28/1/08

Full Metal Jacket (A Chaqueta Metálica)

Hoxe os de 3ºB traghámonos a infame película “Full Metal Jacket” (“A Chaqueta Metálica) do sobrevalorado director Stanley Kubrick. Así desidiu conmemorar o titor o día da Pas: paradoxal faselo cunha película bélica, na que a violensia non é pouca. En fin, que se lle vai faser. A entrada vai para dar algho máis de informasión da película “Full Metal Jacket”, do seu director Stanley Kubrick e alghunhas curiosidades. E tamén me ghustaría moito que quen a vira deixara aquí os seus comentarios, impresións, reflexións... Ai vai a miña.


“Born to kill” (“Nacido para matar”) resa o casco no cartel da película “A Chaqueta Metálica”. Quisais debería disir “Educated to kill” (“Educado para matar”). Está claro (creo eu) que as maiores vítimas da gherra son os sivís, tanto os mortos (tamén coñesidos polo eufemismo de “danos colaterais”) como os vivos que sofren o medo, as inclemensias, o desarraigho e o baleiro que queda cando os exércitos marchan (se é que o fan). Pero a veses as vítimas tamén están dentro dos exércitos, persoas enviadas a matar (imaxinade o que lle pode faser iso a unha alma humana) e a morrer (hai cousas moito peores) nunca se sabe ben porqué. E cando se sabe acostuma ser un absurdo, unha loucura, un capricho. Os responsables sempre miran dende fóra, dende arriba, sen dor, sen remordemento, sen alma nin corasón. Non ven que mandan aos seus ighais a matar aos seus ighais por algho que non é nada a carón dunha vida. Non ven cos ollos dos soldados que matan nin ven cos ollos dos fillos que morren. QUE INXUSTO!



Hoxe os de 3ºB tragámonos a infame película “Full Metal Jacket” (“A Chaqueta Metálica) do sobrevalorado director Stanley Kubrick. Así decidiu conmemorar o titor o día da Paz: paradoxal facelo cunha película bélica, na que a violencia non é pouca. En fin, que se lle vai facer. A entrada vai para dar algo máis de información da película “Full Metal Jacket”, do seu director Stanley Kubrick e algunhas curiosidades. E tamén me gustaría moito que quen a vira deixara aquí os seus comentarios, impresións, reflexións... Ai vai a miña.

“Born to kill” (“Nacido para matar”) reza o casco no cartel da película “A Chaqueta Metálica”. Quizais debería dicir “Educated to kill” (“Educado para matar”). Está claro (creo eu) que as maiores vítimas da guerra son os civís, tanto os mortos (tamén coñecidos polo eufemismo de “danos colaterais”) como os vivos que sofren o medo, as inclemencias, o desarraigo e o baleiro que queda cando os exércitos marchan. Pero a veces as vítimas tamén están dentro dos exércitos, persoas enviadas a matar (imaxinade o que lle pode facer iso a unha alma humana) e a morrer (hai cousas moito peores) nunca se sabe ben porqué. E cando se sabe acostuma ser un absurdo, unha loucura, un capricho. Os responsables sempre miran dende fóra, dende arriba, sen dor, sen remordemento, sen alma nin corazón. Non ven que mandan aos seus iguais a matar aos seus iguais por algo que non é naa a carón dunha vida. Non ven cos ollos dos soldados que matan nin ven cos ollos dos fillos que morren. QUE INXUSTO!

1 comentario:

Álex Cortés dijo...

En fin, a ver se polo menos alghén se molesta en poñerme a parir por chamar infame a unha das mellores (a mellor das que eu levo vistas) pelis bélicas e unha das mellores antibélicas (aquí poría por riba incluso "Paths Of Glory" tamén de Kubrick). Ou por chamar sobrevalorado a Kubrick; iso pódese dicir de moitos que sighen vivos pero non de Kubrick cuxo perfeccionismo "raiaba" a obsesión.

A primeira parte é incrible, ou non?