Powered by
Issuu
Publish for Free
3/6/14
Contos Dramatizados CEIP San Roque
O alumnado de teatro de 1ºESO A-B preparou uns contos seleccionados pola Biblioteca CEIP San Roque. As obras representadas foron Chibos e Chibóns, A galiña Roxa, A vaca que puxo un ovo, Imos cazar un oso, O coelliño branco, Croco, Cocorico e O lobo feroz. O venres tivo lugar a representación para o alumnado de Infantil e Primaria. O espectáculo tivo un éxito rotundo. Velái unha mostra
Seccións:
Obradoiro teatro
Intercambio Epistolar
Ao longo deste curso 2013-2014 viñemos
desenvolvendo unha actividade denominada: Intercambio epistolar.
Esta actividade tivo varias partes:
A primeira delas consistiu en que, as
alumnas e alumnos de terceiro de ESO, se carteasen, en galego, con
alumnado doutro centro educativo: IES Carlos Casares.
Esta primeira parte resultou moi
satisfactoria, a maior parte do noso alumnado descoñecía os modos
tradicionais de comunicarnos: neste caso a carta e tiveron que
aprender as fórmulas básicas para a elaboración da carta, cubrir o
sobre co remitente e o destinatario, etc.
A seguinte parte da actividade
consistiu en establecer a comunicación entre ellas e eles a través
das novas tecnoloxías: correo electrónico ou whatsapp.
Rematou a actividade cunha visita
guiada á Illa de San Simón. Previamente, o alumnado leu o libro:
Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz e, xa na
illa, os monitores organizaron unha vistita guiada e unha xincana ao
redor do libro. Esta parte resultou moi interesante porque puidemos
coñecer un pouco máis a nosa histoira e sobre todo a historia da
illa, dende o ataque dos piratas turcos, a chegada de Xulio Verne, a
construción do Lazareto marítimo, o campo de traballo, etc.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)