Onte,26 de abril,o alumnado do grupo de "relacións exteriores" do IES Monte Carrasco devolvemos a visita aos compañeiros do IES Lagoa de Antela de Xinzo.
A verdade que foi unha xornada moi intensa, xa que dende que chegamos ás 10h30 non paramos ni un minuto. Descubrimos unha terra chea de lendas: Río do esquemento, a cidade de Antioquía,os subterráneos entre as torres.
Fomos a Lodoselo ao CDR O Viso onde aprendemos a amasar e a facer o pan, despois estivemos practicando xogos populares(os zancos,a ra...) e fixemos un xogo de orientación , pola tarde xa, estivemos en Sandiás no museo da Lagoa de Antela, onde soubemos como se fixo o recheo e coñecemos toda a flora e fauna da zona.
Visitamos a vila de Xinzo, e entre abrazos e lágrimas tivemos que voltar a Cangas.
Moitas grazas por todo foi un día que gardaremos con moi bo recordo.
Esperamos que o ano que ven poidamos emprender outro proxecto xuntos.
Se queredes ver a páxina do Blog do Endl, pinchade:
Fotos dos amigos de Xinzo:
3 comentarios:
Pois a verdade é que o pasamos moi ben todos xuntos e fixemos amistades. O malo é que só foron dúas visitas...aínda poderiamos organizar outra non?
Un saúdo dende Xinzo, foi un pracer tervos como convidad@s, e desculpade por case deshidratarvos.
Bicos!!
Unha experiencia interesante!
Publicar un comentario