25/5/08

O terrorismo non é broma (ou si)

Ola xente.

Volvo faser unha entrada para unha cousa moi seria. En fin, estou en racha, este luns púxenlle aos meus titorandos a peli Bloody Sunday (sobre o conflito en Irlanda do Norte) e aghora déixovos este vídeo dun terrorista suisida. Non deixedes de velo, en serio, non é broma, podedes morrer... de risa.




Se queredes máis, buscade no youtube. Chámase Jeff Dunham e ten todas as actuasións en Washington coas diferentes personaxes subtituladas.

15/5/08

II Premio Espiral edublogs 08

Xa se coñecen os gañadores do II Premio Espiral edublogs 08, que xa se está a converter nun prestixioso galardón no ámbito da educación na rede.


Tamén este ano Galicia tivo a súa representación entre os gañadores. Parabéns para todas esas autoras e autores e as horas de traballo que hai detrás. Son:

Aula Blogue

EDIGA

Escoita... Escucha..

O Segrel do Penedo

Pizarra dixital

Trafegando ronseis

14/5/08

Votación

Certa persoa pediume que efectuase a desaparición de unha fotografía publicada na entrada de Sotavento, como eu penso que o blog é de todos, penso que deberíamos votar todos se queremos que se borre ou non a foto xa que é bastante agradable á vista. Por certo a votación durará 72 horas, e se nese plazo non se reciben polo menos 10 votos (só un por persoa), a votación non será válida e deixarase a foto. En caso de empate a foto tamén se deixa. Aquí vos deixo a foto outra vez para que opinedes se debe desaparecer ou non.












Firmado por: AnónimO!

Todos os votos recibidos despois das 15:15 deste sábado non serán contabilizados!

11/5/08

Sotavento 06/05/08

Hola a todos, é moi frecuente que cando se fai unha excursión (Barselona, Madrid) actualise un profe dos que foi a excursión, pero para esta entrada sobre Sotavento, non actualisa nin Alex, nin Jose Antonio, nin Ana Pose, senón que a fai faser HéctoR!^^ de 4ºB. Xa que mo suplicou o Alex de rodilla o outro día ;)





A excursión comezou a iso das oito e media da mañá, xa que solo subimos a clases non sei a que. Despois de iso, montamos no bus, e tras dúas horas de viaxe estábamos en Sotavento (a viaxe como supoñeredes non foi moi axitada, xa que todo dios estaba durmido.




Cando chegamos aló, estivemos esperando un ratiño fora, mentres algúns facían as súas cousas....



Despois diso entramos no edificio principal do recinto (o único que había vaia), e antes de dividirnos en dous grupos para comezar coa visita, estivéronnos explicando un pouco o que íamos facer durante a xornada.


Estivéronnos ensinando como se controla a electricidade que producen, as partes dun aeroxerador, como funcionan as enerxías solar e por hidróxeno, como ahorrar, etc


Ó rematar a visita da mañá, xa era un pouco tarde, polo que paramos a comer. Estivemos almorzando nos exteriores do edificio, alguns a sombra dun aeroxerador, outros nun chan cheo de "pinchos" e outro esparrantullados na herba. Alghúns máis que comer estiveron facendo o parvo, e outros, estiveron falando porque non lles gustaba moito a comida (ou simplemente era intragable...pobre Jose Antonio... ;)).


Cando rematamos de comer, fixemos un xogo no que facendo grupos dfe catro persoas, tiñas que ir respondendo unha serie de preguntas, facendo probas e todo iso sen facer trampas, xa que estaban un tanto tiquismiquis. O xogo gañáronno o grupo dos profes (tongoooO!^^) e regaláronlles unha ghorriñas e uns chaveiros.


Despois do xogo, fixemos unha visita a un aeroxerador por dentro, era moi ... bonito? Bueno, que era moi ghrande, deixémolo aí. Alghúns suberon por unhas escaleiras que non sabemos a onde conducirían (ahh, si, conducían arriba, xD). Despois diso volvemos o edifisio principal onde recollemos as mochilas e montamos no autobús rumbo a casa.


Antes de partir, os monitores reghaláronnos uns posters superchulos que nos fixeron a volta un pouco máis amena. Algúns falaban a través deles, outros xogaban ó baloncesto con boliñas de papel, outros fasian o cabestro no autobus, outros cantaban, así que para ghustos colores.


Con isto remato a entrada sobre Sotavento, que dudo que lea alghén, creo que puxen demasiada letras e as fotos tardan hora e media en carghar!!


