7/10/09

Comeza a camiñar o ENDL

O ENDL comeza o seu camiño convocando a todos alumnos a participar nel. Todo aquel que queira participar ao longo do curso na revista, no blog, no taller de teatro ou en calquera outra actividade deberá asistir á reunión infomativa que terá lugar no salón de actos o xoves 8 de outubro no 1º recreo.

XOVES 8 DE OUTUBRO

1º recreo

.
REUNIÓN ALUMNADO

do ENDL

(revista, blog, teatro e moito máis)

.
ANIMÉMONOS A PARTICIPAR!!!

"A Gaivota" volve ao Carrasco


Xa comezou o curso 09/10 e volve o blog "A Gaivota" do Monte Carrasco. Este blog pretende ser un lugar de reunión de todos os membros do noso centro. A idea é sinxela: por un lado publicar e estar ao día das novas que acontecen no centro; por outro participar cos nosos traballos, ideas, suxestións... O blog está aberto a todos nós e a todas as nosas ideas e intereses, por iso o manifesto do blog é moi sinxelo:

  • A lingua vehicular do blog é o galego. As novas entradas do blog deberán estar redactadas en galego, se ben pódese falar de música, cine, literatura... en calquera outro idioma.
  • Non se poderá publicar nada que falte ao respecto a calquera persoa e/ou institución. A linguaxe empregada deberá ser axeitada. En todo caso, débese respectar o recollido no Regulamento de Réxime Interno do centro. O administrador do blog (o ENDL) será o encargado de revisar as novas entradas e modificalas/eliminalas de ser preciso.
  • O importante é participar. Os temas a tratar e a forma de facelo só depende dos nosos intereses, as nosas gañas e a nosa imaxinación.
  • Este espazo non é para publicar apuntes de materias. Profes, coidado co que publicades, non queremos durmir ás vacas!!!

Instrucións para ser membro

FAITE MEMBRO E PARTICIPA!!!