- O outro día viñeron ao noso instituto nada menos que os tres actores protagonistas, Rubén Riós(Martiño), Tamara Canosa (Raquel), Roberto Porto (Armando) e o director, Igancio Vila, da película de Pradolongo.
Fixeron unha parada na súa xira promocional da película que practicamente chega ata a porta da túa casa para que Pradolongo, feita con baixo presuposto, saia adiante coma calquera outra superprodución.
Con isto queren dar a coñecer que en Galicia tamén hai cine, e que aínda que sexan pequenas cousas, están aí, e non se valoran todo o que debían.Tentan tamén, que todo o mundo coñeza a Galicia rural, a nosa cultura, as nosas festas, a forma de vida, as relación ente nós. Dentro dese ámbito matizanna amizade dos tres protagonistas, como pasan o verán dos 18 anos sabendo que poida que se separen e todos os problemas que traerá o triángulo amoroso no que se venenvoltos os Martiño, Raquel e Armando.
Aquí vos deixamos as dúas páxinas web onde podedes atopar información sobre a película, sobre os personaxes e se queredes estar en contacto con elesdeixádelles algunha que outra mensaxe !
Aí vai unha primeira ráfagha de fotos da excursión dos de 4º a Barselona.
Listos para saír (con cara de durmidos... pedaso madrughón).
Cheghar e encher. A Tamudo non o vimos, pero a Meca si.
Ata nos felisitaron no MNAC. Total porque non rompemos ninghunha obra.
Os cataláns sonche así, en ves de poñer unha cutre-antena desas que temos por aquí, encárghanlle a Calatrava ese pirulo tropical. Si, é un repetidor de Telefónica.
E despois dun paseo para abrir o apetito... tirados a comer.
Foto artística na Pedrera, famoso edifisio modernista diseñado por... non me lembro... ui, Ana vaime matar.
E o Luis moito botaba de menos aos seus amorsiños...
Na Rambla vimos de todo, de día e de noite, pero este mimo non se movía nin a tiros.
Un par de fotos fasendo o parvo no Parque Güell,
aínda que uns o fixeron máis ca outros.
Proximamente máis da excursión. Si, xa sei que todos estades esperando o vídeo no que Álex case se mata na pista de xeo. Pero non esquezades a loita de cabestros no monte, os mariñeiros de auga doce de Cangas e outras pesas de colecsionista.
O mércores 12 tivo lugar a charla da profesora Maruxa e Henrique Harguindey sobre a creación da súa obra " Antoloxía do conto popular galego". Entregáronse tamén os DIPLOMAS LECTORES aos rapaces que participaron na actividade sobre os contos.
Ce film fait partie de la Saga Astérix et Obélix. Il est sorti ce mois de janvier en France, vous avez la possibilité de le voir dans les cinémas. Il y a une grande quantité d'acteurs connus: Gérard Depardieu,Alain Delon, Michael Schumacher, Santiago Segura. C'est un film réalisé par Thomas Langmann et Frédéric Forestier.
Pérsépolis: Marjane Satrapi
Persépolis est une série de bande dessinée à caractère autobiographique et historique réalisée en noir et blanc par Marjane Satrapi (dessin et scénario). La série relate la vie de l’auteur, de son enfance en Iran à son entrée dans la vie adulte. Récit de l’évolution de l’Iran vue par les yeux d’une petite fille, Persépolis constitue un témoignage du quotidien de la période que connaît le pays lors de la Révolution iranienne en 1979-1980. Elle apporte un éclairage différent des récits historiques, éclairage dans lequel les événements sont vus de l’intérieur et vécus plutôt que rapportés.
En 2007, la série a été adaptée en un long métrage d’animation réalisé par Vincent Paronnaud et Marjane Satrapi qui obtient le prix du jury au Festival de Cannes 2007.
N'oublions pas que samedi 8 mars est "la journée internationale des femmes". Je vous laisse cette phrase pour que vous y réfléchissiez:
"Ne doutez jamais qu’un petit nombre de citoyens volontaires et réfléchis peut changer le monde ; en fait, cela se passe toujours ainsi." Margaret Mead .
