30/4/10

Recital de poesía 2010

O xoves, ás 10 da mañà entre nervios e mesmo lágrimas comenzamos o noso 2º recital de poesía, para moitos era a primeira vez que se enfrontaban á experiencia de recitar en público.


O tema do recital era "A Natureza", polo que os distintos departamentos colaboraron coa súas achegas. Oíronse as voces de Verlaine, Rimbaud, Victor Hugo, Florbela Espanca, Sophia de Mello Breyner Andresen, Marta da Costa, Fiz Vergara Vilariño, Uxío Novoneyra, Emily Dickinson, Thomas Moore, Robert Graves, Manuel María, Xavier Seoane, Luís Amado Carballo.



Felicitar a todo ao alumnado que participou! Foi todo un éxito.




Aí vai unha escolma de fotos


27/4/10

Viaxe a Xinzo 26 de abril

Onte,26 de abril,o alumnado do grupo de "relacións exteriores" do IES Monte Carrasco devolvemos a visita aos compañeiros do IES Lagoa de Antela de Xinzo.

A verdade que foi unha xornada moi intensa, xa que dende que chegamos ás 10h30 non paramos ni un minuto. Descubrimos unha terra chea de lendas: Río do esquemento, a cidade de Antioquía,os subterráneos entre as torres.

Fomos a Lodoselo ao CDR O Viso onde aprendemos a amasar e a facer o pan, despois estivemos practicando xogos populares(os zancos,a ra...) e fixemos un xogo de orientación , pola tarde xa, estivemos en Sandiás no museo da Lagoa de Antela, onde soubemos como se fixo o recheo e coñecemos toda a flora e fauna da zona.

Visitamos a vila de Xinzo, e entre abrazos e lágrimas tivemos que voltar a Cangas.
Moitas grazas por todo foi un día que gardaremos con moi bo recordo.
Esperamos que o ano que ven poidamos emprender outro proxecto xuntos.



Se queredes ver a páxina do Blog do Endl, pinchade:

Fotos dos amigos de Xinzo:

25/4/10

O Rap do libro

Mirade que descubrín navegando por internet:

A Rubalcaba gústalle "A praia dos afogados" de Domingo Villar

Aínda non liches A praia dos afogados? Unha historia de suspense nas Rías Baixas que engancha... Ata o ministro se deixou seducir polo inspector Leo Caldas.

24/4/10

Día do libro no IES Monte Carrasco




Onte 23 de abril, día do libro, estivo o escritor Xosé Vázquez Pintor no instituto facendo un obradoiro literario para o alumnado de 2º e 4º ESO. Ademais presentounos o seu último libro "A folla seca" que ten uns preciosos debuxos de María Sánchez Lires.

Explicoulle ao alumnado que "a literatura se nutre das experiencias da vida e que un autor non pon as palabras de forma casual, por exemplo, cando aparece o número 7 no conto fai referencia ás antigas sete capitais galegas", tamén nos explicou que "os fonosimbolismos que utiliza son para suxerir sensacións e emocións: o bico da boca do vento."

Tróuxonos de agasallo unhas ramas de buxo, árbore que fai referencia á esencia galega, ás pezas da gaita, aos paos das palilleiras, á resistencia, á música. A verdade é que sería unha boa idea dar como agasallo o día do libro unha poliña de buxo.

A TVG no IES MONTE CARRASCO

O mércores estiveron os do programa de "BEN FALADO" da galega gravando o noso alumnado coas súas avoas nos arredores da fábrica de Massó. Comentaron a súa experiencia na investigación que están levando a cabo na súa materia de PRIN (Proxecto Interdisciplinar de 1ºESO) que versa sobre os traballos da factoría baleeira e conserveira en Cangas. Centrándose no aspecto léxico, fixeron referencia a palabras como "velar", "chopes", "traballar ao marraxo", "trochar", "escunchar"..... e mesmo explicaron o significado do topónimo "Punta Balea". Foi unha experiencia moi interesante para todos. Esperamos ver en breve o programa.



23/4/10

Nova ferramenta tecnolóxica

15/4/10

Ensaios de Teatro

O grupo de teatro do IES Monte Carrasco segue cos seus ensaios. Onte fixemos as primeiras lecturas da obra que imos representar.






Despois de recibir a carta do alumnado do CEIP de SAN ROQUE e de ler os contos que nós mandaron, decidímonos por "O león que non sabía escribir"



11/4/10

Pegadas de Cangas

O alumnado do ENDL de Xinzo non se esquece de nós.

Revista No Límite.