3/12/13

Culturgal 2013

O venres 29 de novembro o alumnado que forma parte do grupo do EDLG e mais o alumnado de 3º de ESO fomos ao Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia. 
O alumnado de primeiro e segundo de ESO asistiu a un obradoiro de expresión escrita e mais a un faladoiro co escritor Marcos Calveiro sobre a súa novela: Todos somos, publicada pola Editorial Xerais. 
O alumnado de terceiro de ESO asistiu a dous faladoiros literarios: un a cargo de Sabela González sobre o libro Bágoa de Lúa, primeiro volume da triloxía As crónicas de Landereina, publicado por Galaxia, e o outro a cargo de Manuel Lourenzo González sobre o libro Flor de Area, publicado por Xerais.
O alumnado agasallou aos autores con senllos traballos nos que ilustraron cada un dos libros e expresaron a súa opinión persoal. 
Visitaron a feira durante unha hora e puideron ver toda a produción audiovisual, literaria, gráfica, musical, etc, que se está a realizar en Galicia e en galego.



Culturgal 2013 from luz jares on Vimeo.