalo e ías á terra dos soños. Contoulle tamén que na terra dos soños vivía alguen chamado Atrapasoños. Xogaba ás bolas cos soños e tocáballes a harmónica para que fosen os soños máis bonitos. Atrapasoños tiña unha bóla máxica que con ela gañaba a todos. O rapaz foi á terra dos soños a loitar contra a raiña Raña para que liberara o Atrapasoños. El queria encontralo para que lle prestase a bóla máxica. Atopará o Atrapasoños?
(Texto de Anxo Piñeiro Barcia, 1º ESO)

Game Over

Título: Game over
Autor: Santiago Lopo
Editorial: Biblos
A un mestre de universidade os fillos regálanlle un xogo de ordenador chamado PARALELL CITY.
No xogo estaba a gañar cartos. Xa estaba a piques de formar PARALELL CITY 2 e gañar cartos na vida real cando recibe un mail dicindo que o teñen que executar no xogo e na vida. Como pensaba que era unha broma, non fixo caso ata que lle mandaron unha carta ao seu domicilio dicíndolle o mesmo.
Tiña tanto medo que fixo un pacto cos que lle mandaron a carta, el non morrería se se encargaba de matar aos que non cumprían as normas do xogo.
Podes ler o comezo do libro aquí.
(Texto de Nuria Ruiz Ruiz, 1º ESO)

O Principiño

Título: O Principiño
Autor: Antoine de Saint-Exupéry
Editorial: Editorial Galaxia

Un neno quería ser debuxante, pero ninguén sabía que era o que debuxaba, entón o neno decidiu ser outra cousa, piloto de avión. Nunha destas viaxes caeu no deserto, alí atopouse cun rapaz, o principiño.O principiño pediulle ao mozo que lle debuxase un año, despois de debuxarlle varios ningún lle gustou, entón debuxoulle unha caixa e díxolle que estaba o año dentro. Quería levalo ao seu planeta.
Cóntalle que vén dun planeta moi pequeniño e explícalle o que hai nel. Antes de chegar á Terra percorreu varios planetas e cóntalle o que lle pasou en cada un deles. Na Terra pensou que ía haber máis persoas das que atopou. Cando xa ía facer un ano que se atopaba fóra do seu planeta, era hora de volver.
(Texto de Rut Martínez Vaqueiro. 1º de ESO)

19/11/07

Parabéns para Marisa Núñez

O libro Chocolata de Marisa Núñez convértese na primeira obra do Estado que consegue o Premio Internacional do Libro Infantil convocado pola Fondation Espace Enfants de Suíza.


Esta obra está publicada por Oqo Editora. Podedes atopar unha entrevista coa autora aquí .
Dáse a casualidade de que lin este ano o libro e podo dicirvos que ademais do texto, é moi fermoso polas ilustracións.
Logo non digades que veñen as festas e non se vos ocorren agasallos orixinais para os vosos irmáns pequenos.

Green Day

Aquí deixo un par de vídeos de Green Day ,American Idiot e Boulevard of brooken dreams do álbum American idiot polo que lle deron un emmy.



18/11/07

Fomos de teatro

Pois xa fomos ver a obra de Sarabela Teatro os de terceiro e os de cuarto, como os primeiros en chegar teñen privilexios quitamos unha foto enriba do escenario, todo coma estrelas.

Despois, mentres non comezaba a obra algúns e algunhas aproveitaron para ligar cos dos outros centros, pero non descoidamos o asunto que nos levaba alí e tamén temos algunhas fotos da obra:













O Hobbit

Título: O hobbit
Autor: J. R. R. Tolkien
Editorial: Xerais

Bilbo é un hobbit que vivía tranquilamente no seu burato hobbit ata que un día aparece por alí o mago Gandalf xunto con trece ananos. Bilbo non era moi aventureiro pero desa vez atreveuse a ir de aventuras con eles. Tiñan que conseguir un tesouro vixiado por un dragón. O tesouro era dun avó dos ananos que o acompañaban e chamábase Thorin.
Polo camiño atópanse cuns trasnos nunhas montañas. Alí Bilbo atopa un anel máxico que o volvía invisible, e pode escapar dos trasnos. Os trasnos perséguenos con lobos e acurrálanos nunhas árbores, pero son rescatados polas aguias.
Máis adiante sepáranse de Gandalf e cruzan o bosque escuro, non sen problemas. E atopan a montaña do dragón. Métense dentro e agardan. Un día o dragón vaise amolar a xente dunha aldea, e alí mátano. Hai unha batalla polo tesouro entre: ananos, homes e aguias contra trasnos e lobos. Gaña o grupo de Bilbo e este volve ao seu burato hobbit.
(Texto de Brais Sotelo Mariño, 2º de ESO)

Ferramentas

Como son un desastre e aínda non teño a listaxe con todos os enderezos (isto vai polos de terceiro), póñovos aquí os recursos lingüísticos dos que vos falara na clase.
Espero que lle sexan útiles a todo o mundo.

