Queredes ter unha referencia para cando as forzas menguan aínda que sexa por motivos banais? Aquí vos deixo unha semente. Atopeina na bitácora dos compañeiros de Tadega (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega).
Velaiquí a historia:
Na Australia hai unha proba atlética moi famosa que se chama "Ironman" (home de aceiro) que consiste en:
- Nadar no mar 4 quilómetros durante o frío da mañán.
- Continuar cunha bicicleta en ruta percorrendo nada menos que 180 quilómetros sen parar con sobidas e baixadas prolongadas.
- Rematar cunha maratón de 43.5 quilómetros nun derradeiro e destrozante esforzo físico e mental (os campións do mundo precisan entre 8 e 12 horas para rematar a proba; o noso protagonista precisou máis de 17 h).
Pois é aquí que un pai con 60 anos tiña unha enorme ilusión, competir co seu fillo con parálise cerebral en brazos ao longo de toda a proba. Nunca viu coma un obstáculo o do seu fillo senón como unha aposta, un empeño. O entrenamento foi duro e longo, pero aquí tedes o resultado. O vídeo chámase "Can" (podo). Ti, tamén.
5 comentarios:
Ains...aquí demóstrase que as metas da xente non teñen límites..
O vídeo é precioso.
Sen máis..
Unha aperta. ^^
Presioso (':
Qúedase un sen palabras
e os demais quixámonos por tonterías...
unbicoo(=
beR#
e mOi bOnitO!! e estOu cOn beRta!
Un nUnca eSta xatisfeito cOn el mesmO
bicOs!(:
Publicar un comentario