8/11/07

O xogo do tangram

Xa sei que me ides chamar pesado, pero aí vai unha nova entrada. Seguimos co de pensar, pero agora cun pouco máis de diversión e xeometría. Pequena historia do tangram e como fabricarse un... sae moito máis barato que mercalo!!!

Xa sei que me ides chamar pesado, pero aí vai unha nova entrada. Seghimos co de pensar, pero aghora cun pouco máis de diversión e xeometría. Pequena historia do tangram e como fabricarse un... sae moito máis barato que mercalo!!!


Historia do tangram


O tangram é un xogo chinés moi antigo chamado “Chi Chiao Pan” que significa “xogo dos sete elementos” ou “táboa da sabedoría”. Existen varias versións sobre a orixe da palabra “tangram”. Unha das máis aceptadas conta que a inventou un inglés unindo a palabra cantonesa “tang” (que significa chinés) coa raíz latina “gram” (que significa escrito ou gráfico). Outra versión conta que a orixe do xogo remóntase aos anos 618 a 907 da nosa era, época na que reinou en China a dinastía Tang de onde derivaría o nome.


Non se sabe con seguridade quen inventou o xogo nin cando. As primeiras publicación chinas nas que aparece o xogo datan do século XVIII, época na cal o xogo xa era moi coñecido en varios países do mundo. en China, o tangram era moi popular e considerábase un xogo para mulleres e nenos.


A partir do século XVIII, publicáronse en América e Europa varias traducións de libros chineses nos que se explicaban as regras do tangram. Chamaban ao xogo “o crebacabezas chinés” e fíxose tan popular que o xogaban tanto nenos como adultos, persoas comúns e personalidades do mundo das ciencias e as artes. Napoleón Bonaparte volveuse un verdadeiro especialista no tangram dende que foi exiliado á illa de Santa Elena.


En canto ao número de figuras, a maior parte das publicacións occidentais copiaron as figuras chinesas orixinais, que ascendían a algúns centos. Ao principio o tangram foi publicado en forma de libro, en torno a 1870 concedíase máis atención ao xogo mesmo e as súas sete pezas, de xeito que o tangram era producido e vendido como un obxeto: pezas de marfil, tarxetas coas siluetas e envoltorio en forma de caixa.


Cara 1900 engadíranse novas figuras e formas xeométricas, chegando a un total de máis de 900. En 1973, os deseñadores holandeses Joost Elffers e Michael Schuyt produxeron unha edición en rústica con 750 figuras novas, acadando así un total de máis de 1600. Da edición de 1973 vendeuse ata o de agora máis dun millón de exemplares en todo o mundo. Actualmente pódense realizar co tangram arredor de 16000 figuras distintas.



Constrúe o teu propio xogo do tangram




É mellor empregar unha folla cuadriculada, senón precisaremos regra e escuadra ou cartabón.


1.
Debuxa un cadrado de 10 cm por lado. (20 cadradiños da folla).

2. Traza unha das diagonais do cadrado e a recta que une os puntos medios de dous lados consecutivos do cadrado; esta recta debe ser paralela á diagonal.

3. Debuxa a outra diagonal do cadrado e lévaa ata a segunda liña.

4. A primeira diagonal que trazaches deberás partila en catro partes iguais (cada pedaciño medirá 5 cadradiños).

5. Traza a recta que se amosa no debuxo.

6. Por último traza estoutra recta.



Se o pegas nun cartón ou unha chapa de madeira antes de recortar, mellor que mellor.


Agora xa podedes construír figuras, tanto as que atopedes en libros e internet como as que vós inventedes. As regras son moi sinxelas: hai que empregar as sete pezas e non se poden poñer unhas enriba das outras.





A DIVERTIRSE!!!


5 comentarios:

Adriana dijo...

Como te aburres '¬¬

Pilar dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Pilar dijo...

Mira ti de quen era o tangram que andaba pola sala de profes.
Moi boa idea Alex.
Iso, si, vou dar unha versión breve para a fabricación.
1) Clicas na imaxe do tangram vermello que aparece na entrada e a gardas no teu ordenador.
2) Abres a imaxe con calquera programa de edición de fotos, amplíala e imprímela.
3) Pégala sobre unha superficie firme e recortas.
Xa sei, xa sei, que non se aprende tanto, pero solucionas nun minuteixon.
Abur.

Adriana dijo...

minuteixon!!! =D

Álex Cortés dijo...

Alá vai a parte matemática do xogos... ademais queda moito mellor recortado así que coa versión impresa.
Da ighual, o importante é que o pasaen ben. É só un xogho (ou non ;P)