29/9/08

Lonxe de vós

Este ano mandáronme ás terras do Barco de Valdeorras, lémbrome moito do Monte Carrasco, seica por aquí teñen bo viño, xa vos contarei.
Saúdos para todo o insti, especialmente para os rapaces e rapazas da miña titoría.

21/9/08

El niño del pijama de rayas (Película)

O próximo día 26 de setembro será o estreno en cines dun dos filmes máis esperados do ano, "El niño del pijama de rayas". Está película baseada na novela de John Boyne co mesmo título, estará dirixida por Marck Herman e protagonizada por Asa Butterfield (Bruno) un rapaz de nove anos que sen darse de conta vese metido dentro de un dos conflitos bélicos máis importantes da Historia. Por non fastidiar a película a ninguén non vou contar nada acerca do libro, aínda que foi o elixido para traballar o curso pasado polo ENDL do IES. A película foi estrenada no "Festival de cine de San Sebastian" causando moi boas sensacións.

Con esta entrada inténtase revivir un pouco este blog quizáis demasiado abandoado

PD: Non me botades nin do blog ehh!

Un saúdo!

HéctoR!^^