25/11/08
24/11/08
Concusos Samaín e Magosto
Un ano máis, os de primeiro entran pisando forte e quedándose con todos os premios.
CABAZA GAÑADORA
Xesús Bermúdez Rodas (1º A)
BANDA DESEÑADA GAÑADORA
Sara García Santos e Inés Costas Villar (1º A)
PÓSTER GAÑADOR
Inés Costas Villar e Sara García Santos (1º A)
POSTRE GAÑADOR
BOMBÓNS DE CASTAÑAS
INGREDIENTES:
CASTAÑAS
CHOCOLATES
½ VASO DE NATA LÍQUIDA
FIDEOS DE CORES DE CHOCOLATE
Cómo se fai?
Pélanse as castañas e póñense a cocer con auga e dúas culleradas de azucre durante 8 minutos mentres tanto metemos nunha cunca ½ vaso de nata líquida e o chocolate en anacos e quentámolo ao microondas durante dous minutos ata que se derreta.
Cando as castañas están cocidas, bañámolas no chocolate e os fideos de cores.
Poñémolas sobre unha fonte con papel de forno e logo a neveira para que se solidifiquen ben.
Javier Fernández Chapela (1º A)
19/11/08
Magosto
Pois alá foi o magosto e parece que a xente o pasou ben (véxase as caras nas fotos, calquera diría que están no cárcere-instituto). Houbo de todo, futuros alumnos, castañas (gracias a nais e pais), ovos rotos, mazás e moedas de chocolate (ao módico prezo de manchar a cara), chave, moi bo rollo e moita animación.
Pois alá foi o maghosto e parese que a xente o pasou ben (véxase as caras nas fotos, calquera diría que están no cársere-instituto). Houbo de todo, futuros alumnos, castañas (ghracias a nais e pais), ovos rotos, masás e moedas de chocolate (ao módico preso de manchar a cara), chave, moi bo rollo e moita animasión.
E por se fora pouco, recuperouse a tradición do trompo (algúns con máis man ca outros), tiramos da corda con gañas (e con trampas), saltamos á comba e xogamos un memorable partido de fútbol (que os alumnos só lograron empatar por cantada do porteiro profe). Que haxa moitos así...
E por se fora pouco, recuperouse a tradisión do trompo (alghúns con máis man ca outros), tiramos da corda con ghañas (e con trampas), saltamos á comba e xoghamos un memorable partido de fútbol (que os alumnos só loghraron empatar por cantada do porteiro profe). Que haxa moitos así...
14/11/08
FELICIDADES!!
Díxenche ai un mes máis ou menos que ía facelo e aqui estou!
Felicidades Álex"!! (^)
Happy birthday to you""
29 anos non? jeje, xa vas maior, eu creo que e bo momento
para retirarse, xP
Pois iso, que te desexo que o pases ben cos teus 29 tacos!
E que sexan meiores que os 28!
Un saúdo!!
Aquí queda unha foto de Sotavento do ano pasado!! Fotazaaaa!
Para rematar, frase que perdurará sempre nas nosas memorias,
na excursión a Barna, mentres xoghabamos ao fubolín!
Alex: A min, o Chema mátame"!!
SaudosS"
2/11/08
Samaín e Magosto
·Exposición de cabazas e de figuriñas feitas con castañas.
·Postres elaborados con cabazas e castañas, coas súas receitas.
·Exposición de bandas deseñadas.
·Magosto organizado pola AMPA
·Entrega dos traballos na Conserxería entre os días 30 outubro, 4 e 5 de novembro.
·O fallo do concurso e entrega de premios será o día 14 de Novembro, no recreo.
PREMIO: Un diploma lector e un CD para os mellores traballos.
Anímate a participar!