19/11/08

Magosto

Pois alá foi o magosto e parece que a xente o pasou ben (véxase as caras nas fotos, calquera diría que están no cárcere-instituto). Houbo de todo, futuros alumnos, castañas (gracias a nais e pais), ovos rotos, mazás e moedas de chocolate (ao módico prezo de manchar a cara), chave, moi bo rollo e moita animación.

Pois alá foi o maghosto e parese que a xente o pasou ben (véxase as caras nas fotos, calquera diría que están no cársere-instituto). Houbo de todo, futuros alumnos, castañas (ghracias a nais e pais), ovos rotos, masás e moedas de chocolate (ao módico preso de manchar a cara), chave, moi bo rollo e moita animasión.



E por se fora pouco, recuperouse a tradición do trompo (algúns con máis man ca outros), tiramos da corda con gañas (e con trampas), saltamos á comba e xogamos un memorable partido de fútbol (que os alumnos só lograron empatar por cantada do porteiro profe). Que haxa moitos así...

E por se fora pouco, recuperouse a tradisión do trompo (alghúns con máis man ca outros), tiramos da corda con ghañas (e con trampas), saltamos á comba e xoghamos un memorable partido de fútbol (que os alumnos só loghraron empatar por cantada do porteiro profe). Que haxa moitos así...

1 comentario:

Adriana dijo...

Jajajaja! Estivo ben, estivo ben xD Quitando o xogo das estúpidas chaves... Gr..! Había tongo, ou eu non me explico... jajajajajajaja
Aínda vsai ter razón luis e non coordino ben jajajaa isto d scribir co meu irman no colo non mola nada xD vou cortando jiji

muaaaaaaaks!