30/11/07
3ºB
28/11/07
Crebacabezas 001
A ver cantos de vós sodes quen de rematar este crebacabezas e dicir que persoas do centro aparecen nel.
Quen sabe, igual estás ti, ou ti, que che pica a curiosidade? Pois, se é que sabes, claro, AQUI a resposta :D
Humor galego
Aí vos deixo uns chistes ghráficos selecsionados dun poghuerpoint que me mandaron. Boa falta fai botar unha risotada de ves en cando. Xa me diredes se vos fixeron ghrasia ou non.
27/11/07
Grupos consonánticos CC e CT
Os grupos cultos CC e CT simplifican en galego eliminando o primeiro elemento despois de i (ditado) e u (estrutura).
MANTEÑEN ICC
MANTEÑEN UCC
MANTEÑEN ICT
MANTEÑEN UCT
23/11/07
Charla Asociación para o Estudio da Lesión Medular
Onte, xoves 22 de novembro, o alumnado de 2º de ESO, participou nunha charla-coloquio da Asociación para o Estudio da Lesión Medular. Nesta charla impartida por dous membros da asociación, afectados por lesión medular, trata de informar sobre as conductas axeitadas para previr accidentes, sobre todo de tráfico, como comportarse ante un accidentado e as consecuencias das lesións medulares e os seus diferentes graos.
22/11/07
Fernando Fernán Gómez, por sempre
En todo caso, para os que non o saibades, Fernando Fernán Gómez, entre outras moitísimas cousas, protagonizou o filme La lengua de las mariposas, versión cinematográfica do libro galego A lingua das bolboretas de Manuel Rivas. Aquí vos queda un anaquiño do filme.
"Optimista y soñador"
- Jelouuu a todas e a todos !
- Quixen poñer o vídeo directamente na páxina, pero son demasiado patosa e non dou feito. xD
É de Frank-T, está en castelán, pero encántame ! Espero que a vós tamén ! ^^
Reparade na liberdade das imaxes e na beleza das palabras.
Grazas por ser "O de mates" (:
Queres? Podes.
Queredes ter unha referencia para cando as forzas menguan aínda que sexa por motivos banais? Aquí vos deixo unha semente. Atopeina na bitácora dos compañeiros de Tadega (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega).
Velaiquí a historia:
Na Australia hai unha proba atlética moi famosa que se chama "Ironman" (home de aceiro) que consiste en:
- Nadar no mar 4 quilómetros durante o frío da mañán.
- Continuar cunha bicicleta en ruta percorrendo nada menos que 180 quilómetros sen parar con sobidas e baixadas prolongadas.
- Rematar cunha maratón de 43.5 quilómetros nun derradeiro e destrozante esforzo físico e mental (os campións do mundo precisan entre 8 e 12 horas para rematar a proba; o noso protagonista precisou máis de 17 h).
Pois é aquí que un pai con 60 anos tiña unha enorme ilusión, competir co seu fillo con parálise cerebral en brazos ao longo de toda a proba. Nunca viu coma un obstáculo o do seu fillo senón como unha aposta, un empeño. O entrenamento foi duro e longo, pero aquí tedes o resultado. O vídeo chámase "Can" (podo). Ti, tamén.
21/11/07
debuxos na rúa
Aquí vos deixo uns debuxos que molan feitos co xiz na rúa.
http://es.youtube.com/watch?v=SOV1srK0hhg
25 de Novembro: Día Internacional Contra a Violencia Cara á Muller
http://www.20minutos.es/galeria/559/0/0/
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA A MULLER
O VINDEIRO 25 DE NOVEMBRO COMEMÓRASE O
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA A MULLER
No noso centro, o alumnado de 4º de ESO participou nun obradoiro para previr a violencia de xénero en xoves de secundaria, en 3 sesións os días 24, 31 e 7 de novembro.
No obradoiro, organizado polo Centro de Información á Muller do Concello de Cangas, abordouse o tema das relacións de parella:
· Relacións sanas e enfermas
· Conflicto e maltrato
· A violencia de xénero
· Apoios e recursos cos que contan as mulleres que padecen violencia de xénero.