VOLGA – Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega da Real Academia Galega. Non é un dicionario, isto é, non trae definicións das palabras. Base de datos de busca de palabras, ollo, cando unha palabra aparece en vermello é que é incorrecta. Se non atopa a palabra probablemente tamén será incorrecta.

DICIONARIO DA RAG – Dicionario da Real Academia Galega. Trae as definicións das palabras, presenta un inconveniente bastante grave, non está actualizado á reforma ortográfica de 2003, pero para todo o demais vale igual.

CORRECTORES – Páxina do portal da Consellería con diferentes correctores que se poden descargar.

DICIONARIOS EN LIÑA – Artigo sobre dicionarios na rede de El Correo Gallego, ten enlaces bastante útiles.

PAQUETE DE INTERFACE EN GALEGO PARA OFFICE 2003

17/11/07

EXCURSIÓN AO MONTE ALOIA

Os alumnos de 3º fixeron unha saída ao Parque Natural do Monte Aloia, Tui, o pasado venres 16, saída organizada polo Departamento de Ciencias Sociais.
Aquí vos deixo algunhas imaxes:



No centro de dotación, facendo o xogo de adiviñar animais


Durante a camiñada polas sendas e admirando as fermosas vistas dos arredores

16/11/07

A arte de Jontxu


Tráiovos desta volta o blog dun colega... minto, dun amigo artista, Jontxu. Podería resumir dicindo que é escultor pero, aínda que esa é a súa actividade principal como veredes, en realidade é moito máis: un artista completo.

No blog poderedes ver algunhas das súas obras e, mellor aínda, parte do proceso creativo en vídeo.

A verdade é que da gusto poder presumir de amigos así ;P e de ter unha obra súa na casa. Tentou facer de min un aprendiz de artista, pero non vos houbo maneira. Déixovos a ligazón no menú da dereita tamén.

Tráiovos desta volta o blogh dun colegha... minto, dun amigho artista, Jontxu. Podería resumir disindo que é escultor pero, aínda que esa é a súa actividade prinsipal como veredes, en realidade é moito máis: un artista completo.

No blogh poderedes ver alghunhas das súas obras e, mellor aínda, parte do proseso creativo en vídeo.

A verdade é que da ghusto poder presumir de amighos así ;P e de ter unha obra súa na casa. Tentou faser de min un aprendís de artista, pero non vos houbo maneira. Déixovos a lighasón no menú da dereita tamén.

http://pindrions.blogspot.com/

Neste outro blog hai obras de Jontxu e de José. Ambos traballan xuntos nun taller en Aguiño.

Neste outro blogh hai obras de Jontxu e de José. Ambos traballan xuntos nun taller en Aghiño.

14/11/07

Pero aínda non o sabías????? O Alex está de anos

Cumpleanos feliZ... (;


Ola olaa!
Volvo a actualizar para dedicarllo a Álex, que está de cumpreanos (:

Incrible!, xa levas 28 anos por aí incordiando con que se non parín desde o xoves e con que Pitághoras isto, Pitághoras aquilo.
Por serto! Esta mañá iámoste facer unha especie de "festiña" sorpresa, pero como és unha mala persoa e tes que ser puntual, ghringas! Así aprendes a deixarnos 1o minutiños ó principio de cada clase... E se non che cantamos nada foi porque estabas dun mal humor... =S Dabas medo! Estaste a faser un profe velliño e amarghado que non sabe máis que protestar e berrar jajajaja! xP
Non teño moito máis tempo...
JAPi BERDEi!!! ^^

adRianeiishOn xD

12/11/07

Responsabilidade de tod@s

Atopei este video na bitácora do compañeiro Domingo Méndez, mestre en Cieza, no que amosa intervencións do xuíz de menores de Granada, Emilio Calatayud Pérez. Creo que paga a pena que todos e todas, profesores, alumnos, pais, autoridades, lle botemos unha ollada e ... reflexionemos.




Esta é a continuación.

11/11/07

Krt m8

Hoxe lin isto de María Yáñez en Lingua de @mor:

"A verdade é que me fai moita graza: mentres nalgúns (poucos pero moi concorridos) sitios de internet a xente non fai máis que discutir sobre se é mellor usar a normativa oficial ou a reintegrada co portugués, no outro lado da galaxia interneteira, pero moito máis preto do que pensan, hai unha lexión de galegos nacidos nos 90 reinventando a maneira de escribir o noso idioma. Pódense ver en centos de fotologs e myspaces, e choutar dun a outro sen enterarse da misa á metade, que é do que se trata. Non podo evitar sentirme unha anciá cando intento descifrar oracións como as que seguen.

“eu ps xip!e ox encma ver a tnya aish xa fcia tmp k nn te via(dnd a fstuki d mmnta) e xa tiña gniñas!!”
“bkñs pa tos!!krvs m88!”

