O libro Chocolata de Marisa Núñez convértese na primeira obra do Estado que consegue o Premio Internacional do Libro Infantil convocado pola Fondation Espace Enfants de Suíza.
Esta obra está publicada por Oqo Editora. Podedes atopar unha entrevista coa autora aquí .
Dáse a casualidade de que lin este ano o libro e podo dicirvos que ademais do texto, é moi fermoso polas ilustracións.
2 comentarios:
Que chachi! Mira que lin libros eu desta señora de pequecha! E nos contacontos...
Xa lle mercarei ao meu irmanciño pa que lea! Que conste que xa ten dous libros (aparte de todos os meus e do meu irmán maior que vai herdar, que non son poucos)! Un destes de meter na bañeira que pon unha palabra por páxina e hai cinco páxinas xD e outro que viu co xornal o outro día xD
Tranquilos todos, aínda que sexan en castelán vai ser un ghalegho- parlante deses, que con el falo en galego, e cántolle cancionciñas galegas e tal xD
Un saúdo cibernautaas (;
Parabéns para Marisa... e para a ilustradora Helga Bansch e para OQO editora pola súa arriscada aposta e manter os ideais e a calidade.
Son xeniais os sus libros para cativos, pero non menos xeniais os libros para adultos. O ano pasado regaleille "O cobertor de estrelas" aos meu titorandos, libro fermoso e xenial onde os haxa.
Ah!!! E ghrasias á Adriana, blogueira number 1, criadora de galego-parlantes, alumna "case" exemplar.
Publicar un comentario