O obradoiro tivo un desenvolvemento práctico e o alumnado elaborou un mural coas ideas traballadas.
20/11/07
Todo vai ir ben
Título: Todo vai ir ben
Autor: Silvestre Gómez Xurxo
Editorial: Xerais
Minia está moi preocupada e cóntalle todo o que lle acontece ao seu osiño de peluche Churbi e á súa mellor amiga Raquel.
Cando á nai de Minia lle din que ten un cancro recorda o que lle acontecera a última vez; cando tivera que someterse a un tratamento contra o cancro de mama que a deixara moi debilitada e lle tiveran que amputar unha mama.
A Minia e ao seu irmán Tomé mándanos ir pasar unha tempada á casa dos avós mentres a súa nai se vai sometendo ao tratamento. Pero un día a nai de Minia ponse mala e teñen que ingresala urxentemente no hospital. Ao final a nai de Minia ponse ben e segue vivindo coa súa familia.
(Texto de Manuel González Poses, 1º ESO)
Arnoia, Arnoia
Título: Arnoia, Arnoia
Autor: Xosé Luís Méndez Ferrín
Editorial: Xerais
(Texto de Gabriel Portela Núñez, 3º ESO)
Muletas
Título: Muletas
Autor: Peter Härtling
Editorial: Kalandraka
A historia transcorre despois da segunda guerra mundial.
Thomas era un rapaz que cando ía montar no tren, para escapar da pobreza que deixara a guerra, se perdeu.
Despois de andar varios meses sen rumbo buscando a súa nai, atopou un home e fixéronse amigos e el mandoulle que lle chamase Muletas porque andaba con muletas e ese era o seu alcume.
Foron vivir á casa dunha amiga de Muletas. Despois duns meses marcharon a Alemaña onde viviron nun campamento de refuxiados durante uns meses, e despois foron por catro casas diferentes onde os acollían.
(Texto de Elena Álvarez Martínez, 2º ESO)
O que lemos
Funcionamento do proxecto:
1) Nesta sección da Gaivota iremos recollendo resumos propios das lecturas e, o que é máis importante, as nosas opinións sobre as obras para que lles sirvan de referencia aos futuros lectores.
2) Debaixo de cada resumo figurará entre parénteses o seu autor ou autora.
3) Non haberá censura nas opinións realizadas sempre e cando sexan respectuosas co autor e coa obra e non sexan anónimas.
Aquí tes o índice dos títulos publicados.
A banda sen futuro
Título: A banda sen futuro
Autora: Marilar Aleixandre
Editorial: Xerais
Acábase de mudar a unha vila nova e ao primeiro non quere ir ao colexio polo de estar rapada.
Ten unha foto dun cantante dun grupo de música que se chama Poch e que morreu pouco despois de que se mudara. Empeza a falar con el, é dicir, coa foto, e cóntalle os seus problemas.
No colexio coñece a Paulina que logo se fai amiga dela, a Nacho que quere ser o seu superheroe, a Moncho, o delegado da clase, do que se fai moi amigo e a Miguel, do que namora.
Un día, a nai de Carlota cóntalle que viu a Paulina bicándose con Miguel e ela entristécese moito.
Moncho, certo día, dille que está namorado dela...
A expedición do Pacífico
Título: A expedición do Pacífico
Autora: Marilar Aleixandre
Editorial: Xerais
(Texto de Adriana Pérez, 3º ESO)
Cartas de amor
Título: Cartas de amor
Autor: Fran Alonso
Editorial: Xerais
Blog do autor: Cabrafanada
Cartas de amor é un libro que non trata de cartas de amor como o seu propio nome indica, non. O libro trata de cartas escritas por mulleres que se envían unhas persoas a outras de temas normalmente tristes.
Por exemplo, unha carta trata de que unha amiga lle envía unha carta a outra amiga na que lle di que ela apreza moito a súa amizade pero que non só sente iso por ela senón que está namorada dela. Noutro dos textos unha muller envíalle unha carta á súa cuñada dicíndolle que mentres viñan emigrando nunha patera cara a España, o seu marido caeu ao mar e morreu afogado e que pariu o seu fillo que está ben e a salvo.
