Que conste que escribo porque, como xa remarquei no título
ISTO É UN CACHONDEO TOTAL E ABSOLUTO !!!
Primeiro nos din que non celebramos o Nadal. Picámonos un pouco, pero dinnos que, en cambio, imos facer unha festiña a finais de xaneiro, polo día da paz. Ninguén volve protestar. Conformámonos como neniños bos e non se volve falar do tema.
A día de HOXE Álex nos comunica que NON TEN NIN IDEA DE NINGUNHA FESTA EN XANEIRO (vamos, que non existe esa festa. UN CACHONDEO!). Aínda por enriba nos propón ver unha peli con motivo do día da paz, pero hai que perder un recreo E RECUPERAR A CLASE DE MATE que perdamos. (Por certo, o recreo que perdemos, TAMÉN O RECUPERAMOS?)
Aínda para máis, HOXE, a MEDIO MES do Entroido, resulta que van a dar un premio ao mellor (ou mellores de grupo) disfraz de CONTOS. OUTRO CACHONDEO! Pero claro, os aguillas dos profes tíñano gardado para ter máis tempo para os traxes e gañar eles. Gggg... Pécoras!
QUEREMOS MÁIS FESTAS!!!
17/1/08
ISTO é un cachondeo, TOTAL, e ABSOLUTO!
Seccións:
actividades,
protesta
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Que aleghría que por fin volve publicar Adriana!
Que aleghría que teña espíritu para protestar! Menos mal, a veses penso que non tedes sangue no corpo ;-).
Iso si, non me parese ben as protestas de titoría en público (xa pareso un entrenador de balompé). Se non queredes non hai peli, só foi unha proposta.
ISTO é un canchondeo, TOTAL, e ABSOLUTO! Eu fagho unha proposta para traballar o día da pas, penso nunha peli que se axusta ao tema ademais de ser unha ghran peli, ofreso a MIÑA hora de mates para ver a peli e pido a cambio (de non recuperar a clase, a ver se escoitamos) un recreo... e protestas por iso?!!! ISTO é un canchondeo, TOTAL, e ABSOLUTO!
Pois se non queredes non hai problema, xa buscarei alghunha actividade "aburrida" sobre o día da pas para fasela na hora de titoría.
Ala, a protestar máis e a publicar máis!!!
Sodes uns esaxerados. Como que no Nadal non houbo festa? Certo é que non tivechedes que cantar villancicos, nin festival de flauta (que Dios se apiade de nosotros!), que tal e como eu vexo que se fai neste instituto, tan só cortaría as clases a partir do recreo. Non, tan só tivéchedes un Día do Deporte, onde non houbo clase en todo o día(xoves, recordo), e que foi como un recreo longuísimo.
Así que menos queixas, menos falar na clase e mellores notas! Que cando eu estudaba, o Magosto, o Entroido e o Nadal se celebraba pola tarde, optativo!
Eso sí, podedes queixaros todo o que querades que para eso está o blog. E así poñémonos todos a caldo :-D
Publicar un comentario