9/12/07

Por algo se empeza

Din os expertos que avalían os resultados do rendemento dos estudantes de quince anos en lectura (Informe PISA 2006) que temos algunhas dificultades para comprender o que lemos. Aínda que a lectura semella un proceso aparentemente doado, require do dominio de certas técnicas. Empecemos pola primeira: abrir o libro. Aínda que o comezo custa un pouco, os resultados finais son sempre sorprendentes.




E si con isto non é dabondo, aquí tendes unhas TÉCNICAS DE ESTUDIO que sempre axudan, sobor de todo en época de exames. Un saúdo.

1 comentario:

Pilar dijo...

O vídeo está moi ben e a páxina de técnicas de estudo pareceume completísima.