20/11/07

O Principiño

Título: O Principiño
Autor: Antoine de Saint-Exupéry
Editorial: Editorial Galaxia

Un neno quería ser debuxante, pero ninguén sabía que era o que debuxaba, entón o neno decidiu ser outra cousa, piloto de avión. Nunha destas viaxes caeu no deserto, alí atopouse cun rapaz, o principiño.O principiño pediulle ao mozo que lle debuxase un año, despois de debuxarlle varios ningún lle gustou, entón debuxoulle unha caixa e díxolle que estaba o año dentro. Quería levalo ao seu planeta.
Cóntalle que vén dun planeta moi pequeniño e explícalle o que hai nel. Antes de chegar á Terra percorreu varios planetas e cóntalle o que lle pasou en cada un deles. Na Terra pensou que ía haber máis persoas das que atopou. Cando xa ía facer un ano que se atopaba fóra do seu planeta, era hora de volver.
(Texto de Rut Martínez Vaqueiro. 1º de ESO)

2 comentarios:

Adriana dijo...

Teño que admitir que este libro é moi coñecido e tal pero non sei por que nunca o lin, e iso que o teño na casa dende fai anos, pero non sei por que nunca se me deu por aí... Se alguén deixara un comentario deixando a súa opinión... GRACIAAS!^^

Álex Cortés dijo...

Pois se é o que fai falta para que o leas, déixoo eu ;P
O Principiño é un dos libro máis marabillosos e fermosos que lin nunca. De feito aínda lembro a tarde (nin un par de horas, creo) que o lin no patio da miña casa xa hai uns anos. Non sei... é tanta a fantasía e a realidade que se mesturan nas súas páxinas que aínda me abraia hoxe en día.
Así que a animarse, seghuro que o desfrutas (ti e todos os que se animen). De feito, tiña pensado relelo... así que vouno facer :o)