16/11/07

A arte de Jontxu


Tráiovos desta volta o blog dun colega... minto, dun amigo artista, Jontxu. Podería resumir dicindo que é escultor pero, aínda que esa é a súa actividade principal como veredes, en realidade é moito máis: un artista completo.

No blog poderedes ver algunhas das súas obras e, mellor aínda, parte do proceso creativo en vídeo.

A verdade é que da gusto poder presumir de amigos así ;P e de ter unha obra súa na casa. Tentou facer de min un aprendiz de artista, pero non vos houbo maneira. Déixovos a ligazón no menú da dereita tamén.

Tráiovos desta volta o blogh dun colegha... minto, dun amigho artista, Jontxu. Podería resumir disindo que é escultor pero, aínda que esa é a súa actividade prinsipal como veredes, en realidade é moito máis: un artista completo.

No blogh poderedes ver alghunhas das súas obras e, mellor aínda, parte do proseso creativo en vídeo.

A verdade é que da ghusto poder presumir de amighos así ;P e de ter unha obra súa na casa. Tentou faser de min un aprendís de artista, pero non vos houbo maneira. Déixovos a lighasón no menú da dereita tamén.

http://pindrions.blogspot.com/

Neste outro blog hai obras de Jontxu e de José. Ambos traballan xuntos nun taller en Aguiño.

Neste outro blogh hai obras de Jontxu e de José. Ambos traballan xuntos nun taller en Aghiño.

6 comentarios:

Adriana dijo...

Buah, Álex, cando nos levas ó taller ese?^^

É super xenial! Visitei o blog de Jontxu e lin todas as entradas (en galego ;D) e vin todas as fotos e os vídeos... Como pode facelO? Pero que crack!

Encantoume unha figura... Pero creo que a desfixo, polo que puxo... Jo, a que máis me gustaba! )':

Un saudiño!

Pilar dijo...

A da muller co brazo virado cara atrás?
A min tamén me gustou moito.
Boa finde.

Álex Cortés dijo...

Molan, eh? Vós pasade por Aghiño que eu orghaniso unha visita co artista!!!

Pilar dijo...

Dito e feito :D

Como madrugamos!!!

Jontxu dijo...

Moitas grasias Alex pola promoción, estou organisando o blog e montanto algún que outro video mais para colgar, en canto poida poñovos un enlase e monto o das etiquetas que falta me fan. Cando queiras monta a excursión, xa vos avisarei das próximas exposicións e inauguracións.
Saudos Alex e compañía!

Álex Cortés dijo...

Xa estamos linkados no blog de Jontxu