7/11/07

A Regueifa

A Regueifa é unha especie de portal web sen ánimo de lucro dende o que todos aqueles creadores e creadoras que o desexen poden difundir, distribuir e amosar a súa obra baixo licenza Creative Commons. Non importa o que fagas (música, videocreación, fotografía, poesía, pintura, banda deseñada...) nen como o fagas, se é dixitalizábel e queres difundilo na rede a través de A REGUEIFA PLATAFORMA, escríbelles a info@aregueifa.net.
Os da Regueifa teñen tamén un blog no que podes participar.
E o mellor do mellor é que desde A Regueifa podes escoitar e descargar a música que se fai aquí.
Déixovos aquí un vídeo de The Homens que me gusta, aos que non lles guste o pop que saiban que na Regueifa tamén poden atopar cousas moito máis heavis.

1 comentario:

Adriana dijo...

Como desafina xD
Sinceramente pareceume bastante malo o vídeo xDxDxD