23/12/10

Agasallos Nadal

Vía o blog "O falar non ten cancelas" do EDL de Xinzo de Limia, atopamos esta proposta de agasallos para Nadal.

Representación teatral no CEIP San Roque

O día 21 de decembro o grupo de teatro do EDL do Monte Carrasco representou no CEIP San Roque O león que non sabía ler
de Martin Baltscheit. Despois de moitos ensaios e moito traballo penso que a obra foi todo un éxito. Todo o mundo quedou encantado.
Aí vai unha escolma das fotografías da actuación, para despois de Nadal presentaremos a mini película. Bo Nadal a tod@s

22/12/10

Calendarios- Marcapáxinas EDL

Por fin chegaron os calendarios marcapáxinas.
Moitas grazas a tod@s os que colaboraron na súa elaboración especialmente as diseñadoras Sheila Acuña Ferradanes e Ana Rosa Salgado Diz





Entrega dos calendarios a distintos membros do IES

16/12/10

GUÍA DE LECTURAS

Dende a coordinadora do Morrazo chegounnos esta guía de lecturas.
Xa sabedes se non sabedes que regalar no Nadal.......

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Aí vai unha selección das Postais de Nadal que se presentaron no concurso....



E a Postal Gañadora foi:



Noraboa Carmela!!!!!

1/12/10

30/11/10

28/11/10

O FOTÓGRAFO VIRXILIO VIÉITEZ

Do 22 de outubro 2010 ao 24 de abril 2011 tedes unha fantástica exposición fotográfica no MARCO de Vigo. Na planta baixa atoparedes a obra do fotógrafo de Soutelo de Montes, Virxilio Viéitez realizada durante os anos 53 e 80.
É un dos grandes da fotografía española. Cartier-Bresson, que o coñeceu en París, incluíu unha imaxe do fotógrafo galego no seu libro 'As miñas fotos favoritas'. É tamén un caso único, un talento en estado puro, que nunca se considerou un artista.

18 comidas.Unha película galega.

Un músico da rúa reencóntrase co amor da súa vida; un home cociña, cociña e cociña para a muller que nunca chega; unha cociñeira soña con ser cantante; unha moza quere, o que un home non dá, mentres un camareiro morre por ela; un macedonio está perdido por desamor en Santiago de Compostela; unha parella de anciáns que xa se dixo todo almorza, come e cea en silencio. Todas estas historias crúzanse ao longo dun día de ficción en 18 comidas, unha película de emocións servidas en torno a unha mesa, unha viaxe polos sentimentos na máis universal de todas as loitas: a de ser feliz.É un cruzamento constante de camiños ao longo de almorzos, comidas e ceas, cunha fronteira moi difusa entre a risa e o choro. Como a vida mesma.
Podes vela nos cines da Praza Elíptica de Vigo.

EXPOSICIÓN CARTEIS PUBLICITARIOS




18/11/10

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



PRESENTAMOS UNHA SELECCIÓN DE VIDEOS MUSICAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Vía o blog "Trafegando Ronseis" atopamos este vídeo:

Día Internacional contra a Violencia de Xénero 2009 from trafegandoronseis on Vimeo.



O mundo da literatura contra a violencia de xénero:

Gran Magosto

Un día fabuloso de Magosto.Pensabamos que ía chover pero ao final tivemos bo tempo e poidemos gozar das castañas, dos xogos populares e da entrega de premios.....Noraboa. Moitas Grazas a ANPA pola súa colaboración!

12/11/10

CONTOS DE MEDO NO CENTRO SANIDIA DE CANGAS

O martes pasado un grupo de alumn@s fomos ao centro de día de SANIDÍA de Cangas. Alì fixemos a lectura dramatizada dos contos de medo que representaramos durante a semana pasada na Biblioteca. Penso que os nosos maiores quedaron encantados. Eles déronnos un magnífico concerto de cancións tradicionais como a Rianxeira e o Himno de Cangas. Aí vai unha selección de fotografías.

FOTOS GAÑADORAS DO CONCURSO FOTOGRÁFICO

A foto gañadora con 26 votos é de Eva Piñeiro de 3ºB



En 2º lugar quedou a foto de Víctor Montes de 2ºB con 25 votos.



En 3º lugar a fotografía de Anxo Fernández de 4º con 15 votos



E con 14 votos a fotografía de Ana Mariño de 1ºB

5/11/10

Aquí vai un adianto das distintas actividades que tivemos esta semana do medoooooooooo.

Primeiro veremos as cabazas tuneadas:



Escolma das actividades realizadas........UUUUUUUUUUUUUUUUH!!!!!!!!!!!!!!!

As fotografías do concurso

Aí van as fotografías que presentaron @s alumn@s do Carrasco para o concurso fotográfico:



Están todas expostas no Instituto, durante a semana faremos as votacións.

27/10/10

A semana do medoooooo!

O Samaín no Carrasco:

20/10/10

Ruth Matilda Anderson

Non deixedes de visitar a exposición fotográfica de Ruth Matilda Anderson na Fundación de Caixa Galicia en Vigo, està ata o 9 de xaneiro 2011

19/10/10

Libro do mes

Reckless. Carne de pedra, de Cornelia Funke


A obra retrata a vida de Jacob Reckless dende o momento en que comete un erro: despois de moitos anos de precaución, seu irmán Will cruzou o espello e foi tras el a un mundo no que os contos máis tenebrosos se volven realidade e no que a maldición dunha fada sementa carne de pedra. Ese mundo foi fuxida e fogar para Jacob durante anos e nel andou por fragas e outeiros na busca de obxectos máxicos para reis e emperadores. Pero cando a pel de Will se transforma en xade, Jacob marcha na procura dunha única cousa: a menciña que salve a seu irmán.


Nesta obra, Cornelia Funke bota man do símbolo do espello , como metáfora de entrada a un novo mundo, a un espazo que atrae e aterra é vez, co que todos, tarde ou cedo acabamos soñando.


Cornelia Funke (Dorsten / Westfalia, Alemaña, 1958) estudou Pedagoxía e Ilustración en Hamburgo. Axiña comezou a traballar como ilustradora de contos infantís para despois escribir para público xuvenil. É autora de máis de cincuenta libros e guións e actualmente vive en Los Angeles. Coñecida como a Rowling alemá e elixida pola revista Times como unha das cen persoas máis influentes do planeta, xa vendeu máis de 14 millóns de exemplares das súas obras, entre as que destaca Tintenwelt (Mundo de Tinta).