11/12/11

Premios Manuel María

Paula Carballeira, coa obra “O refugallo” obtivo o VI Manuel María de literatura dramática infantil, do que xa fora a súa primeira gañadora en 2006.

Isolda ten un libro de viaxes; Hipatia, un telescopio; Borboronte, unha tartaruga (aínda que as tartarugas non se teñen, só están contigo), e Lustucrú, unha pata de pau. Os catro viven no refugallo, co que ninguén quere. Os catro xogan xuntos a crear un mundo novo a partir do mundo vello e roto da súa contorna, porque son nenas e nenos, e saben ver as cousas doutra maneira.

No hay comentarios: