Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

15/6/10

Estrea mundial "O Imperio contra Paca"

O vindeiro venres 18 de xuño, ás 19:30, estréanse no Auditorio de Cangas dúas superproducións audiovisuais do IES Monte Carrasco:

  • O documental, "Ronseis do salitre", sobre as mulleres da conserva e Massó, realizada no PRIN co alumnado de 1º da ESO polos profesores Rosa, Xaquín e Miguel.
  • A película "O Imperio contra Paca", realizado no Obradoiro de Iniciación ao Audiovisual co alumnado de 3º da ESO baixo a dirección de Miguel, coa colaboración de toda a comunidade educativa e Alféizar como colaboradores de excepción.

Aquí tedes o tráiler da película como aperitivo. Non faltedes!!!


3/6/10

Concurso de Fotografía Tecno-Matemática

A participación no III Concurso de Fotografía Tecno-Matemática foi todo un éxito, non só pola participación (37 fotografías de 22 alumnos), senón pola gran calidade das fotos. Mostra disto foi o axustado das votacións tanto do xurado como do público. Gracias a todos pola vosa participación!!!






Podedes ver os gañadores na páxina do insti: http://centros.edu.xunta.es/iesmontecarrasco/

19/6/09

Estrea "A última clase"



Hoxe pola tarde, ás 19:45, estréase no Auditorio de Cangas a película "A última clase" realizada polo alumnado de Obradoiro de Iniciación ao Audiovisual do IES Monte Carrasco, dirixida polo profesor Miguel Cameselle e coa participación e axuda de toda a comunidade educativa. Esperamos que vos guste. Como aperitivo, unhas fotos da rodaxe:

15/6/09

Adjar

O venres estivemos no cole de San Roque representando o conto "Adjar" de Marjane Satrapi. Fixemos dous pases, o primeiro para as nenas e nenos de infantil e o segundo para o resto do colexio.

Os nosos fixérono xenial, ben se notou na entrega do público que berreou, sorriu e aplaudiu sen descanso. Os de infantil agasalláronnos con cadanseu marcador de libros e ao remate convidáronnos a uns pinchos.



REPARTO

NARRADORES:
1. Tania
2. Miguel
3. Fani
4. Iria

PERSONAXES
Matilde................. Uxía
Rei....................... Rubén
Demo Div............. Carmela
Bruxa Piruxa......... Eva
Ajdar......................Abel

FIGURANTES
Futbolista................ Alfonso
Namoradas............. Iris e Nieves
Xornalista............... Moisés e José Antonio
Curiosas................. Leticia e Teresa
Enfermeiras............ Andrea e Sandra
Meniña chorona..... Adriana
Médicos................... Jesús e Yaiza

13/6/09

Fotografía tecno-matemática

Xa temos gañadores do II Concurso de Fotografía tecno-matemática do IES Monte Carrasco:

PRIMEIRO PREMIO
Alexandre Martínez Fernández (4ºB)
E=mc2

SEGUNDO PREMIO
Anxo Piñeiro Barcia (2ºB)
POLÍGONO IRREGULAR CON VÉRTICE

PREMIO DO PÚBLICO
Gabriel Portela Núñez (4ºA)
TRIÁNGULO DE TARGAGLIA


Noraboa aos premiados!!!

Deixovos a mostra de todo os traballos presentados:

11/5/09

Ola a todo o mundo. Os departamentos de Tecnoloxía e Matemáticas organizan o...



II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TECNO-MATEMÁTICA
IES MONTE CARRASCO

PARTICIPANTES
Podemos participar TODOS. Todos quere dicir alumnos, profesores, PAS, nais e pais, ex-alumnos (e se non estás entre os anteriores, pregunta). Agora ben, só resultarán premiadas as obras dos alumnos matriculados no centro este ano.

TEMA
O tema das fotografías ten que estar relacionado co mundo da tecnoloxía e das matemáticas. Hai un montón de exemplos sen máis que visitar o blog do insti aghaivota.blogspot.com ou poñer “fotografía matemática” en google.

