8/4/09

San Isidro (versión profe)

A semana pasada, Xaquín e máis eu atrevémonos a acompañar á xentuza (ou xentiña)de 2º á neve.

Alá estabamos o domingo na estación de autobuse cando chegou Secundino (o noso conductor) co autobús cheo de pontevedreses de 1º da ESO, Xan e Xosé Luis (os profes acompañantes) e Carla e Yoli (as nosas monitoras).

Seis horas de bus, con parada na Gudiña a repoñer forzas e en Boñar a recoller a Conde (o noso outro monitor, alias "o Moñañés"), para chegar a Cofiñal, pequeno e nevado pobo a carón de Puebla de Lillo. Alí coñecemos ao resto dos monitores: Zaira (de Cangas tamén) e Abel (un pouco tolo el, e o que máis trasnadas fixo en toda a semana), Despois do reparto de habitacións, a cear.

O luns pola mañá recollemos o material que iamos utilizar toda a semana (botas, esquís, paus e casco). Despois fomos a estación para a nosa primeira clase, pero antes houbo que poñerse as botas de esquí e iso era o máis doloroso, moito peor que as caídas. Cuña para aqui, cuña para alá, acabamos o día mallados.

O martes continuamos coa cuña e a subida en escaleira. Cando practicabamos libremente despois do marabilloso bocata de tódolos días, vai Borre e cae, convertíndose no primeiro lisiado. O pobre quedou sen poder esquiar máis, castigado toda a tarde comigo mentres os demais visitaban o torreón e o museo de Puebla de Lillo, e paseando en muletas a partir de entón.

O mércores seguimos co esquí e, tras engullir o bocata, dereitiños a ducharnos para marchar a León. Tras facer a "cucaracha" e visitar a catedral (moi ben explicada por Max e Xaquín), dúas horas de tempo libre para todos.

O xoves xa case todos xirabamos e eu, coa axuda de Xan e Xosé Luis, alá me fun pola pista azul de Requejines abaixo, caendo cada dous por tres. Pola noite houbo actuación estelar dos diferentes grupos de Pontevedra, Meis, Mosteiro e Cambados, pero a actuación estelar celebrouse no garaxe, onde os nosos monstruíños fixeron unha gran actuación.

E o venres todo rematou. Todos os que quixeron tiráronse Requejines abaixo cos monitores. Cando parecía que Borre sería a nosa única baixa, uníronse Carmela e Laura. Repartiron diplomas e batidos de fresa para todos. Despois de devolver o material, uns engulimos o bocata mentres outros se cambiaban. Con todo ese aroma a humanidade, marchamos para Cangas, parando novamente na Gudiña e deixando a Yoli en Porriño. E para que houbese anécdota final, tiveron que vir os pais da estación ao concello porque a semana santa xa comezara en Cangas.

Aquí van as mellores fotos da semana:



E algunhas máis das paisaxes:



E xa sabedes, todo o que se me esqueceu contar para os comentarios... ou quizais unha entrada (versión alumnos).

6 comentarios:

Anónimo dijo...

ola IES Monte Carrasco!!!!!!!!!qtl todo?son Carla unha das monitoras de Paraven!!acordaredesvos de min non?espero q siiiiiiii!!!!decirvos que me encanta este blog da gaivota,está moi ben currado e é moi divertido!!as fotos son moi chulas,gustariame telas, si podedes, mandadesmas o meu correo(carlalr86@hotmail.com)
cuidadevos moito e portadevos ben...
para o ano que ven espero volver a vervos por San Isidro esquiando como profesionais jjj!!!!!

saudos para todos!!!!!

Xaquín profe dijo...

Teño que recoñecer que foi unha experiencia inesquecible. Tanto para os profes como para os rapaces era o noso primeiro contacto co esquí. A verdad é que eu lle tiña certo respeto, pero, unha vez lle colles o xeito, entre caída e caída,disfrutas moito da neve. Claro que, ata que dominei a cuña, levei por diante a uns cantos rapaces, incluida a cola enteira dun remonte. Vamos, que parecía que xogaba aos bolos pero cuns esquís postos.
Fíxome gracia ver como o primeiro día boa parte dos rapaces botaban pestes( e algún pasaba máis tempo no chan que de pe)mentres que o derradeiro baixaban como motos as pistas azuis facendo xiros.
Por certo, Álex está feito un campeón, grazas ás clases particulares de Xan e Xosé Luis, uns profesionais,baixou Requejines sen caerse.
Polo demais, todo moi ben: as ceas e os almorzos excelentes(aínda que nunca chove a gusto de todos), o traballo dos monitores de tempo libre digno de eloxio(aturar aos rapaces día e noite, uns heroes), os comercios de León escaparon da crise por un día e o entorno no que estabamos era impresionante, como ben se aprecia nas fotos de Álex.
Pois nada, creo que todos quedamos co gusanillo no corpo e gon gañas de repetir a experiencia. Eu, personalmente, aspiro a baixar algunha azul sen caerme.
Por certo, non pode esquecerme do xefe que gobernaba todo, "Galletas", un canciño que, como non, naceu en Cangas.

LauuRaa 2ºb dijo...

miimaeverdadee foiiuna vizxee inesqeeciblee a primaeiiraqee temos desdeqee estamos noo instiituutoo,amiin oqeemaiismee gustouu en seraaL foii oxentee jejeje:).wenoo aindaa qeeo princiipio tivemos pikes cos deponteevedra acabamos levandoonoss ben toodoos.miima eu rinmee moiitoo cas caiidas dee xaQuiin ee cooas de nuriia e monstsee jajaja wenoo en seraL cas dee todoos!!:D qee maiis diiciir da escursiion rinme moito sobreetoodoo as noiites qe anabel bootabasse a riir cas caiidas dee nuriia (2ºa).despoiis tamen aoutranuriia bootandoonos as cartas¨Laabrujaa lolaa¨ jajaja
qee mais diiciir os moniitoores enfin o moñañees yoolii,,carLaa todoos era xeniialees jejeje ee despoiis o qee faciia putadaas comoo o dee pintarnoos pooLas noiitees ee alguunhas desconfiiadas pensaron qee era euu ouo delebantarnos para facera cucarachaajajajaja papan!!¬¬


aa caiidaa dee raiisAA pola pista azuuL!!jajaja menuudoo trompazoo


oode carmeLaa tamen foiii booo!!

tamen qee se mee olviidaabaa deciiros dee cambadoo son uns c...
andaban aroubar rouupa x aiii a qeen see lle contee aiins¬¬

wenoo xaa comentareei maiis algun diia!!


LauuuRaa!!

Anónimo dijo...

Os pequesreboreda temos un agasallo para vos. Mirade no noso Blog.

SUSANA dijo...

Hola teneis un ragalo para vosotros en nuestro blog, esperamos que os guste.

http://nuestroentornonosidentifica.blogspot.com

Yoli dijo...

Moi boas! Son Yoli, a outra monitora. A verdade e que fostes un grupo moi divertido e grazas a vos quedoume n gran recordo da miña última semán de traballo. A ver se o ano que ven volvedes e baixamos todos xuntos por pistas, que eu xa teño ganas. O blog está moi chulo e xa me dixo Alex (se lle camo profe unha vez máis mátame) que me pode pasar as fotos. Xa sabedes que se me necesitades para algo tedes o meu tuenti e a dirección de correo electrónico. Un bico para todos