Os compañeiros Xosé Antón Vicente, Felo Couto e Fran Macías veñen de obter, na convocatoria de premios a recursos educativos para a sociedade da información, o primeiro posto coa ferramenta de autor "Imaxes interactivas", que facilita a creación de imaxes coa posibilidade de seren enriquecidas con todo tipo de elementos multimedia (sons, texto, imaxes...), de manexo intuitivo e sinxelo e de grande plasticidade para o uso en tódalas áreas de aprendizaxe e co encerado dixital interactivo.
Estes son algúns exemplos citados polos autores e, estes outros que seguen, moito máis sinxelos pero indicativos do seu potencial, fixémolos coa colaboración dos alumnos e alumnas Sara González de 1º B, Moisés Pérez de 1º A, Jessica Pazó de 2ºA e Gonzalo Míguez de 2º B:

Parabéns aos premiados pola súa contribución á metodoloxía posibilitadora da utilización das Tics no proceso de ensinanza-aprendizaxe e o meu agradecemento persoal a Xosé Antón pola súa paciencia e axuda prestada para iniciarnos nesta ferramenta e poder poñela a disposición da formación da nosa diversidade educativa.
1 comentario:
Grazas a tí... Estas ferramentas non valen para nada se logo os docentes non se animan a experimentar e utilizala para crear recursos para a aula. Parabéns a tí e aos teus alumnos e alumnas.
Publicar un comentario