Rose- La liste
Paroles La liste
Aller à un concert Repeindre ma chambre en vert Boire de la vodka Aller chez Ikea Mettre un décolleté Louer un meublé Et puis tout massacrer Pleurer pour un rien Acheter un chien Faire semblant d'avoir mal Et mettre les voiles Fumer beaucoup trop Prendre le métro Et te prendre en photo Jeter tout par les fenêtres T'aimer de tout mon être Je ne suis bonne qu'à ça Est ce que ça te déçoit ? J'ai rien trouvé de mieux à faire Et ça peut paraître bien ordinaire Et c'est la liste des choses que je veux faire avec toi
Te faire mourir de rire Aspirer tes soupirs M'enfermer tout le jour Ecrire des mots d'amour Boire mon café noir Me lever en retard Pleurer sur un trottoir Me serrer sur ton coeur Pardonner tes erreurs Jouer de la guitare Danser sur un comptoir Remplir un caddie Avoir une petite fille Et passer mon permis Jeter tout par les fenêtres T'aimer de tout mon être Je ne suis bonne qu'à ça Est ce que ça te déçoit ? J'ai rien trouvé de mieux à faire Et ça peut paraître bien ordinaire Et c'est la liste des choses que je veux faire avec toi
ha ha ha ya ha ya ha ha Je sais je suis trop naïve De dresser la liste non exhaustive De toutes ces choses que je voudrais faire avec toi T'embrasser partout S'aimer quand on est saouls Regarder les infos Et fumer toujours trop Eveiller tes soupçons Te demander pardon Et te traiter de con Avoir un peu de spleen Ecouter Janis Joplin Te regarder dormir Me regarder guérir Faire du vélo à deux Se dire qu'on est heureux Emmerder les envieux.
Berry- Mademoiselle. Jeune chanteuse française. Grand succès actuellement en France
Paroles de "mademoiselle"
Mademoiselle, j'ai des secrets, Des choses que je sais que je tais Un vieux bubblegum Qui colle aux souliers comme un homme
Mademoiselle, j'ai des regrets, Des trucs pas très chics que j'ai faits Une odeur de rhum Qui colle à la peau comme un homme
{Refrain, x2} Je crains d'en savoir un peu trop L'amour aura ma peau
Mademoiselle, j'ai des frissons Je tremble pour un oui, pour un non Un Smith & Wesson Qui colle à la tête comme un homme
Mademoiselle, j'ai mes raisons Une foule de questions, un prénom Le filtre d'une Winston Qui colle aux lèvres comme un homme
Iso significa que por fin sae a venta o novo libro de Harry Potter que será o sétimo e derradeiro da saga. Eu non sei vos, pero ás seis e media la tarde de hoxe teño pensado estar na libraría para mercar o libro!!
O seu título é Harry Potter y las Reliquias de la Muerte!!
Que pasará no libro? Morrerá Harry? Morrerá Voldemort? Morrerá alguén?
Bueno, con isto xa é todo xa que o único que quería era informarvos da súa saída.
O papel das novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito escolar é un tema de actualidade que suscita tantos posicionamentos diferentes como maneiras temos de entender os conceptos de ensinar e aprender.
