14/12/07

FAITE DOADOR

Ola a todo o mundo!!!

Hoxe toca poñerse un pouco serios. Como algúns xa veriades polo insti, colgamos uns carteis co seguinte lema

FAITE DOADOR
DE MÉDULA
ÓSEA.

HOXE POR MIN,
MAÑÁ PODERÍA
SER POR TI.


Os carteis, así como esta entrada no blog, buscan apoiar a campaña de doazón de médula ósea, difundila o máximo posible e concienciar da importancia de que haxa doadores para que se poidan salvar todas as vidas posibles. Hai moita xente esperando que apareza unha médula compatible que lles dea a esperanza de poder estar sans e levar unha vida como a vosa. Seguro que hai alguén esperando máis preto do que pensades.

Os menores de idade non podedes ser doadores, pero sí podedes difundir esta información na casa e pola rúa. Se non podes doar, podes salvarlle a vida a alguén atopando un doador para el. Todos podemos facer algo: pouco sempre é mellor que nada.

As persoas que estean interesadas en doar poden chamar ao teléfono 900 100 828 (de luns a venres antes das 17 h). Aí daranvos toda a información precisa e diranvos o que podedes facer.

Eu vou chamar e dicirllo a toda a xente que poida. E ti?

9 comentarios:

Álex Cortés dijo...

Pois xa chamín (ín na 1ª persoa, outro deixe de Ribeira). É sinxelo: dis que queres doar médula ósea; pásante con outra persoa; fanche preghuntas básicas sobre a túa saúde; infórmante de que a doazón é universal, desinteresado e anónimo; pídenche os teus datos persoais para mandarche unha carta con toda a información e un formulario; dende que chegue a carta tes que esperar unha semana e, se queres seguir doando, chamalos outra vez para concertar unha cita.

Vamos, que de momento non doe.

Xa vos comentarei que di a carta cando a reciba.

Un pensamento: "ás veces custa tan pouco botar unha man, ter unha palabra amable, un sorriso... que ata doe non facelo".

Anónimo dijo...

estou dacordo con alex
miña nai tamén chamou é
xa recibiu a carta da medula se tal cando teña tempo poño o que
pon...a verdade e q si eu poidera
tamn doaria sen dudalo ni un minuto xa que ainda pa nos non sea moi importante para outras persoas si...

vemonos¡

Anónimo dijo...

Olas��
si � a primeira vez que deixo un comentario pero � ver este tema..pois a verdade non me puiden rexistir..eu xa te�o a carta aqi..mxa que a mi�a nai chamou o numero xa fai uns dias e chegoulle fai pouco...
eu a carta ma�an levareina a alex pa que a lea e opine nela
vemonos�:)

milo dijo...

Facerse doador de medula osea e un tramite moi sinxelo, só tes que chamar o 900 100 828 e informante detalladamente do proceso e envianche unha carta a casa.

Facerse doador e moi importante pra outras persoas, a sua vida depende de un doante coma ti.
O ben que se lle fai o receptor e a sua familia todos o sabemos.

O esforzo e pequeno e o grado de satisfación o salvarlle a vida a outro ten que ser......

Eu son doante e sinto unha gran emoción só pensar que algun dia lle podo salvar a vida a alguen.

SORTE A TODOS E BÓ NADAL

Álex Cortés dijo...

Tardou, pero onte resibín por fin a carta con toda a informasión. Explícanche todo: que tés que faser agora (esperar unha semana e chamar para concertar cita se segues querendo ser); os tipos de doazón de médula que existen; como sería o prosedemento en cada un deles; todas as complicasións que te podes atopar; as causas de exclusión; e máis cousas. Déixano todo moi clariño, agora só hai que desidir se seghir co proseso (eu penso faselo, total só hai que faser unha análise de sangue).

En fin, aghora voume de viaxe cunha man desfeita pola procesionaria (nunca toquedes eses bichos, preferiría terlle dado gholpes coa man a unha parede) e á volta xa chamo para consertar a sita e faserme a análise (polo que vin non vos estou excluído).

Xa vos seghirei a contar que tal vai co seghinte paso. De momento seghe sen doer... e estou máis serca de poder axudar a alghén que o precisa moito.

Unha aperta a todos e felises festas.

P.D. Desidín faser un exame sorpresa á volta de nadal. Anúnsioo aquí para comprobar cantos len o blog. Operasións combinadas para os de primeiro e ighualdades notables para os de terseiro.

Anónimo dijo...

Ben certo é de que o tiñamos máis cerca do que pensabamos. Este veciño tan xoven necesítanos, eu xa chamei. A verdade é que estan bastante colapsados polas chamadas que hai. Din que teñamos calma e iran atendendo a todos, ¡a ver si é verdade! Hai que insistir.

Álex Cortés dijo...

En fin, xa deron sita para a análise de sangue. A verdade é que si que están colapsados, eu quedín para ir a Santiagho e déronme para finais de febreiro. Total que nin sequera hai que ir sen comer.

Non custa nada, así que animádevos.

Álex Cortés dijo...

Xa está feito. En realidade, xa que estaba no sentro de transfusión, doei plaquetas e xa me colleron sangue para o análise da médula ósea.

Por serto, tamén me preghuntaron se quería entrar nun banco de datos para plaquetas, porque alghúns casos como o de David precisan unhas en particular. Podedes preghuntar vós a próxima ves que vaiades doar sangue, por se eles non o fan.

Aperta... do Álex :o)

Anónimo dijo...

Pos a verdade si é un tema de gran relevancia...un tema no que todos deberiamos por o noso granillo de area...os que ainda somo menores de idade non podemos doar, ainda q podemos difundir a informacion e to iso...se todos axudamos un pouco faremos alfo veña...pensemos que ninguen ta libre q necesitares axuda algun dia...