Veña, despídome cun saudo chicuuuS!


HéctoR!^^

6/5/08

I Concurso de fotografía matemática

Ola a todo o mundo. O Departamento de Matemáticas organiza o...


I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
IES MONTE CARRASCO


PARTICIPANTES
Podemos participar TODOS. Todos quere dicir alumnos, profesores, PAS, nais e pais, ex-alumnos (e se non estás entre os anteriores, pregunta). Agora ben, só resultarán premiadas as obras dos alumnos matriculados no centro este ano.

TEMA
O tema das fotografías ten que estar relacionado co mundo das matemáticas: xeometría (simetrías, figuras, etc.), análise (funcións, ecuacións, etc.), probabilidade, aritmética (números, operacións, etc.). Hai un montón de exemplos sen máis que poñer “fotografía matemática” en google.

PRESENTACIÓN
As fotografías entregaranse a calquera membro do departamento de Matemáticas (Uxío e Álex). As fotografías deberán ir montadas nunha cartolina tamaño DIN A4 (tamaño folio) coa seguinte distribución: na parte superior debe ir o título, na parte central a fotografía e, na parte inferior, un breve texto do autor (explicación, interpretación, idea, ...). Na parte posterior da fotografía deberá figurar o nome do autor e a súa relación coa comunidade educativa do IES Monte Carrasco. Ademais deberase entregar a fotografía (con título e texto) en formato dixital (vía memoria USB, CD, correo electrónico a alancoia@edu.xunta.es).
Poderanse presentar un máximo de dous traballos por participante.

PRAZO
O prazo de presentación finaliza o venres 23 de maio.

XURADO
Estará formado polo profesorado do Dpto. de Matemáticas e un profesor do Dpto. de Tecnoloxía e valorará a orixinalidade e idoneidade do título, a calidade plástica e técnica da imaxe, o seu contido matemático e a explicación dada.

PREMIOS
Haberá tres premios: 1º premio (50 €), 2º premio (20 €), premio especial do público (10 €). Os premios serán cambiables por: material fotográfico, electrónico, libros, música ou películas. O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.

AUTORÍA DAS IMAXES
As fotografías deben ser orixinais e en ningún caso se aceptarán fotos descargadas de Internet, nin escaneadas de ningún tipo de medio gráfico. Comprobarase minuciosamente a autoría das fotos (especialmente das premiadas), esixindo aos gañadores que demostren a súa autoría. Si se permiten fotomontaxes e retoques a partir de orixinais.


Déixovos un cantos enlaces para que vos inspiredes (algunhas feitas por alumnos de secundaria coma vós):
http://www.sectormatematica.cl/fotos.htm
http://www.iescarrenomiranda.com/matematicas/matefoto/index.htm
http://catedu.es/matematicas_mundo/FOTOGRAFIAS/fotografia.htm
http://iesandza.educa.aragon.es/Foto%20Matematica.htm
http://www.uam.es/otros/hojavol/hoja8/concurso08.html

Le Slam en Français

Le slam est un art d'expression populaire oral, déclamatoire, qui se pratique dans des lieux publics comme les bars ou lieux associatifs, sous forme de rencontres et de joutes oratoires.
Le mot slam désigne en argot américain « la claque », « l'impact », terme emprunté à l’expression to slam a door qui signifie littéralement « claquer une porte ». Dans le cadre de la poésie orale et publique, il s’agit d’attraper l’auditeur par le col et de le « claquer » avec les mots, les images, pour le secouer, l’émouvoir.




Grand corps malade:Les voyages en train. "Midi 20"

J'crois qu'les histoires d'amour c'est comme les voyages en train,
Et quand j'vois tous ces voyageurs parfois j'aimerais en être un,
Pourquoi tu crois que tant de gens attendent sur le quai de la gare ?
Pourquoi tu crois qu'on flippe autant d'arriver en retard ?

Les trains démarrent souvent au moment où l'on s'y attend le moins,
Et l'histoire d'amour t'emporte sous l'oeil impuissant des témoins,
Les témoins c'est tes potes qui te disent au revoir sur le quai,
Ils regardent le train s'éloigner avec un sourire inquiet,
Toi aussi tu leur fais signe et t'imagines leurs commentaires,
Certains pensent que tu t'plantes et qu't'as pas les pieds sur terre,
Chacun y va d'son pronostic sur la durée du voyage,
Pour la plupart le train va dérailler dès l'premier orage.