PRESENTACIÓN
As fotografías entregaranse a calquera membro do departamento de Matemáticas (Uxío e Álex) ou Tecnoloxía (José Antonio e Elena). As fotografías deberán ir montadas nunha cartolina tamaño DIN A4 (tamaño folio) coa seguinte distribución: na parte superior debe ir o título, na parte central a fotografía e, na parte inferior, un breve texto do autor (explicación, interpretación, idea, ...). Na parte posterior da fotografía deberá figurar o nome do autor e a súa relación coa comunidade educativa do IES Monte Carrasco. Ademais deberase entregar a fotografía (con título e texto) en formato dixital (vía memoria USB, CD, correo electrónico a alancoia@edu.xunta.es).
Poderanse presentar un máximo de dous traballos por participante.

PRAZO
O prazo de presentación finaliza o mércores 27 de maio.

XURADO
Estará formado polo profesorado dos Departamentos de Tecnoloxía e Matemáticas e un profesor doutro departamento e valorará a orixinalidade e idoneidade do título, a calidade plástica e técnica da imaxe, o seu contido matemático e a explicación dada.

PREMIOS
Haberá tres premios: 1º premio (50 €), 2º premio (20 €), premio especial do público (10 €). Os premios non serán entregados en metálico senón por: material fotográfico, electrónico, libros, música ou películas. O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.

AUTORÍA DAS IMAXES
As fotografías deben ser orixinais e en ningún caso se aceptarán fotos descargadas de Internet, nin escaneadas de ningún tipo de medio gráfico. Comprobarase minuciosamente a autoría das fotos (especialmente das premiadas), esixindo aos gañadores que demostren a súa autoría. Si se permiten fotomontaxes e retoques a partir de orixinais.

Déixovos aquí os enlaces do ano pasado para que lle botedes unha ollada:
http://aghaivota.blogspot.com/2008/05/i-concurso-de-fotografa-matemtica.html
http://aghaivota.blogspot.com/2008/06/fotografa-matemtica.html

6/6/08

Fotografía Matemática

Por fin temos gañadoras do I Concurso de Fotografía Matemática do IES Monte Carrasco:

PRIMEIRO PREMIO
Adriana Pérez Martínez (3ºB)
MA, TE, MA, TI, CA, SI, DO
Intervalos, paralelas, música, matemáticas.


SEGUNDO PREMIO
Berta Fernández Escariz (3ºB)
CALCULADORA TRADICIONAL


PREMIO DO PÚBLICO
Carmela Carrillo García (1ºA)
MATEMÁTICAS NA RÚA

Estes son algúns xeroglíficos matemáticos que podemos encontrar na rúa, nos libros de matemáticas e noutras partes do mundo. Adivíñaos ti mesm@.

6/5/08

I Concurso de fotografía matemática

Ola a todo o mundo. O Departamento de Matemáticas organiza o...


I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
IES MONTE CARRASCO


PARTICIPANTES
Podemos participar TODOS. Todos quere dicir alumnos, profesores, PAS, nais e pais, ex-alumnos (e se non estás entre os anteriores, pregunta). Agora ben, só resultarán premiadas as obras dos alumnos matriculados no centro este ano.

TEMA
O tema das fotografías ten que estar relacionado co mundo das matemáticas: xeometría (simetrías, figuras, etc.), análise (funcións, ecuacións, etc.), probabilidade, aritmética (números, operacións, etc.). Hai un montón de exemplos sen máis que poñer “fotografía matemática” en google.

PRESENTACIÓN
As fotografías entregaranse a calquera membro do departamento de Matemáticas (Uxío e Álex). As fotografías deberán ir montadas nunha cartolina tamaño DIN A4 (tamaño folio) coa seguinte distribución: na parte superior debe ir o título, na parte central a fotografía e, na parte inferior, un breve texto do autor (explicación, interpretación, idea, ...). Na parte posterior da fotografía deberá figurar o nome do autor e a súa relación coa comunidade educativa do IES Monte Carrasco. Ademais deberase entregar a fotografía (con título e texto) en formato dixital (vía memoria USB, CD, correo electrónico a alancoia@edu.xunta.es).
Poderanse presentar un máximo de dous traballos por participante.

