8/12/07

DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

Cun pouco de retraso aquí fago unha entrada sobre o Día da Constitución, 6 de decembro.
Como a maioría de vos(refírome aos alumnos, os profes xa quixeran)nacíchedes nos anos 90 aquí vos deixo uns videos da etapa electoral de 1977, que se elexiron as Cortes que logo farían a Constitución. Non teñen desperdicio. No primeiro vese que eramos un país totalmente alleo ao concepto de democracia, e no segundo podemos ver a vellos coñecidos (Fraga, Carrillo, Felipe González ou Suárez), así como discursos que agoran volven a soar en boca de políticos actuais.


1 comentario:

Álex Cortés dijo...

Moi ben os vídeos, sobre todo para os pipiolos coma nós, nasidos con democrasia, constitusión e todo. Sorte que tivemos.
Tés rasón que no primeiro vese que de democrasia nin idea porque estanlle estafando 100 pesetas por explicar como introdusir un papel nunha urna... en fin, e eu que pensaba que moitos colecsionables actuais eran unha estafa...

Iso sí, unha reflexión. Aínda que non está mal e é moi respetable, nada é perfecto e todo é discutible, incluída a constitusión (por moito que alghúns a queiran convertir en lei natural). Por serto que é curioso moitos dos que a poñen como lei natural non sexan quenes de cumplica (preghuntade aos donos da COPE).

Aperta... do Álex :o)