29/11/11



Este luns tivo lugar a primeira xuntanza do club de lectura para adultos do IES Monte Carrasco. As profes e as nais acordaron ler neste trimestre o cómic Persépole de Marjane Satrapi. Trátase dun dos mellores cómics dos últimos tempos, premiado internacionalmente e levado ao cine con nominción aos Óscar incluida. A autora iraní narra a súa propia traxectora vital, dende a Revolución en Irán, que vive de pequena, até a emigración a Occidente. O choque de culturas, a situación da muller, a soidade, son temas tratados cunha áceda ironía e moita sensibilidade. O 12 de Xaneiro faremos a posta en común e proxectaremos o filme, dirixido pola propia autora. Cómpre reslatar que temos tradución en galego grazas á editorial Rinoceronte, de Cangas. Ben por eles.

23/11/11

Animacións,videos e glosters contra a violencia de xénero

Animación de plastina contra os malos tratos:Olivia y Popeye.


Violencia de xénero on PhotoPeach

Maltrato as mulleres on PhotoPeach





Vía trafegando Ronseis


Vía blog IES Elviña

Cartel actividades 25 de novembro 2011

Carteis 25 de novembro 2011

Aquí vai unha escolma dos carteis presentados para o concurso que temos este ano no IES Monte Carrasco, organizado polo Departamento de Debuxo, o profesor de Atención Educativa e o EDLG. Espero que vos gusten! Mañà poremos a exposición, a ver quen gana.

22/11/11

25 de novembro-Día contra a violencia cara a muller

O Departamento de Orientación proponnos este ano unha serie de actividades para realizar nas titorías:

  1. Que é a violencia de xénero: mitos e prexuizos


2.-Análise de cancións de amor actuais



15/11/11

Magosto no IES Monte Carrasco

12/11/11

Ugia Pedreira-Acróbata

Novo traballo de Ugia Pedreira-Acróbata

10/11/11

Un libro que mete medo

Arrepíos e outros medos é unha recopilación de historias de medo recollidas por moitos pobos de Galicia polos escritores Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Lobishomes, pantasmas, a Santa Compaña, meigas e feitizos percorren as páxinas deste libro no que se basean os contos de medo que estamos a ler esta semana na Biblioteca.




Magosto 2011

Concurso: deseña un cartel

9/11/11

Ollos de auga

A novela Ollos de auga de Domingo Villar forma parte dos 5 títulos finalitas que compiten en Suecia polo premio á mellor novela negra traducida en 2010. Un gran éxito para este escritor galego, esperamos que gañe.


Unha cancionciña

4/11/11

Cabazas tuneadas 2011

Aínda que tivemos pouca participación, noraboa a tod@s que fixestes as cabazas tuneadas..... e por suposto a que gañou o premio.......Para a semana esperámovos na Biblioteca nos recreos para o gran espectáculo dos contos de medo, lecturas dramatizadas polo alumnado de teatro de 1º e 2º ESO.

3/11/11

Simbad, no cine


Dende o pasado 28 de outubro pódese ver nas salas comerciais de toda Galiza a longametraxe Simbad, adaptación cinematográfica da obra de Álvaro Cunqueiro: Se o vello Simbad volvese ás illas.
A dirección e o guión da película son de Antón Dobao e entre os actores están Xosé Olveira Pico, Sara Casasnovas, Mariña Sampedro, Luís Castro Zahera e Antonio Duran Morris.



Para máis información, pinchade aquí

2/11/11

Un pouco de música

Velaí tendes a un grupo morracense da miña aldea, cunha canción moi apropiada para o obxetivo deste blogue: sacar a Lingua!