18/2/08

Contos populares galegos



Título da exposición
Para este 2º trimestre, imos traballar os "contos populares galegos", a partires da obra de Maruxa Barrio e Henrique Harguindey, "Antoloxía do Conto Popular Galego" (Ed. Galaxia).

A partires do 11 de febreiro, poderedes atopar unha selección de contos desta obra polos corredores do instituto.

Estes mesmos contos, atoparédelos na páxina web do instituto, na sección biblioteca.

Propoñémosvos un "xogo de pistas". Darémosvos as preguntas e adiviñas para que as atopedes nos contos expostos.

O cuestionario podedes recollelo na biblioteca ou pedirllo a algún titor/a; entregarédelo na biblioteca nos recreos ou aos titores, antes do luns 10 de marzo.

Todo aquel que participe recibirá un Diploma Lector.

Antes das vacacións de Semana Santa, teremos unha charla-coloquio cos autores do libro: Maruxa e Henrique.



3 comentarios:

Héctor dijo...

Todas estas actividades que estanse a facer este ano, que antes non se facían, xunto coa actualización da web e a creación do blog e do fotolog estanme a gustar bastante, están facendo que os alumnos colaboremos e que polo menos non sexa todo tan aburrido nas clases, ;(

Por certo a Maruxa Barrio é a nosa profesora de Ciencias Naturais???!!

Non sabía que escribía libros.....

Menudos profes que temos polo Carrasco, ainos dende escritores, ata os que estudan chino!!

Veña, deixovos mozos!!

HéctoR!^^, =)

Álex Cortés dijo...

Ghrasias polo peloteo Héctor ;)

Está ben que alghén apresie o traballo... pero creo que se pode mellorar bastante a cousa, tanto en partisipasión como en ideas.

Pode que esteamos a faser máis do que nos toca... ou pode que non esteamos a faser sufisiente... non sei. Pero ghustariame que partisiparades máis, que criticarades, que aportarades ideas, que nos poñades a caldo.

Au revoir!!! (Hoxe tiven exame de fransés... ighual ca vós, todo a última hora ;P)

Begoña Otero dijo...

Claro que é a nosa Maruxa a coautora dos nosos contos. Antes de que remate o trimestre temos un obradoiro cos dous autores para que nos expliquen o proceso de elaboración do libro.

Saudiños

Begoña e Silvia