“wNoO Q aSiaS & Q oSqUerO a td0sS!!*”

“ps na o iwal k ye dixn a pi, k m alegr d k o psarads bn! o sbdo xa vos vin a ti e a sheila kndo viñsteis sludr k si k o tbais psndo bn jij e o dmngo k vos tokou andr kas rifas, peo s slo foi ata as 2 kdouvos noite e noite!! jj”

“bsuks wp”

Estes exemplos foron escritos hoxe mesmo por rapazas da miña aldea, que está na Terra Chá de Lugo, e que andan polos 16 anos. Pode que un 30 por cento da súa clase teña un fotolog, e esa porcentaxe repítese en maior ou menor medida en moitos máis institutos do rural, como tiven ocasión de comprobar nun par de visitas recentes a estes centros. Para que logo digan que non se escribe en galego, ou que a escrita pública en galego está reducida a uns cantos autores. Ou que só escriben en galego os profesores de instituto. Diso nada. Son os alumnos de instituto os que máis están a facer pola lingua ultimamente: usala, usala e usala, ata estragala, darlle a volta, quitarlle as vogais abertas ou pechadas. Sentila como algo útil para expresar calquera inquedanza da súa cabeciña adolescente. Non podo ver máis que futuro e esperanza cada vez que leo por aí un

“krt m8”.

A lingua galega morreu. Viva a lingua galega."

A verdade é que me intriga saber que pensades sobre o tema, ou simplemente saber se non pensades nada.

8/11/07

O xogo do tangram

Xa sei que me ides chamar pesado, pero aí vai unha nova entrada. Seguimos co de pensar, pero agora cun pouco máis de diversión e xeometría. Pequena historia do tangram e como fabricarse un... sae moito máis barato que mercalo!!!

Xa sei que me ides chamar pesado, pero aí vai unha nova entrada. Seghimos co de pensar, pero aghora cun pouco máis de diversión e xeometría. Pequena historia do tangram e como fabricarse un... sae moito máis barato que mercalo!!!


Historia do tangram


O tangram é un xogo chinés moi antigo chamado “Chi Chiao Pan” que significa “xogo dos sete elementos” ou “táboa da sabedoría”. Existen varias versións sobre a orixe da palabra “tangram”. Unha das máis aceptadas conta que a inventou un inglés unindo a palabra cantonesa “tang” (que significa chinés) coa raíz latina “gram” (que significa escrito ou gráfico). Outra versión conta que a orixe do xogo remóntase aos anos 618 a 907 da nosa era, época na que reinou en China a dinastía Tang de onde derivaría o nome.


Non se sabe con seguridade quen inventou o xogo nin cando. As primeiras publicación chinas nas que aparece o xogo datan do século XVIII, época na cal o xogo xa era moi coñecido en varios países do mundo. en China, o tangram era moi popular e considerábase un xogo para mulleres e nenos.


A partir do século XVIII, publicáronse en América e Europa varias traducións de libros chineses nos que se explicaban as regras do tangram. Chamaban ao xogo “o crebacabezas chinés” e fíxose tan popular que o xogaban tanto nenos como adultos, persoas comúns e personalidades do mundo das ciencias e as artes. Napoleón Bonaparte volveuse un verdadeiro especialista no tangram dende que foi exiliado á illa de Santa Elena.


En canto ao número de figuras, a maior parte das publicacións occidentais copiaron as figuras chinesas orixinais, que ascendían a algúns centos. Ao principio o tangram foi publicado en forma de libro, en torno a 1870 concedíase máis atención ao xogo mesmo e as súas sete pezas, de xeito que o tangram era producido e vendido como un obxeto: pezas de marfil, tarxetas coas siluetas e envoltorio en forma de caixa.


Cara 1900 engadíranse novas figuras e formas xeométricas, chegando a un total de máis de 900. En 1973, os deseñadores holandeses Joost Elffers e Michael Schuyt produxeron unha edición en rústica con 750 figuras novas, acadando así un total de máis de 1600. Da edición de 1973 vendeuse ata o de agora máis dun millón de exemplares en todo o mundo. Actualmente pódense realizar co tangram arredor de 16000 figuras distintas.



Constrúe o teu propio xogo do tangram




É mellor empregar unha folla cuadriculada, senón precisaremos regra e escuadra ou cartabón.


1.
Debuxa un cadrado de 10 cm por lado. (20 cadradiños da folla).

2. Traza unha das diagonais do cadrado e a recta que une os puntos medios de dous lados consecutivos do cadrado; esta recta debe ser paralela á diagonal.

3. Debuxa a outra diagonal do cadrado e lévaa ata a segunda liña.

4. A primeira diagonal que trazaches deberás partila en catro partes iguais (cada pedaciño medirá 5 cadradiños).

5. Traza a recta que se amosa no debuxo.

6. Por último traza estoutra recta.



Se o pegas nun cartón ou unha chapa de madeira antes de recortar, mellor que mellor.


Agora xa podedes construír figuras, tanto as que atopedes en libros e internet como as que vós inventedes. As regras son moi sinxelas: hai que empregar as sete pezas e non se poden poñer unhas enriba das outras.





A DIVERTIRSE!!!