30/5/11

IIIºFestival de poesía do IES Monte Carrasco

Hoxe tivo lugar o IIIº Festival de Poesía, onde o alumnado de 1º e 2º ESO de Teatro recitou poemas de Lois Pereiro, de Eusebio Lorenzo Baleirón, Ana Romaní, Manuel Rivas, Angel González, Paul Valéry, Ana Rossetti, Pilar Pallarés, José Angel Valente, Boris Vian e Giaconda Belli. A nosa lectora de inglés, Karolina Cieslik, colaborou amablemente recitando uns poemas en polaco e alemán de Wislawa Szymborska(Premio Nóbel de Literatura en 1996) e Georg Trakl respectivamente.

Canción gañadora do "IIIºTONADAS +" 2011

A canción gañadora do "IIIºTonadas +" 2011 foi "GA-A-LEGO" de Puto Coke, en 2ºlugar quedou Som do galpóm "QUEDAMOS NESA PRAZA"




24/5/11

Nantes

Onte pola mana o alumnado asistiu a clases, fomos facer un piquenique a un xardin de estilo xapones; despois fixemos unha travesia en barco polo rio Erdre de onde se vian"les follies Nantaises", unha serie de pazos ao longo do rio.

23/5/11

Viaxe a Nantes

O venres o alumnado asistiu a clases; comeu na cantina do centro e pola tarde estivemos en "Les machines de l'Île": unha enorme nave industrial onde un grupo de teatro "Royal de Luxe" fai uns artiluxios mecanicos interactivos, inspirandose na obra do novelista Nantes: Xulio Verne. Ai vai unha mostra: un elefante xigante que andaba polo recinto bufando e cuspindo auga. Os/as nenos/as pasarono en grande.
(Este texto esta sen acentuar porque nos teclados franceses non hai tiles.....)

20/5/11

Intercambio Nantes

O alumnado de 2°ESO de Francés està a realizar un intercambio co Collège Aristide Briand de Nantes, onte estivemos nas famosas vinas de Muscadet, e hoxe recibiunos o Concelleiro de Cultura da vila.

15/5/11

MES DAS LETRAS GALEGAS 2011

Máis poemas de Lois Pereiro recitados por membros do EDLG e membros da comunidade educativa. Moitas grazas pola súa colaboración....

9/5/11

MES DAS LETRAS GALEGAS 2011

Vía EDLG IES Lagoa de Antela


Vía coordinadora EDLG:

8/5/11

Poemas Lois Pereiro

Dous poemas recitados polo alumnado de 1ºA e 1ºB de Teatro, espero que vos guste!!!

6/5/11

MES DAS LETRAS GALEGAS 2011

Outro vídeo para gozar:

4/5/11

Mes das letras galegas 2011

Video gañador do Concurso Correlingua 2011, destinado a promocionar o noso idioma. Moi bon traballo do EDLG e Biblioteca do IES IES Fontem Albei.



Vía Blog Mesturas

3/5/11

MES DAS LETRAS GALEGAS 2011

Máis vídeos interesantes:






1/5/11

MES DAS LETRAS GALEGAS

"3ªTONADAS +"
Como todos os anos volve o "TONADAS+" do EDLG.
Porase na entrada do centro unha urna para que poidades votar. Xa podedes ir escoitando!!!!!