20/11/07

Cartas de amor

Título: Cartas de amor
Autor: Fran Alonso
Editorial: Xerais
Blog do autor: Cabrafanada

Cartas de amor é un libro que non trata de cartas de amor como o seu propio nome indica, non. O libro trata de cartas escritas por mulleres que se envían unhas persoas a outras de temas normalmente tristes.
Por exemplo, unha carta trata de que unha amiga lle envía unha carta a outra amiga na que lle di que ela apreza moito a súa amizade pero que non só sente iso por ela senón que está namorada dela. Noutro dos textos unha muller envíalle unha carta á súa cuñada dicíndolle que mentres viñan emigrando nunha patera cara a España, o seu marido caeu ao mar e morreu afogado e que pariu o seu fillo que está ben e a salvo.
(Texto de Sheila Martínez Taboada, 2º ESO)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Aquí chega o meu comentario!
Este libro gustoume moito porque as historias que conta son como as que pasan na realidade e fanche pensar moito, así que.. recoméndoos que o leades.