22/11/07

Fernando Fernán Gómez, por sempre

De seguro para a maioría dos lectores deste blog o nome de Fernando Fernán Gómez non signifique demasiado, e a min enfádame, enfádame moito que co comportamento dos medios de comunicación sigan sen coñecer demasiado deste actor, director, escritor... recentemente falecido. Indígname que morra unha folclórica ou se separe unha infanta e aquí non se poida ver outra cousa na tele a todas as horas e morra Fernán Gómez e aquí non pasemos duns minutiños nos informativos. Está visto que a cultura non se leva, que pensar non se leva.
En todo caso, para os que non o saibades, Fernando Fernán Gómez, entre outras moitísimas cousas, protagonizou o filme La lengua de las mariposas, versión cinematográfica do libro galego A lingua das bolboretas de Manuel Rivas. Aquí vos queda un anaquiño do filme.

2 comentarios:

Adriana dijo...

Tes razón, moitas veces a min tamén me cabrea que boten tonterías na tele mil ou dúas mil veces ao longo do día, mentres que con outras noticias de interese fagan reportaxes de medio minutiño e punto.
Moi guai o video, e a peli

Álex Cortés dijo...

Como lle digho aos rapases, eu non admiro a famosos (en todo o seu amplo espectro) e moito menos a famosetes. Fernando Fernán Gómez non é unha excepsión, pero sí me tería ghustado poder conversar con el. Paréseme unha ghran perda para a cultura. Encántame o seu traballo (o que eu disfrutei, que é unha mínima parte de toda a súa labor)... pero sobre todo ghustábame moito escoitalo falar. Sempre é difísil escoitar a xente que fale con sentido común, que digha cousas interesantes, que non teña pelos na linghua... pero Fernán Ghómes ;P fasía que isto fose posible.
Unha mente lúcida e unha linghua mordaz menos no mundo... e cada unha que se perde é insustituíble.
Unha pena :(