Vía EDLG IES Lagoa de Antela
Vía coordinadora EDLG:
Vía EDLG IES Lagoa de Antela
Dous poemas recitados polo alumnado de 1ºA e 1ºB de Teatro, espero que vos guste!!!
Video gañador do Concurso Correlingua 2011, destinado a promocionar o noso idioma. Moi bon traballo do EDLG e Biblioteca do IES IES Fontem Albei.
Vía Blog Mesturas
"3ªTONADAS +"
Como todos os anos volve o "TONADAS+" do EDLG.
Porase na entrada do centro unha urna para que poidades votar. Xa podedes ir escoitando!!!!!
Os tres institutos que imos compartir viaxe ao Val das Ellas ou de Xálima (IES Prieto Nespereira, IES Lagoa de Antela e IES Monte Carrasco) creamos un blog para colgar todo o material (investigación, actividades, vídeos...) sobre este proxecto.
Monte Lagoa Nespereira no Val de Xálima
Exitosa representación de "Ramón" de Sergi Belbel, na Biblioteca do IES Monte Carrasco
Con esta selección de poesías queremos recordar unha das grandes poetas da nosa cultura, que soubo dignificar a nosa lingua e o pobo galego.
Vía o Blog do IES Lagoa de Antela descubrimos estes interesantes videos:
Aí van uns vídeos interesantes de denuncia da violencia:
Agora unha entrevista que houbo na TVG a Manuel Dios do Seminario Galego para a Paz do 18 de decembro de 2007:
E para acabar unhas músicas pola paz:
Estos días temos unha exposición moi interesante: "Unha mirada matemática", Nieves Díaz Fernández móstranos as simetrías da natureza ao traves do ollo fotográfico. Para poder vela podedes ir ao blog da autora.
Espero que vos guste.
http://abelgalois.blogspot.com/2010/04/unha-mirada-matematica.html
Vía o blog "O falar non ten cancelas" do EDL de Xinzo de Limia, atopamos esta proposta de agasallos para Nadal.
Por fin chegaron os calendarios marcapáxinas.
Moitas grazas a tod@s os que colaboraron na súa elaboración especialmente as diseñadoras Sheila Acuña Ferradanes e Ana Rosa Salgado Diz


Entrega dos calendarios a distintos membros do IES
Dende a coordinadora do Morrazo chegounnos esta guía de lecturas.
Xa sabedes se non sabedes que regalar no Nadal.......
Aí vai unha selección das Postais de Nadal que se presentaron no concurso....
Un músico da rúa reencóntrase co amor da súa vida; un home cociña, cociña e cociña para a muller que nunca chega; unha cociñeira soña con ser cantante; unha moza quere, o que un home non dá, mentres un camareiro morre por ela; un macedonio está perdido por desamor en Santiago de Compostela; unha parella de anciáns que xa se dixo todo almorza, come e cea en silencio. Todas estas historias crúzanse ao longo dun día de ficción en 18 comidas, unha película de emocións servidas en torno a unha mesa, unha viaxe polos sentimentos na máis universal de todas as loitas: a de ser feliz.É un cruzamento constante de camiños ao longo de almorzos, comidas e ceas, cunha fronteira moi difusa entre a risa e o choro. Como a vida mesma.Día Internacional contra a Violencia de Xénero 2009 from trafegandoronseis on Vimeo.
Un día fabuloso de Magosto.Pensabamos que ía chover pero ao final tivemos bo tempo e poidemos gozar das castañas, dos xogos populares e da entrega de premios.....Noraboa. Moitas Grazas a ANPA pola súa colaboración!
O martes pasado un grupo de alumn@s fomos ao centro de día de SANIDÍA de Cangas. Alì fixemos a lectura dramatizada dos contos de medo que representaramos durante a semana pasada na Biblioteca. Penso que os nosos maiores quedaron encantados. Eles déronnos un magnífico concerto de cancións tradicionais como a Rianxeira e o Himno de Cangas. Aí vai unha selección de fotografías.
Este é o blog A Gaivota do IES Monte Carrasco, onde poderedes deixar comentarios, intercambiar imaxes e todo o que queirades do acontecido no noso centro.
ANIMÉMONOS A PARTICIPAR!