O mércores da semana pasada, 3 de marzo, recibimos a visita dos compañeiros do IES "Lagoa de Antela" de Xinzo de Limia. Dous profes e 24 alumnos chegaron dende terras do Limia para coñecer o Morrazo. Comezaron a xornada no Museo Massó de Bueu, onde se achegaron ao mundo da pesca e da conserva, así como a caza da balea. Logo, xa co alumnado do noso centro, visitamos o Cruceiro de Hío e a Costa da Vela; pese ao orballo, tecemos unha rede de amizade que nos levará o 26 de abril a devolverlles a visita aos nosos amigos de Xinzo.
O xantar tivo que facerse no ximnasio do instituto, pois a choiva non nos permitíu estar no Balcón do Rei; pero despois de comer xa saíu o sol e puidemos admirar as vistas dende o mirador e ir ata o centro urbano de Cangas, para que os nosos rapaces fixesen de guías pola súa vila.
E xa chegou a despedida no peirao, na travesía pola ría; un ata logo, ata o 26 de abril.
Aí van as fotos
Máis no blog do ENDL do IES Lagoa de Antela de Xinzo.
9/3/10
Encontro con Xinzo de Limia
19/6/09
Estrea "A última clase"

Hoxe pola tarde, ás 19:45, estréase no Auditorio de Cangas a película "A última clase" realizada polo alumnado de Obradoiro de Iniciación ao Audiovisual do IES Monte Carrasco, dirixida polo profesor Miguel Cameselle e coa participación e axuda de toda a comunidade educativa. Esperamos que vos guste. Como aperitivo, unhas fotos da rodaxe:
27/4/09
Olha que blog Maneiro!
Os nosos amigos de Pequesreboreda (pequesreboreda.wordpress.com) e NUESTRO ENTORNO NOS IDENTIFICA (nuestroentornonosidentifica.blogspot.com) acaban de agasallarnos co premio “OLHA QUE BLOG MANEIRO!, que significa algo así como Mira que blog tan orixinal e creativo. Así que queremos darlle as grazas aos nosos compañeiros por pensar en nós para este premio. Fainos moita ilusión!!!
O premio ten unha serie de normas que hai que seguir:
1. Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro!”
2. Poñer o nome do blog que cho deu
3. Indicar os teus 10 blog
4. Avisar aos implicados
5. Publicar as regras.
6. Comprobar que os blogs indicados sigan as regras.
En breve, publicaremos os nosos blogs.
19/4/08
Excursión Barcelona Parte II
Aínda que non se cumpriron as miñas condisións ;) aí van os tan esperados vídeos da excursión a Barselona:
para comesar, cabestros no monte
e demostrando que somos de porto de mar, uns mariñeiros de augha doce
e xa sei que todos queriades verme faser o pato sobre xeo
claro que non era o único, outros empreghaban as caídas como estratexia de lighe
aínda que creo que non funsionou :P
3/4/08
Excursión Barcelona Parte I
Aí vai unha primeira ráfagha de fotos da excursión dos de 4º a Barselona.
Listos para saír (con cara de durmidos... pedaso madrughón).
Cheghar e encher. A Tamudo non o vimos, pero a Meca si.

Ata nos felisitaron no MNAC. Total porque non rompemos ninghunha obra.

Os cataláns sonche así, en ves de poñer unha cutre-antena desas que temos por aquí, encárghanlle a Calatrava ese pirulo tropical. Si, é un repetidor de Telefónica.

E despois dun paseo para abrir o apetito... tirados a comer.

Foto artística na Pedrera, famoso edifisio modernista diseñado por... non me lembro... ui, Ana vaime matar.

E o Luis moito botaba de menos aos seus amorsiños...

Na Rambla vimos de todo, de día e de noite, pero este mimo non se movía nin a tiros.

Un par de fotos fasendo o parvo no Parque Güell,

aínda que uns o fixeron máis ca outros.
Proximamente máis da excursión. Si, xa sei que todos estades esperando o vídeo no que Álex case se mata na pista de xeo. Pero non esquezades a loita de cabestros no monte, os mariñeiros de auga doce de Cangas e outras pesas de colecsionista.
13/3/08
CHARLA DE MARUXA BARRIO E HENRIQUE HARGUINDEY
O mércores 12 tivo lugar a charla da profesora Maruxa e Henrique Harguindey sobre a creación da súa obra " Antoloxía do conto popular galego".
Entregáronse tamén os DIPLOMAS LECTORES aos rapaces que participaron na actividade sobre os contos.
30/11/07
3ºB
22/11/07
Fernando Fernán Gómez, por sempre
En todo caso, para os que non o saibades, Fernando Fernán Gómez, entre outras moitísimas cousas, protagonizou o filme La lengua de las mariposas, versión cinematográfica do libro galego A lingua das bolboretas de Manuel Rivas. Aquí vos queda un anaquiño do filme.
14/11/07
Cumpleanos feliZ... (;
Volvo a actualizar para dedicarllo a Álex, que está de cumpreanos (:
Incrible!, xa levas 28 anos por aí incordiando con que se non parín desde o xoves e con que Pitághoras isto, Pitághoras aquilo.
Por serto! Esta mañá iámoste facer unha especie de "festiña" sorpresa, pero como és unha mala persoa e tes que ser puntual, ghringas! Así aprendes a deixarnos 1o minutiños ó principio de cada clase... E se non che cantamos nada foi porque estabas dun mal humor... =S Dabas medo! Estaste a faser un profe velliño e amarghado que non sabe máis que protestar e berrar jajajaja! xP
Non teño moito máis tempo...
JAPi BERDEi!!! ^^
adRianeiishOn xD