(Texto de Sheila Martínez Taboada, 2º ESO)
Cartas de inverno
Título: Cartas de Inverno
Autor: Agustín Fernández Paz
Editorial: Xerais
Tareixa, a irmá do escritor Xabier Louzao, que leva dous meses sen noticias del, recibe un sobre con cartas dun pintor chamado Adrián dirixidas a Xabier.
Este pintor dille que acaba de mercar unha casa embruxada e cóntalle que: recibiu mensaxes de socorro, encontrou un libro cunha imaxe que cambiaba cada vez que a ollaba, e outros extraños sucesos. Xabier decide acudir a axudar o seu amigo Adrián. Os dous amigos teñen que se enfrontar a misterios que nós non somos quen de imaxinar.
(Texto de Guilhem Galceran, 2º ESO)
Atrapasoños
Título: Atrapasoños
Autor: Milan Vukotic
Editorial: Kalandraka
Un rapaz tiña que loitar contra o neno máis forte do seu colexio. Tiña que facer unha serie de probas e unha delas era xogar ás bólas. Ese rapaz contra o que tiña que loitar era o mellor xogando ás bólas. A súa tía-avoa contoulle que se lle dicías unhas palabras máxicas á cadeira que tiña na cociña atada, transformábase nun cabalo e ías á terra dos soños. Contoulle tamén que na terra dos soños vivía alguen chamado Atrapasoños. Xogaba ás bolas cos soños e tocáballes a harmónica para que fosen os soños máis bonitos. Atrapasoños tiña unha bóla máxica que con ela gañaba a todos. O rapaz foi á terra dos soños a loitar contra a raiña Raña para que liberara o Atrapasoños. El queria encontralo para que lle prestase a bóla máxica. Atopará o Atrapasoños?
(Texto de Anxo Piñeiro Barcia, 1º ESO)
Game Over
Título: Game over
Autor: Santiago Lopo
Editorial: Biblos
A un mestre de universidade os fillos regálanlle un xogo de ordenador chamado PARALELL CITY.
No xogo estaba a gañar cartos. Xa estaba a piques de formar PARALELL CITY 2 e gañar cartos na vida real cando recibe un mail dicindo que o teñen que executar no xogo e na vida. Como pensaba que era unha broma, non fixo caso ata que lle mandaron unha carta ao seu domicilio dicíndolle o mesmo.
Tiña tanto medo que fixo un pacto cos que lle mandaron a carta, el non morrería se se encargaba de matar aos que non cumprían as normas do xogo.
Podes ler o comezo do libro aquí.
(Texto de Nuria Ruiz Ruiz, 1º ESO)
O Principiño
Título: O Principiño
Autor: Antoine de Saint-Exupéry
Editorial: Editorial Galaxia
Cóntalle que vén dun planeta moi pequeniño e explícalle o que hai nel. Antes de chegar á Terra percorreu varios planetas e cóntalle o que lle pasou en cada un deles. Na Terra pensou que ía haber máis persoas das que atopou. Cando xa ía facer un ano que se atopaba fóra do seu planeta, era hora de volver.
(Texto de Rut Martínez Vaqueiro. 1º de ESO)
19/11/07
Parabéns para Marisa Núñez
Esta obra está publicada por Oqo Editora. Podedes atopar unha entrevista coa autora aquí .
18/11/07
Fomos de teatro
Despois, mentres non comezaba a obra algúns e algunhas aproveitaron para ligar cos dos outros centros, pero non descoidamos o asunto que nos levaba alí e tamén temos algunhas fotos da obra:
O Hobbit
Título: O hobbit
Autor: J. R. R. Tolkien
Editorial: Xerais
Máis adiante sepáranse de Gandalf e cruzan o bosque escuro, non sen problemas. E atopan a montaña do dragón. Métense dentro e agardan. Un día o dragón vaise amolar a xente dunha aldea, e alí mátano. Hai unha batalla polo tesouro entre: ananos, homes e aguias contra trasnos e lobos. Gaña o grupo de Bilbo e este volve ao seu burato hobbit.
(Texto de Brais Sotelo Mariño, 2º de ESO)
Ferramentas
VOLGA – Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega da Real Academia Galega. Non é un dicionario, isto é, non trae definicións das palabras. Base de datos de busca de palabras, ollo, cando unha palabra aparece en vermello é que é incorrecta. Se non atopa a palabra probablemente tamén será incorrecta.
