27/6/12

VACACIÓNS

Boas vacacións a tod@s. Ata setembro!!!!

23/6/12

Contacontos no CEIP San Roque

O xoves 21 de xuño, no CEIP San Roque, o alumnado de 1º e 2º ESO foron a contarlle uns contos e lendas @s nen@s. Os de 1º ESO fixeron unhas lendas cheas de sereas, diaños e seres mitolóxicos. Os de 2ºESO readaptaron contos tradicionais onde Brancaneves se converteu en Negraneves, Carapuchiña vermella no cinto vermello etc. Foi todo un éxito. Esperamos repetir a experiencia.

19/6/12

16/6/12

A GAIVOTA-2012

Despois de moitas horas de traballo, por parte do grupo da Revista do EDLG, por fin a temos acabadiña de saír das máquinas, aínda bota fume....... Moitas grazas a tod@s os/as colaboradores.

2/6/12

Cancíóns gañadoras do "IVº Tonadas +"

As cancións máis votadas foron "vaiche boa" de Heredeiros da Crus (25 votos) e "Ninguém" Dios Ke Te Crew & Quempallou (18 votos).

Andaina do IES MªSoliño co alumnado EDLG do Monte Carrasco

Onte, venres organizamos unha andaina co IES Mª Soliño. Tivemos unha xornada moi agradable, coñecemos un pouquiño máis a nosa zona, grazas a presentacións, que fixeron o alumnado dos 2 centros, das Parroquias de Darbo e de Limens. Esperamos que se poida repetir para o curso 2012-2013

O bosque do Monte Carrasco

Que é o que é?

Vexamos a selección de fotos para o concurso: Que é o que é? O alumno de 4º ESO, Pablo Castro foi o único que acertou todas.