Le grand amour change forcément ton comportement,
Dès l'premier jour faut bien choisir ton compartiment,
Siège couloir ou contre la vitre il faut trouver la bonne place,
Tu choisis quoi une love story de première ou d'seconde classe ?

Dans les premiers kilomètres tu n'as d'yeux que pour son visage,
Tu calcules pas derrière la fenêtre le défilé des paysages,
Tu te sens vivant tu te sens léger tu ne vois pas passer l'heure,
T'es tellement bien que t'as presque envie d'embrasser le contrôleur.

Mais la magie ne dure qu'un temps et ton histoire bat de l'aile,
Toi tu te dis que tu n'y es pour rien et que c'est sa faute à elle,
Le ronronnement du train te saoule et chaque virage t'écoeure,
Faut que tu te lèves que tu marches tu vas te dégourdir le coeur.

Et le train ralentit, c'est déjà la fin de ton histoire,
En plus t'es comme un con tes potes sont restés à l'autre gare,
Tu dis au revoir à celle que t'appelleras désormais ton ex,
Dans son agenda sur ton nom elle va passer un coup de tipex.

C'est vrai que les histoires d'amour c'est comme les voyages en train,
Et quand je vois tous ces voyageurs parfois j'aimerais en être un,
Pourquoi tu crois que tant de gens attendent sur le quai de la gare ?
Pourquoi tu crois qu'on flippe autant d'arriver en retard ?

Pour beaucoup la vie se résume à essayer de monter dans le train,
A connaître ce qu'est l'amour et se découvrir plein d'entrain,
Pour beaucoup l'objectif est d'arriver à la bonne heure,
Pour réussir son voyage et avoir accès au bonheur.

Il est facile de prendre un train encore faut-il prendre le bon,
Moi je suis monté dans deux trois rames mais c'était pas le bon wagon,
Car les trains sont capricieux et certains sont inaccessibles,
Et je ne crois pas tout le temps qu'avec la SNCF c'est possible.

Il y a ceux pour qui les trains sont toujours en grève,
Et leurs histoires d'amour n'existent que dans leurs rêves,
Et y a ceux qui foncent dans le premier train sans faire attention,
Mais forcément ils descendront déçus à la prochaine station,
Y a celles qui flippent de s'engager parce qu'elles sont trop émotives,
Pour elles c'est trop risqué de s'accrocher à la locomotive,
Et y a les aventuriers qu'enchaînent voyage sur voyage,
Dès qu'une histoire est terminée ils attaquent une autre page.

Moi après mon seul vrai voyage j'ai souffert pendant des mois,
On s'est quitté d'un commun accord mais elle était plus d'accord que moi,
Depuis je traîne sur le quai je regarde les trains au départ,
Y a des portes qui s'ouvrent mais dans une gare je me sens à part.

Il paraît que les voyages en train finissent mal en général,
Si pour toi c'est le cas accroche-toi et garde le moral,
Car une chose est certaine y aura toujours un terminus,
Maintenant tu es prévenu la prochaine fois tu prendras le bus.

5/5/08

Dicionario Visual Galego

Boas noticias, atopei dun buscador de fotografías do Flickr directamente con licenza compartida. Trátase dunha páxina creada por un particular, Peter Shanks, e vai moi ben. Chámase flickrCC, aquí vos deixo unha captura de pantalla.
Con todo, non estaría de máis lembrar que o principal obxectivo é crear propias entradas, ben sexa con fotografías propias ou con outras obras creativas feitas por vós.

4/5/08

O poder da túa sinatura

Este fermoso vídeo de Amnistía Internacional pretende concienciarnos do poder da nosa sinatura, isto é, da inmensa capacidade de decisión da sociedade civil cando se organiza a prol de calquera causa xusta. Espero que vos guste.

Vía Brétemas.

3/5/08

O neno do pixama a raias






Ola, a todos. Despois de bastante tempo, volvo a publicar unha entrada. Xa sei que moita xente no centro leu este libro, e que xa fixemos a charla-coloquio do libro. Pero hai moita xente que tampouco o leu. Este libro non é o típico libro super-perfecto no que todo é fantástico e marvilloso, é un libro un tanto diferente. Está ambientado na Alemaña da primeira metade do século XX. E non podo dicir moito máis, porque iso ídelo ter que ir descubrindo vos a medida que o leades. O que si, recomendovolo a todo e que saibades que na biblioteca do centro hai bastantes exemplares para que aluguedes un. Con todo isto, un saúdo a todos e anímovos a ler que é algo moi divertido (aínda que en certa cantidade como todo).






HéctoR!^^ (4ºB)