DICIONARIO DA RAG – Dicionario da Real Academia Galega. Trae as definicións das palabras, presenta un inconveniente bastante grave, non está actualizado á reforma ortográfica de 2003, pero para todo o demais vale igual.
CORRECTORES – Páxina do portal da Consellería con diferentes correctores que se poden descargar.
DICIONARIOS EN LIÑA – Artigo sobre dicionarios na rede de El Correo Gallego, ten enlaces bastante útiles.
PAQUETE DE INTERFACE EN GALEGO PARA OFFICE 2003
17/11/07
EXCURSIÓN AO MONTE ALOIA
Os alumnos de 3º fixeron unha saída ao Parque Natural do Monte Aloia, Tui, o pasado venres 16, saída organizada polo Departamento de Ciencias Sociais.
Aquí vos deixo algunhas imaxes:
16/11/07
A arte de Jontxu
No blog poderedes ver algunhas das súas obras e, mellor aínda, parte do proceso creativo en vídeo.
A verdade é que da gusto poder presumir de amigos así ;P e de ter unha obra súa na casa. Tentou facer de min un aprendiz de artista, pero non vos houbo maneira. Déixovos a ligazón no menú da dereita tamén.
Tráiovos desta volta o blogh dun colegha... minto, dun amigho artista, Jontxu. Podería resumir disindo que é escultor pero, aínda que esa é a súa actividade prinsipal como veredes, en realidade é moito máis: un artista completo.
Neste outro blog hai obras de Jontxu e de José. Ambos traballan xuntos nun taller en Aguiño.
Neste outro blogh hai obras de Jontxu e de José. Ambos traballan xuntos nun taller en Aghiño.
14/11/07
Cumpleanos feliZ... (;
Volvo a actualizar para dedicarllo a Álex, que está de cumpreanos (:
Incrible!, xa levas 28 anos por aí incordiando con que se non parín desde o xoves e con que Pitághoras isto, Pitághoras aquilo.
Por serto! Esta mañá iámoste facer unha especie de "festiña" sorpresa, pero como és unha mala persoa e tes que ser puntual, ghringas! Así aprendes a deixarnos 1o minutiños ó principio de cada clase... E se non che cantamos nada foi porque estabas dun mal humor... =S Dabas medo! Estaste a faser un profe velliño e amarghado que non sabe máis que protestar e berrar jajajaja! xP
Non teño moito máis tempo...
JAPi BERDEi!!! ^^
adRianeiishOn xD
12/11/07
Responsabilidade de tod@s
Esta é a continuación.
11/11/07
Krt m8
Hoxe lin isto de María Yáñez en Lingua de @mor:
"A verdade é que me fai moita graza: mentres nalgúns (poucos pero moi concorridos) sitios de internet a xente non fai máis que discutir sobre se é mellor usar a normativa oficial ou a reintegrada co portugués, no outro lado da galaxia interneteira, pero moito máis preto do que pensan, hai unha lexión de galegos nacidos nos 90 reinventando a maneira de escribir o noso idioma. Pódense ver en centos de fotologs e myspaces, e choutar dun a outro sen enterarse da misa á metade, que é do que se trata. Non podo evitar sentirme unha anciá cando intento descifrar oracións como as que seguen.
“eu ps xip!e ox encma ver a tnya aish xa fcia tmp k nn te via(dnd a fstuki d mmnta) e xa tiña gniñas!!”
“bkñs pa tos!!krvs m88!”