En boa medida, o debate céntrase en aspectos como o número de alumnos por ordenador, a distribución do insuficiente material sen criterio didáctico consensuado e axustado ás necesidades, a elección de software comercial ou libre, a informática como disciplina, a formación do profesorado nesta materia... Non son problemas menores pero creo que non son o problema. Despois da dotación de medios tecnolóxicos á escola durante os últimos anos, cabe preguntarse si esa informatización está a supoñer unha mellora cualitativa do proceso de ensinanza-aprendizaxe ou simplemente nos quedamos na adquisición de coñecementos e destrezas como usuarios de recursos para seguir facendo case o mesmo que sen eles. No decreto que regula as ensinanzas da educación secundaria na nosa comunidade fálase da necesidade de que estas tecnoloxías se incorporen como un recurso máis ó proceso de ensino e aprendizaxe para acadar unha competencia dixital que permita dispor de habilidades para buscar, obter e procesar a información para transformala en coñecemento. Con todo, a día de hoxe, bótanse en falta estratexias de coordinación para aproveitar e dar a coñecer os recursos xa existentes, a dotación de ordenadores suficientes en tódalas aulas e unha consideración especial, entre outras moitas cousas, na dotación e acceso a esta ferramenta polos alumnos e alumnas con necesidades específicas de apoio educativo, verdadeiros necesitados de competencia dixital e accesibilidade ós recursos. As tecnoloxías, ademais de aprender a utilizalas, son un instrumento fundamental da nosa práctica educativa que, coa incorporación progresiva de iniciativas pedagóxicas e cambios na metodoloxía, permítennos dar respostas axeitadas ás necesidades culturais dunha diversidade inmersa nun contexto social altamente tecnificado.
Neste sentido estanse a producir interesantes aportacións de moitos profesionais ó traballo de aula, nun intento de rentabilizar a tecnoloxía en beneficio da aprendizaxe, sobre de todo na do alumnado con necesidades educativas específicas. O software educativo e os programas de autor utilizados por moitos de nós para crear actividades "á medida", ofrecen moitas vantaxes como bos presentadores de asociacións e administradores de reforzos, permitíndonos motivar e axustarnos ás súas necesidades de aprendizaxe con tarefas, en especial ás de tipo memorístico, asociativo ou que requiren da práctica repetida para acadar axilidade e automatismos. Mais, si non responden a unha planificación coordinada do conxunto das tarefas, si non se integran no contexto no que se aplican e non interactúan con outros medios, dificilmente crearán melloras substanciais no xeito de procesar a información e na aprendizaxe. Constátase que as novas tecnoloxías empezan a formar parte da práctica educativa cando, despois dunha primeira fase de aprendizaxe do uso básico e de adaptación, chegamos a apropiarmos delas experimentando novas maneiras de traballar didacticamente facendo cousas que sen a tecnoloxía non serían posibles. Lonxe de insistir na súa dispoñibilidade e o seu potencial, deberiamos incidir nas estratexias didácticas, nos materiais de aprendizaxe, nas capacidades de búsqueda planificada... É inútil seguir machucando certos conceptos dende metodoloxías obsoletas e pouco axustadas á realidade diversa que por obriga escolarizamos. A información e os recursos están na rede. Só temos que manexalos para que nos permitan ofertar materiais máis completos que á súa vez posibiliten achegamentos ós contidos: imaxes, sons, vídeos... fan que os alumnos/as con diferentes ritmos de aprendizaxe se acheguen ós mesmos dunha maneira máis significativa. Precisamos ir máis alá das puntuais, e non sempre ben consideradas, experiencias de aula dun reducido número de profesores/as entusiastas. O ordenador e un medio máis da aula que debe interactuar e convivir con outros medios para permitirmos acadar unha formación integral posibilitadora de novas aprendizaxes e capaz de dar respostas axeitadas ós retos dunha sociedade cada vez máis esixente e competitiva. De seguro que coa prescritiva elaboración do Plan de integración das novas tecnoloxías e a sensibilidade, compromiso e xestión dos responsables desta materia na Administración e nos centros educativos, seremos quen de escolarizar a informática despois de informatizar a escola. Entre tod@s e en beneficio de tod@s.
Adico esta reflexión os alumnos e alumnas con necesidades especiais de apoio educativo e persoal, para que as novas tecnoloxias non lles supoñan un elemento máis de discriminación na fenda tecnolóxica e se convertan nunha ferramenta capaz de planificar e poñer en práctica as respostas educativas que precisan, tarefa para a que, sen dúdiba, contamos coa sensibilidade e apoio dos responsables desta materia no noso Centro. (Aquí vos deixo algo do que neste sentido estamos a facer na Aula de apoio pola atención á diversidade).
