Propúxenlle aos meus titorandos/as unhas frases cun obxectivo moi simple: PENSAR. Xa sei que non está moi de moda iso de pensar, pero resulta que a min gústame e paréceme interesante. Ademais estou seguro de que teño na clase trece persoas con demasiada intelixencia como para gardala toda dentro da cabeza e non compartila cos demais. Seguro que moitos de vós tamén, así que deixo aquí as frases por se a alguén lle apetece darlle un pouco á cabeciña ou simplemente ler algo interesante.
Propúxenlle aos meus titorandos/as unhas frases cun obxectivo moi simple: PENSAR. Xa sei que non está moi de moda iso de pensar, pero resulta que a min ghústame e paréseme interesante. Ademais estou seghuro de que teño na clase trese persoas con demasiada intelixencia como para ghardala toda dentro da cabesa e non compartila cos demais. Seghuro que moitos de vós tamén, así que deixo aquí as frases por se a alghén lle apetese darlle un pouco á cabesiña ou simplemente ler algho interesante.
INSTRUCIÓNS
- Pensa nesta frase durante os seguintes días (estaría ben que a memorizases ou a levases escrita para lembrala).
- Non precisas sentarse ex profeso, podes aproveitar calquera momento.
- Estaría ben que tratases de descubrir cal é a súa orixe (se a dixo alguén coñecido, é un proverbio, etc.).
- Trata de expresar coas propias palabras o que significa.
- Tes que pensar se estás de acordo co que di a frase ou en desacordo ou depende da situación; estaría ben que exemplificaras cada pensamento.
- Trata de discutir a frase con outras persoas: familiares, amigos, compañeiros, profesores, etc.
FRASES
“A xente nova é o futuro.”
“A veces, lavándonos a mans, ensuciamos a conciencia.”
“Aínda que a todos lle está permitido pensar, moitos afórrano.”
“Cando o carro xa está roto moitos diranvos por onde había que pasar.”
“Cando fales, procura que as túas palabras sexan mellores que o silencio.”
“De humanos é equivocarse; de tolos persistir no erro.”
“Onde todos pensan igual, ninguén pensa moito.”
“O diñeiro pode ser a cobertura de moitas cousas, pero non che da o principal. Dáche comida
pero non apetito; medicina pero non saúde; coñecidos pero non amigos; servidores pero non lealdade; días de alegría pero no paz nin felicidade.”
“O mundo non está en perigo polas malas persoas senón por aquelas que permiten a maldade.”
“O respecto ao dereito alleo é a paz.”
“O talento é algo corrente. Non escasea a intelixencia, senón a constancia.”
“A única persoa que non se equivoca é a que nunca fai nada.”
“É mellor estar calado e parecer idiota que falar e despexar as dúbidas definitivamente.”
“Hai persoas que loitan un día e son boas. Hai outras que loitan un ano e son mellores. Están as que loitan moitos anos e son moi boas. Pero están as que loitan toda a vida: esas son as imprescindibles.”
“Hai un pasado que marchou para sempre pero hai un futuro que aínda é noso.”
5 comentarios:
Molan ;)
aDii falta tU cOmentariOOuu xDD
dii que si aleX que isO de pensaRr nOn mOla é moi D.i.f.i.c.i.l
xDDD
PD: as frases están ben aínda que aia que pnsar xP ;)
Pensar mola moito, unha ves que o probas é como unha drogha... pero boa porque permite faser cousas incribles.
De aí o de D.i.f.i.c.i.l.
Disque imos faser incribles cousas e incribles loucuras (ou algho así, que sei eu ;P)
Por serto que é xenial saber quen fai os comentarios ;)
jajjajaja
Non habí lido estes comentarios!!!
Encántame iso de " xenial saber quen fai os comentarios " xD
É que eu tampouco sei quen o deixou, pero o de anónimo tamén mola xD
Sarah é Sara¿? jaja eu me entendo xD
Publicar un comentario