“wNoO Q aSiaS & Q oSqUerO a td0sS!!*”
“ps na o iwal k ye dixn a pi, k m alegr d k o psarads bn! o sbdo xa vos vin a ti e a sheila kndo viñsteis sludr k si k o tbais psndo bn jij e o dmngo k vos tokou andr kas rifas, peo s slo foi ata as 2 kdouvos noite e noite!! jj”
“bsuks wp”
Estes exemplos foron escritos hoxe mesmo por rapazas da miña aldea, que está na Terra Chá de Lugo, e que andan polos 16 anos. Pode que un 30 por cento da súa clase teña un fotolog, e esa porcentaxe repítese en maior ou menor medida en moitos máis institutos do rural, como tiven ocasión de comprobar nun par de visitas recentes a estes centros. Para que logo digan que non se escribe en galego, ou que a escrita pública en galego está reducida a uns cantos autores. Ou que só escriben en galego os profesores de instituto. Diso nada. Son os alumnos de instituto os que máis están a facer pola lingua ultimamente: usala, usala e usala, ata estragala, darlle a volta, quitarlle as vogais abertas ou pechadas. Sentila como algo útil para expresar calquera inquedanza da súa cabeciña adolescente. Non podo ver máis que futuro e esperanza cada vez que leo por aí un
“krt m8”.
A lingua galega morreu. Viva a lingua galega."
A verdade é que me intriga saber que pensades sobre o tema, ou simplemente saber se non pensades nada.8/11/07
O xogo do tangram
Xa sei que me ides chamar pesado, pero aí vai unha nova entrada. Seguimos co de pensar, pero agora cun pouco máis de diversión e xeometría. Pequena historia do tangram e como fabricarse un... sae moito máis barato que mercalo!!!
Xa sei que me ides chamar pesado, pero aí vai unha nova entrada. Seghimos co de pensar, pero aghora cun pouco máis de diversión e xeometría. Pequena historia do tangram e como fabricarse un... sae moito máis barato que mercalo!!!
O tangram é un xogo chinés moi antigo chamado “Chi Chiao Pan” que significa “xogo dos sete elementos” ou “táboa da sabedoría”. Existen varias versións sobre a orixe da palabra “tangram”. Unha das máis aceptadas conta que a inventou un inglés unindo a palabra cantonesa “tang” (que significa chinés) coa raíz latina “gram” (que significa escrito ou gráfico). Outra versión conta que a orixe do xogo remóntase aos anos 618 a 907 da nosa era, época na que reinou en China a dinastía Tang de onde derivaría o nome.
Non se sabe con seguridade quen inventou o xogo nin cando. As primeiras publicación chinas nas que aparece o xogo datan do século XVIII, época na cal o xogo xa era moi coñecido en varios países do mundo. en China, o tangram era moi popular e considerábase un xogo para mulleres e nenos.
A partir do século XVIII, publicáronse en América e Europa varias traducións de libros chineses nos que se explicaban as regras do tangram. Chamaban ao xogo “o crebacabezas chinés” e fíxose tan popular que o xogaban tanto nenos como adultos, persoas comúns e personalidades do mundo das ciencias e as artes. Napoleón Bonaparte volveuse un verdadeiro especialista no tangram dende que foi exiliado á illa de Santa Elena.
En canto ao número de figuras, a maior parte das publicacións occidentais copiaron as figuras chinesas orixinais, que ascendían a algúns centos. Ao principio o tangram foi publicado en forma de libro, en torno a 1870 concedíase máis atención ao xogo mesmo e as súas sete pezas, de xeito que o tangram era producido e vendido como un obxeto: pezas de marfil, tarxetas coas siluetas e envoltorio en forma de caixa.
Cara 1900 engadíranse novas figuras e formas xeométricas, chegando a un total de máis de 900. En 1973, os deseñadores holandeses Joost Elffers e Michael Schuyt produxeron unha edición en rústica con 750 figuras novas, acadando así un total de máis de 1600. Da edición de 1973 vendeuse ata o de agora máis dun millón de exemplares en todo o mundo. Actualmente pódense realizar co tangram arredor de 16000 figuras distintas.
Constrúe o teu propio xogo do tangram
É mellor empregar unha folla cuadriculada, senón precisaremos regra e escuadra ou cartabón.
1.
3. Debuxa a outra diagonal do cadrado e lévaa ata a segunda liña.
Se o pegas nun cartón ou unha chapa de madeira antes de recortar, mellor que mellor.
Agora xa podedes construír figuras, tanto as que atopedes en libros e internet como as que vós inventedes. As regras son moi sinxelas: hai que empregar as sete pezas e non se poden poñer unhas enriba das outras.