Para este 2º trimestre, imos traballar os "contos populares galegos", a partires da obra de Maruxa Barrio e Henrique Harguindey, "Antoloxía do Conto Popular Galego" (Ed. Galaxia).
A partires do 11 de febreiro, poderedes atopar unha selección de contos desta obra polos corredores do instituto.
Estes mesmos contos, atoparédelos na páxina web do instituto, na sección biblioteca.
Propoñémosvos un "xogo de pistas". Darémosvos as preguntas e adiviñas para que as atopedes nos contos expostos.
O cuestionario podedes recollelo na biblioteca ou pedirllo a algún titor/a; entregarédelo na biblioteca nos recreos ou aos titores, antes do luns 10 de marzo.
Todo aquel que participe recibirá un Diploma Lector.
Antes das vacacións de Semana Santa, teremos unha charla-coloquio cos autores do libro: Maruxa e Henrique.
Como xa todos veriades na entrada do insti, xa temos cartel ghañador do concurso de carteis contra a violensia de xénero. O cartel ghañador foi o número 22 obra de Ana, Carmela e Tania, alumnas de 1º. Hai que ver o forte que chegharon este ano as novas fichaxes do Carrasco...
Como xa todos veriades na entrada do insti, xa temos cartel gañador do concurso de carteis contra a violencia de xénero. O cartel gañador foi o número 22 obra de Ana, Carmela e Tania, alumnas de 1º. Hai que ver o forte que chegaron este ano as novas fichaxes do Carrasco...
Esta é a miña contribución ao concurso-exposición organizado pola asociación A carón do mar. Espero que aos protagonistas non lles importe saír retratados.
A CARÓN DO MAR EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE CANGAS CONVOCA O 1º CONCURSO DE FOTOLOG SAN VALENTÍN 08 . -PODEN PARTICIPAR TODAS AS PERSOAS QUE QUEIRAN DAR A SUA VISIÓN DO SAN VALENTÍN POR MEDIO DE FOTOS DIXITAIS (CÁMARA OU TELÉFONO) MÁXIMO 4 FOTOS POR PARTICIPANTE. - O FORMATO SERÁ JPG -AS FOTOS DEBERANSE ENVIAR POR CORREO ELECTRÓNICO A SEGUINTE DIRECCIÓN : acarondomar@hotmail.com -AS FOTOS DEBERAN SER ORIXINAIS, FIGURARÁ O NOME DO AUTOR-A, IDADE, DIRECCIÓN DE CORREO E TELÉFONO DE CONTACTO. -O PRAZO PARA ENVIALAS REMATA O DÍA 12 DE FEBREIRO DO 2008 -A CARÓN DO MAR FARÁ UNHA EXPOSICIÓN DE TODALAS FOTOS SELECCIONADAS, NA SUA SEDE (RÚA DO PROGRESO Nº 2 1º EN CANGAS DO MORRAZO) DENDE O 14 ATA O 29 DE FEBREIRO. -OS PREMIOS SERÁN UN TELÉFONO MÓBIL E UNHA CÁMARA DE FOTOS DIXITAL. -OS PREMIOS ENTREGARANSE NA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN PREVIA DELIBERACIÓN DO XURADO. -TODOS OS PARTICIPANTES DEBERAN ACEPTAR DITAS BASES
ten que haber polo menos 100 fotos para que o concurso se faga asi que xa sabedes.. a concursar.. '^^
Por petición popular (dunhas poucas tolas) acaba de nacer o fotolog do Monte Carrasco. A Gaivota creouno, pero pasa de mantelo. Así que buscarase un equipo redactor... quen se apunta?
O fotolog é de todos así que estás convidado a participar. Só tes que enviar a foto e o que queiras escribir ao correo do fotolog do Monte Carrasco fotolog.iesmontecarrasco@gmail.com poñendo nome e curso e xa actualizaremos.
Este é o blog A Gaivota do IES Monte Carrasco, onde poderedes deixar comentarios, intercambiar imaxes e todo o que queirades do acontecido no noso centro.