11/11/07

Krt m8

Hoxe lin isto de María Yáñez en Lingua de @mor:

"A verdade é que me fai moita graza: mentres nalgúns (poucos pero moi concorridos) sitios de internet a xente non fai máis que discutir sobre se é mellor usar a normativa oficial ou a reintegrada co portugués, no outro lado da galaxia interneteira, pero moito máis preto do que pensan, hai unha lexión de galegos nacidos nos 90 reinventando a maneira de escribir o noso idioma. Pódense ver en centos de fotologs e myspaces, e choutar dun a outro sen enterarse da misa á metade, que é do que se trata. Non podo evitar sentirme unha anciá cando intento descifrar oracións como as que seguen.

“eu ps xip!e ox encma ver a tnya aish xa fcia tmp k nn te via(dnd a fstuki d mmnta) e xa tiña gniñas!!”
“bkñs pa tos!!krvs m88!”

“wNoO Q aSiaS & Q oSqUerO a td0sS!!*”

“ps na o iwal k ye dixn a pi, k m alegr d k o psarads bn! o sbdo xa vos vin a ti e a sheila kndo viñsteis sludr k si k o tbais psndo bn jij e o dmngo k vos tokou andr kas rifas, peo s slo foi ata as 2 kdouvos noite e noite!! jj”

“bsuks wp”

Estes exemplos foron escritos hoxe mesmo por rapazas da miña aldea, que está na Terra Chá de Lugo, e que andan polos 16 anos. Pode que un 30 por cento da súa clase teña un fotolog, e esa porcentaxe repítese en maior ou menor medida en moitos máis institutos do rural, como tiven ocasión de comprobar nun par de visitas recentes a estes centros. Para que logo digan que non se escribe en galego, ou que a escrita pública en galego está reducida a uns cantos autores. Ou que só escriben en galego os profesores de instituto. Diso nada. Son os alumnos de instituto os que máis están a facer pola lingua ultimamente: usala, usala e usala, ata estragala, darlle a volta, quitarlle as vogais abertas ou pechadas. Sentila como algo útil para expresar calquera inquedanza da súa cabeciña adolescente. Non podo ver máis que futuro e esperanza cada vez que leo por aí un

“krt m8”.

A lingua galega morreu. Viva a lingua galega."

A verdade é que me intriga saber que pensades sobre o tema, ou simplemente saber se non pensades nada.

8 comentarios:

Álex Cortés dijo...

Ufff, penso moitas cousas e a maioría politicamente incorrectas. A prinsipal é que o importante do idioma é usalo, pero usar o noso, non o que nos queren impoñer.
Por iso falo ghallegho, aínda que podería falar galego sen problemas (ou castelán con tempos compostos e todo ;)).
Cada linghua que aprendemos e, sobre todo, que empregamos só nos trae riquesa. Cada xeración quéixase do mal que fala a seghinte... e equivócase, a seghinte xeración trae a súa riquesa á linguaxe porque precisa expresar cousas novas, cousas propias.
A linguaxe sms aporta o seu ghran de area, o ghallegho e o galego dannos moito máis do que alghúns cren (identidade sí, pero moitísimo máis) e o castelán e o inghlés e todo o que demos en aprender.
Non perdamos a oportunidade de aprender... nin a de ensinar... e aí lanso o reto aos novos galego falantes que moito se queixan de que non lles fasemos caso: "que nos ensinen". Poden darnos curso, poden faser entradas bilinghues (como eu as fagho galego/ghallegho), poden... eu que sei, que pensen eles o que poden faser...
En fin, penso moito máis e penso de máis, pero xa me estendín abondo e vou durmir ;P

Copoh dijo...

Pouco queda que disir..co pedaso comentario que deixou o álex pero..quero aportar un dato. Hay persoas (métome entre elas) que non falamos galego todo o tempo..pero que ghustaríanos facelo, o que pasa é que non estamos acostumados. Ou que temos pais que non son de Galiza..e na casa non se fala, nin se deixa falar moitas veces..Pero cando vou pola rúa e escoito a dúas persoas maiores falando ese galego tan especial..que ás veces é ata dificil de entender..penso que, o galego..máis que falalo, hai que sentilo!

