29/1/15

Día da Paz 30 de xaneiro 2015

O Día da Paz este ano será adicado a Malala, gañadora do premio Nobel da Paz en 2014 conxuntamente con Satyarthi. O alumnado de 1º ESO presentará unha breve biografía destas dúas personaxes. O alumnado de 2º ESO fará unha lectura dramatizada do discurso de Malala na ONU. Ademais teremos polos corredores do centro Paneis e Interpretacións en planos de cor do retrato de Malala.