28/3/12
RECITAL POÉTICO MARÍA LADO E LUCÍA ALDAO
1/11/07
Un poema do Álex
Como isto é para todos e para todo, aí vai a miña primeira participación. Empezo cun poema que escribín xa hai anos. Disque non hai que ter vergoña e eu vouna perdendo co tempo ;-)
Como isto é para todos e para todo, aí vai a miña primeira partisipasión. Empeso cun poema que escribín xa hai anos. Disque non hai que ter verghoña e eu vouna perdendo co tempo ;-) (*)
DÚAS CHAVES
Quixera eu saber
onde habita o amor;
petar na súa porta
e preguntar:
u-lo segredo?
Non o sei e soño
cal podería ser
a clarividente resposta
que faga ó meu corazón acougar
e deixe descansar a alma.
Doce e amarga busca
a da súa morada,
vagando pola vida
sen repouso nin indicio,
sen lousas douradas
que me mostren o camiño:
longo coma a morte,
curto coma o soño desta noite.
Xiras a esquina e tropezas
atopas de súpeto a resposta
que che mostra o lugar
onde habita,
dende e deica a eternidade,
esperando quen abra a porta
e deixe entrar o corazón.
Ante ti se ergue a entrada
e, co corazón na man, esperas
que sexa esta a chave
da porta, do segredo,
do amor e a felicidade.
Máis descobres abraiado,
fitando a pechadura,
que son dúas,
e non unha,
as chaves necesarias.
(*) En azul a versión en ghallegho de Ribeira.