PRAZO
O prazo de presentación finaliza o venres 23 de maio.

XURADO
Estará formado polo profesorado do Dpto. de Matemáticas e un profesor do Dpto. de Tecnoloxía e valorará a orixinalidade e idoneidade do título, a calidade plástica e técnica da imaxe, o seu contido matemático e a explicación dada.

PREMIOS
Haberá tres premios: 1º premio (50 €), 2º premio (20 €), premio especial do público (10 €). Os premios serán cambiables por: material fotográfico, electrónico, libros, música ou películas. O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.

AUTORÍA DAS IMAXES
As fotografías deben ser orixinais e en ningún caso se aceptarán fotos descargadas de Internet, nin escaneadas de ningún tipo de medio gráfico. Comprobarase minuciosamente a autoría das fotos (especialmente das premiadas), esixindo aos gañadores que demostren a súa autoría. Si se permiten fotomontaxes e retoques a partir de orixinais.


Déixovos un cantos enlaces para que vos inspiredes (algunhas feitas por alumnos de secundaria coma vós):
http://www.sectormatematica.cl/fotos.htm
http://www.iescarrenomiranda.com/matematicas/matefoto/index.htm
http://catedu.es/matematicas_mundo/FOTOGRAFIAS/fotografia.htm
http://iesandza.educa.aragon.es/Foto%20Matematica.htm
http://www.uam.es/otros/hojavol/hoja8/concurso08.html

22/11/07

Fernando Fernán Gómez, por sempre

De seguro para a maioría dos lectores deste blog o nome de Fernando Fernán Gómez non signifique demasiado, e a min enfádame, enfádame moito que co comportamento dos medios de comunicación sigan sen coñecer demasiado deste actor, director, escritor... recentemente falecido. Indígname que morra unha folclórica ou se separe unha infanta e aquí non se poida ver outra cousa na tele a todas as horas e morra Fernán Gómez e aquí non pasemos duns minutiños nos informativos. Está visto que a cultura non se leva, que pensar non se leva.
En todo caso, para os que non o saibades, Fernando Fernán Gómez, entre outras moitísimas cousas, protagonizou o filme La lengua de las mariposas, versión cinematográfica do libro galego A lingua das bolboretas de Manuel Rivas. Aquí vos queda un anaquiño do filme.

21/11/07

debuxos na rúa

Aquí vos deixo uns debuxos que molan feitos co xiz na rúa.

http://es.youtube.com/watch?v=SOV1srK0hhg

16/11/07

A arte de Jontxu


Tráiovos desta volta o blog dun colega... minto, dun amigo artista, Jontxu. Podería resumir dicindo que é escultor pero, aínda que esa é a súa actividade principal como veredes, en realidade é moito máis: un artista completo.

No blog poderedes ver algunhas das súas obras e, mellor aínda, parte do proceso creativo en vídeo.

A verdade é que da gusto poder presumir de amigos así ;P e de ter unha obra súa na casa. Tentou facer de min un aprendiz de artista, pero non vos houbo maneira. Déixovos a ligazón no menú da dereita tamén.

Tráiovos desta volta o blogh dun colegha... minto, dun amigho artista, Jontxu. Podería resumir disindo que é escultor pero, aínda que esa é a súa actividade prinsipal como veredes, en realidade é moito máis: un artista completo.

No blogh poderedes ver alghunhas das súas obras e, mellor aínda, parte do proseso creativo en vídeo.

A verdade é que da ghusto poder presumir de amighos así ;P e de ter unha obra súa na casa. Tentou faser de min un aprendís de artista, pero non vos houbo maneira. Déixovos a lighasón no menú da dereita tamén.

http://pindrions.blogspot.com/

Neste outro blog hai obras de Jontxu e de José. Ambos traballan xuntos nun taller en Aguiño.

Neste outro blogh hai obras de Jontxu e de José. Ambos traballan xuntos nun taller en Aghiño.