29/6/09

Fin de curso

Para rematar o curso como se merece, o luns tivemos o festival fin de curso e o martes a xa tradicional excursión a Ons.

O festival estivo xenial e tivo momentos moi moi moi emotivos. Proxectouse a peli "A última clase", estreada o venres anterior; os de 3º fixeron un festival moi divertido e quedamos abraiados coa voz de Dani e Iria (aínda se me encolle o corazón); tivemos unha impresionante exhibición de capoeira coa presenza do grupo Muzenza e a partizipación do alumnado do centro; repartíronse premios e diplomas lectores; e chegou o momento triste da despedida dos de 4º da ESO.





En Ons pasámolo tan ben coma sempre. Non faltaron as queixas pola camiñata, os risos, as fotos (Jesús amosou un gran potencial), os baños (algúns obrigados, mesmo con roupa), as queimaduras e a sensación de que rematou demasiado pronto.



Ata o curso que vén a todos. Espero que o disfrutarades tanto coma min e seguir aquí un ano máis. A pasalo ben nas vacacións!!!

1 comentario:

Xaquín profe dijo...

Sei dalguén que vai ter que esconderse no máis fondo das dunas de Corrubedo para non recibir o xusto premio que merece por colgar certa foto.....