Unha aperta ^^

Adriana dijo...

Menudos comentarios!
Por certo, non había que pór nomes identificativos??? O digo polo de Copoh... Aínda que recoñezo que sei identificar quen é '¬¬ (Nieves)
Pois eu opino o mesmo que Álex e Copoh xD basicamente, e como xa escribiron eles dabondo non me vou a matar... En primeiro fixen un traballo en "actividades de estudio" (xamais entenderei a que ben ese nome) sobre este mesmo tema... E chegamos á conclusión de que "colo" se podía dicir en castelán e era correcto, só que versionado a "coller en brazos", xa que proviña do mesmo, do latín "colocus" ou algho asi... jajajaja Muita Lolii^^
E ata aquí (:
Ata loghiiño! (;

Copoh dijo...

Non é moi difícil pensar que copoh son eu (Nieves)..'¬¬ o que pasa é que o inxenio non o valoras jadrianeishon :P xDD <-- Pequena aclaración :)

Un saúdo ^^

Álex Cortés dijo...

Como dis, Nieves, o máis importante é sentilo. Non todo é o que parese. Teño unha amigha, tan ou máis ghallega do que poida selo eu, que fala castelán porque é o que lle sae e non por iso é menos ghallegha ca min ou outro calquera.
E despois tendes o marabilloso exemplo de Carmen María (a miña compañeira de mates do ano pasado) que sendo canaria e levando aquí uns poucos anos falaba galego.
Non todo é o que parese. Na casa de meus pais, moitas veses, aínda falo castelán porque é o que falabamos sempre e hai un "chip" na miña cabesa que largha castelán pola boca ata que fagho o esforso de falar ghallegho. Sen embargho, cando vou por aí (fóra do país, de Ghalisia) escápaseme o ghallegho moitas veses porque é a miña lingua, a que falo cos amighos. Aínda me pasaba esta finde en Valensia cun amigho valensiano: de súpeto atopábame disíndolle algho en ghallegho e tiña que cambiar o "chip" para falarlle castelán.
Cando tiña a vosa idade falaba unha ou outra cousa seghundo a situasión... e non foi ata a universidade (que coñesín a miña ghran amigha Iria) que me volvín ghallegho falante a tempo case completo.
Todo require o pequeno (ou a veses ghrande) esforso de cambiar o chip cando te das conta. Eu son dos que cre que vale a pena este esforso. Dóeme que haxa tan poucos galego falantes entre vós porque sinto que parte de nós, da nosa cultura, do noso ser estase a perder.
PÍDOVOS QUE O TENTEDES, pero nin se me ocorrería esixírvolo nin vos teño por menos ghalleghos por non falalo.
Iso depende do que sentides!!!
(tranquilos que xa falaremos das identidades en titoría ;P)

Álex Cortés dijo...

Por serto, sí hai que poñer nomes que identifiquen á persoa. Eu nin de coña sabería que copoh é Nieves e supoño que a moitos que lean o blog pasaralles ighual. Así que tes que cambialo (Nives Copoh, por exemplo :P)

Andrea Profe dijo...

Estou dacordo con todas os comentarios (que políticamente correcta, je, je). Cantos máis idiomas sepamos mellor pra nos, enriquécenos como persoas e axiliza a mente (segundo os estudos axuda a evitar enfermidades como o alzeimer). Así que se non o facemos por ideoloxía ou por costume familiar fagamolo pola nosa saúde;)Cambiemos continuamente de idioma!
Besiños!!

Anónimo dijo...

hola me llamo raulllange vengo de china y os boy a contar una anegdota ke me paso en la muralla china. esto se lo kiero dedicar para Ramón (o fertimon) el rollo es ke no me acuerda lo ke os iva a contar venga publifcarlo xlomenos ai alo gracioso en el blog.bikos ke no os murais dw