9/10/08

Volve A Gaivota


Volve o blog "A Gaivota" do Monte Carrasco. Este blog pretende ser un lugar de reunión de todos os membros do noso centro. A idea é sinxela: por un lado publicar e estar ao día das novas que acontecen no centro; por outro participar cos nosos traballos, ideas, suxestións... O blog está aberto a todos nós e a todas as nosas ideas e intereses, por iso o manifesto do blog é moi sinxelo:

  • A lingua vehicular do blog é o galego. As novas entradas do blog deberán estar redactadas en galego, se ben pódese falar de música, cine, literatura... en calquera outro idioma.
  • Non se poderá publicar nada que falte ao respecto a calquera persoa e/ou institución. A linguaxe empregada deberá ser axeitada. En todo caso, débese respectar o recollido no Regulamento de Réxime Interno do centro. O administrador do blog (o ENL) será o encargado de revisar as novas entradas e modificalas/eliminalas de ser preciso.
  • O importante é participar. Os temas a tratar e a forma de facelo só depende dos nosos intereses, as nosas gañas e a nosa imaxinación.
  • Este espazo non é para publicar apuntes de materias. Profes, coidado co que publicades, non queremos durmir ás vacas!!!

Instrucións para ser membro

FAITE MEMBRO E PARTICIPA!!!



1 comentario:

HéctoR!^^ dijo...

A ver que pasa este ano.. tss

Esperemos que o blog non acabe como o anterior!

Un saúdo!!

de quen vai ser?

pois de.. HéctoR^!^^