7/11/07
Non á violencia de xénero
(Décima vez polo menos que escribo isto> falta de práctica xD)
Ola! (:
Ó teclado Adriana (3ºB) ^^
Pois intentei publicar unha entrada sobre Luar na Lubre pero como non daba atopado un vídeo deles decidín buscar estes que os atopei moito antes. O primeiro é do Chojin, El final del cuento de hadas, e o segundo é de Falsa Alarma, Bondad y malicia. Non son en galego pero non paaaaaasa nada!(x Somos españois iguais non? Pois iso! Espero que vos gusten e vos conciencien (:
Por fiin acabo! Despois de vinte minutos cargando as fotos... jajaja Hai que mellorar a velocidade do blog! xP
Que vos cundaa! Chao!^^
Frases para pensar
Propúxenlle aos meus titorandos/as unhas frases cun obxectivo moi simple: PENSAR. Xa sei que non está moi de moda iso de pensar, pero resulta que a min gústame e paréceme interesante. Ademais estou seguro de que teño na clase trece persoas con demasiada intelixencia como para gardala toda dentro da cabeza e non compartila cos demais. Seguro que moitos de vós tamén, así que deixo aquí as frases por se a alguén lle apetece darlle un pouco á cabeciña ou simplemente ler algo interesante.
Propúxenlle aos meus titorandos/as unhas frases cun obxectivo moi simple: PENSAR. Xa sei que non está moi de moda iso de pensar, pero resulta que a min ghústame e paréseme interesante. Ademais estou seghuro de que teño na clase trese persoas con demasiada intelixencia como para ghardala toda dentro da cabesa e non compartila cos demais. Seghuro que moitos de vós tamén, así que deixo aquí as frases por se a alghén lle apetese darlle un pouco á cabesiña ou simplemente ler algho interesante.
INSTRUCIÓNS
- Pensa nesta frase durante os seguintes días (estaría ben que a memorizases ou a levases escrita para lembrala).
- Non precisas sentarse ex profeso, podes aproveitar calquera momento.
- Estaría ben que tratases de descubrir cal é a súa orixe (se a dixo alguén coñecido, é un proverbio, etc.).
- Trata de expresar coas propias palabras o que significa.
- Tes que pensar se estás de acordo co que di a frase ou en desacordo ou depende da situación; estaría ben que exemplificaras cada pensamento.
- Trata de discutir a frase con outras persoas: familiares, amigos, compañeiros, profesores, etc.
FRASES
“A xente nova é o futuro.”
“A veces, lavándonos a mans, ensuciamos a conciencia.”
“Aínda que a todos lle está permitido pensar, moitos afórrano.”
“Cando o carro xa está roto moitos diranvos por onde había que pasar.”
“Cando fales, procura que as túas palabras sexan mellores que o silencio.”
“De humanos é equivocarse; de tolos persistir no erro.”
“Onde todos pensan igual, ninguén pensa moito.”
“O diñeiro pode ser a cobertura de moitas cousas, pero non che da o principal. Dáche comida
pero non apetito; medicina pero non saúde; coñecidos pero non amigos; servidores pero non lealdade; días de alegría pero no paz nin felicidade.”
“O mundo non está en perigo polas malas persoas senón por aquelas que permiten a maldade.”
“O respecto ao dereito alleo é a paz.”
“O talento é algo corrente. Non escasea a intelixencia, senón a constancia.”
“A única persoa que non se equivoca é a que nunca fai nada.”
“É mellor estar calado e parecer idiota que falar e despexar as dúbidas definitivamente.”
“Hai persoas que loitan un día e son boas. Hai outras que loitan un ano e son mellores. Están as que loitan moitos anos e son moi boas. Pero están as que loitan toda a vida: esas son as imprescindibles.”
“Hai un pasado que marchou para sempre pero hai un futuro que aínda é noso.”
Margar no pazo do tempo
O luns imos ir ao teatro ver Margar no pazo do tempo, unha obra dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda e que pon en escena o grupo Sarabela Teatro, unha das compañías teatrais de máis longa traxectoria no teatro galego actual que leva nos escenarios desde os anos 80.
Os de Sarabela teñen unha páxina web dinámica moi chula, visítaa: www.sarabelateatro.com