2/12/07

DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA (1 decembro)

Aquí vos deixo información e datos recentes sobre a SIDA en Galicia publicados pola Xunta por motivo do Dia Mundial Contra a SIDA. Segue a ser un problema tamén en Occidente así que ollo!

Tamén vos deixo un anuncio que vos non coñeceredes pero que foi moi famoso na miña nenez

Máis do 50 por cento das novas infeccións polo VIH en Galicia nesta década prodúcense por ter relacións sexuais sen protección
Obsérvase nos últimos anos unha diminución relativa nos casos de Sida asociados á práctica de compartir material de inxección de drogas, e un aumento da transmisión polas relacións heterosexuais non protexidas
É necesario que a poboación galega heterosexual comece a ser consciente do risco que supón non percibir o perigo asociado ás súas prácticas sexuais habituais
Unha terceira parte das persoas galegas infectadas polo VIH non saben que o están, polo que a prevención da infección segue sendo a mellor estratexia
Dende 1981, e ata o 31 de decembro de 2006, notificáronse ao Rexistro Galego da Sida un total de 3.582 casos desta enfermidade

4 comentarios:

A profa dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
A profa dijo...

Ha Ha Ha
É que ti es moi noviña.
Eu lembro especialmente a campaña aquela do "Póntelo, pónselo" que causara tanto escándalo. En fin, dun xeito ou doutro o importante é non confiarse e usalo.

Adriana dijo...

Jaja! Non sabía que era o día mundial contra a sida! Por iso tanto papeliño no instituto de "CONDONÉATE" jaja! agora todo cadra! xD Que parva, non me coscara! jaja!

Adriana dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.