11/5/09

Ola a todo o mundo. Os departamentos de Tecnoloxía e Matemáticas organizan o...



II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TECNO-MATEMÁTICA
IES MONTE CARRASCO

PARTICIPANTES
Podemos participar TODOS. Todos quere dicir alumnos, profesores, PAS, nais e pais, ex-alumnos (e se non estás entre os anteriores, pregunta). Agora ben, só resultarán premiadas as obras dos alumnos matriculados no centro este ano.

TEMA
O tema das fotografías ten que estar relacionado co mundo da tecnoloxía e das matemáticas. Hai un montón de exemplos sen máis que visitar o blog do insti aghaivota.blogspot.com ou poñer “fotografía matemática” en google.

PRESENTACIÓN
As fotografías entregaranse a calquera membro do departamento de Matemáticas (Uxío e Álex) ou Tecnoloxía (José Antonio e Elena). As fotografías deberán ir montadas nunha cartolina tamaño DIN A4 (tamaño folio) coa seguinte distribución: na parte superior debe ir o título, na parte central a fotografía e, na parte inferior, un breve texto do autor (explicación, interpretación, idea, ...). Na parte posterior da fotografía deberá figurar o nome do autor e a súa relación coa comunidade educativa do IES Monte Carrasco. Ademais deberase entregar a fotografía (con título e texto) en formato dixital (vía memoria USB, CD, correo electrónico a alancoia@edu.xunta.es).
Poderanse presentar un máximo de dous traballos por participante.

PRAZO
O prazo de presentación finaliza o mércores 27 de maio.

XURADO
Estará formado polo profesorado dos Departamentos de Tecnoloxía e Matemáticas e un profesor doutro departamento e valorará a orixinalidade e idoneidade do título, a calidade plástica e técnica da imaxe, o seu contido matemático e a explicación dada.

PREMIOS
Haberá tres premios: 1º premio (50 €), 2º premio (20 €), premio especial do público (10 €). Os premios non serán entregados en metálico senón por: material fotográfico, electrónico, libros, música ou películas. O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.

AUTORÍA DAS IMAXES
As fotografías deben ser orixinais e en ningún caso se aceptarán fotos descargadas de Internet, nin escaneadas de ningún tipo de medio gráfico. Comprobarase minuciosamente a autoría das fotos (especialmente das premiadas), esixindo aos gañadores que demostren a súa autoría. Si se permiten fotomontaxes e retoques a partir de orixinais.

Déixovos aquí os enlaces do ano pasado para que lle botedes unha ollada:
http://aghaivota.blogspot.com/2008/05/i-concurso-de-fotografa-matemtica.html
http://aghaivota.blogspot.com/2008/06/fotografa-matemtica.html

1 comentario:

Yara dijo...

moi boa foto con profundidade de campo.