1/11/07

Un poema do Álex

Como isto é para todos e para todo, aí vai a miña primeira participación. Empezo cun poema que escribín xa hai anos. Disque non hai que ter vergoña e eu vouna perdendo co tempo ;-)

Como isto é para todos e para todo, aí vai a miña primeira partisipasión. Empeso cun poema que escribín xa hai anos. Disque non hai que ter verghoña e eu vouna perdendo co tempo ;-) (*)

DÚAS CHAVES


Quixera eu saber

onde habita o amor;

petar na súa porta

e preguntar:

u-lo segredo?


Non o sei e soño

cal podería ser

a clarividente resposta

que faga ó meu corazón acougar

e deixe descansar a alma.


Doce e amarga busca

a da súa morada,

vagando pola vida

sen repouso nin indicio,

sen lousas douradas

que me mostren o camiño:

longo coma a morte,

curto coma o soño desta noite.


Xiras a esquina e tropezas

atopas de súpeto a resposta

que che mostra o lugar

onde habita,

dende e deica a eternidade,

esperando quen abra a porta

e deixe entrar o corazón.


Ante ti se ergue a entrada

e, co corazón na man, esperas

que sexa esta a chave

da porta, do segredo,

do amor e a felicidade.


Máis descobres abraiado,

fitando a pechadura,

que son dúas,

e non unha,

as chaves necesarias.


(*) En azul a versión en ghallegho de Ribeira.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ole aí! Muito Álex xD
Como diría Darío: "ese es mi tutor!" jajaja
Voume a faser autora, que me fai ilusión^^, e ademais máis que a páxina do insituto parese o blogh persoal de Álex xDxDxD
isO

adRianeishOn (:

Anónimo dijo...

Agora resulta que o Alex ademais de cancerbeiro avantaxado é poeta tamén :P
está ben, vaise defendendo, podería ser moito peor.
Iso si, o asunto ese das dúas portas soa a portazo nos morros :D