Mostrando entradas con la etiqueta fotografías. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fotografías. Mostrar todas las entradas

16/1/11

Exposición "Unha mirada matemática"

Estos días temos unha exposición moi interesante: "Unha mirada matemática", Nieves Díaz Fernández móstranos as simetrías da natureza ao traves do ollo fotográfico. Para poder vela podedes ir ao blog da autora.

Espero que vos guste.

http://abelgalois.blogspot.com/2010/04/unha-mirada-matematica.html

3/6/10

Concurso de Fotografía Tecno-Matemática

A participación no III Concurso de Fotografía Tecno-Matemática foi todo un éxito, non só pola participación (37 fotografías de 22 alumnos), senón pola gran calidade das fotos. Mostra disto foi o axustado das votacións tanto do xurado como do público. Gracias a todos pola vosa participación!!!






Podedes ver os gañadores na páxina do insti: http://centros.edu.xunta.es/iesmontecarrasco/

18/11/09

Magosto no Carrasco

O venres 13 celebramos o magosto no Carrasco. A festa comezou despois do recreo, aínda que a ANPA xa estaba traballando ben cedo para agasallarnos cunhas deliciosas castañas asadas. Os de 4º montaron a cafetería fóra, sempre atentos a recadar cartos para a excursión. Entregáronse os premios dos concursos do outono e botamos unhas risas cos xogos tradicionais. Namentres, Samu agasallounos cunhas pezas de gaita, sen esquecer o himno nacional "Alfonso da herba". Quedou claro quen son os máis fortes do instituto no tiro da corda e, despois de moito insistir, os de 4º conseguiron que ter o seu partido de fútbol contra unha selección de profes e ANPA (victoria dos alumnos por un pobre 1-0). E non deixamos de rir nin de xogar nin de pasalo ben todos xuntos: alumnos, nais e pais, profes... Aí tedes as fotos para probalo.


29/6/09

Fin de curso

Para rematar o curso como se merece, o luns tivemos o festival fin de curso e o martes a xa tradicional excursión a Ons.

O festival estivo xenial e tivo momentos moi moi moi emotivos. Proxectouse a peli "A última clase", estreada o venres anterior; os de 3º fixeron un festival moi divertido e quedamos abraiados coa voz de Dani e Iria (aínda se me encolle o corazón); tivemos unha impresionante exhibición de capoeira coa presenza do grupo Muzenza e a partizipación do alumnado do centro; repartíronse premios e diplomas lectores; e chegou o momento triste da despedida dos de 4º da ESO.





En Ons pasámolo tan ben coma sempre. Non faltaron as queixas pola camiñata, os risos, as fotos (Jesús amosou un gran potencial), os baños (algúns obrigados, mesmo con roupa), as queimaduras e a sensación de que rematou demasiado pronto.



Ata o curso que vén a todos. Espero que o disfrutarades tanto coma min e seguir aquí un ano máis. A pasalo ben nas vacacións!!!

13/6/09

Fotografía tecno-matemática

Xa temos gañadores do II Concurso de Fotografía tecno-matemática do IES Monte Carrasco:

PRIMEIRO PREMIO
Alexandre Martínez Fernández (4ºB)
E=mc2

SEGUNDO PREMIO
Anxo Piñeiro Barcia (2ºB)
POLÍGONO IRREGULAR CON VÉRTICE

PREMIO DO PÚBLICO
Gabriel Portela Núñez (4ºA)
TRIÁNGULO DE TARGAGLIA


Noraboa aos premiados!!!

Deixovos a mostra de todo os traballos presentados:

11/5/09

Ola a todo o mundo. Os departamentos de Tecnoloxía e Matemáticas organizan o...



II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TECNO-MATEMÁTICA
IES MONTE CARRASCO

PARTICIPANTES
Podemos participar TODOS. Todos quere dicir alumnos, profesores, PAS, nais e pais, ex-alumnos (e se non estás entre os anteriores, pregunta). Agora ben, só resultarán premiadas as obras dos alumnos matriculados no centro este ano.

TEMA
O tema das fotografías ten que estar relacionado co mundo da tecnoloxía e das matemáticas. Hai un montón de exemplos sen máis que visitar o blog do insti aghaivota.blogspot.com ou poñer “fotografía matemática” en google.

PRESENTACIÓN
As fotografías entregaranse a calquera membro do departamento de Matemáticas (Uxío e Álex) ou Tecnoloxía (José Antonio e Elena). As fotografías deberán ir montadas nunha cartolina tamaño DIN A4 (tamaño folio) coa seguinte distribución: na parte superior debe ir o título, na parte central a fotografía e, na parte inferior, un breve texto do autor (explicación, interpretación, idea, ...). Na parte posterior da fotografía deberá figurar o nome do autor e a súa relación coa comunidade educativa do IES Monte Carrasco. Ademais deberase entregar a fotografía (con título e texto) en formato dixital (vía memoria USB, CD, correo electrónico a alancoia@edu.xunta.es).
Poderanse presentar un máximo de dous traballos por participante.

PRAZO
O prazo de presentación finaliza o mércores 27 de maio.

XURADO
Estará formado polo profesorado dos Departamentos de Tecnoloxía e Matemáticas e un profesor doutro departamento e valorará a orixinalidade e idoneidade do título, a calidade plástica e técnica da imaxe, o seu contido matemático e a explicación dada.

PREMIOS
Haberá tres premios: 1º premio (50 €), 2º premio (20 €), premio especial do público (10 €). Os premios non serán entregados en metálico senón por: material fotográfico, electrónico, libros, música ou películas. O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.

AUTORÍA DAS IMAXES
As fotografías deben ser orixinais e en ningún caso se aceptarán fotos descargadas de Internet, nin escaneadas de ningún tipo de medio gráfico. Comprobarase minuciosamente a autoría das fotos (especialmente das premiadas), esixindo aos gañadores que demostren a súa autoría. Si se permiten fotomontaxes e retoques a partir de orixinais.

Déixovos aquí os enlaces do ano pasado para que lle botedes unha ollada:
http://aghaivota.blogspot.com/2008/05/i-concurso-de-fotografa-matemtica.html
http://aghaivota.blogspot.com/2008/06/fotografa-matemtica.html

21/1/09

Sarabia no Carrasco

Host unlimited photos at slide.com for FREE!

Ola!

O martes 20 de xaneiro produciuse un deses fenómenos meteorolóxicos que sorprenden e impresionan, polo menos aquí na costa. A primeira hora da mañá, caeu unha sarabiada tal que deixou cuberto todo o Monte Carrasco. Estaba tan branca a cousa que a xente preguntaba dende as fiestras "É xeo ou neve?". Non era neve, pero deixounos unhas fermosas fotografías.


19/11/08

Magosto

Pois alá foi o magosto e parece que a xente o pasou ben (véxase as caras nas fotos, calquera diría que están no cárcere-instituto). Houbo de todo, futuros alumnos, castañas (gracias a nais e pais), ovos rotos, mazás e moedas de chocolate (ao módico prezo de manchar a cara), chave, moi bo rollo e moita animación.

Pois alá foi o maghosto e parese que a xente o pasou ben (véxase as caras nas fotos, calquera diría que están no cársere-instituto). Houbo de todo, futuros alumnos, castañas (ghracias a nais e pais), ovos rotos, masás e moedas de chocolate (ao módico preso de manchar a cara), chave, moi bo rollo e moita animasión.



E por se fora pouco, recuperouse a tradición do trompo (algúns con máis man ca outros), tiramos da corda con gañas (e con trampas), saltamos á comba e xogamos un memorable partido de fútbol (que os alumnos só lograron empatar por cantada do porteiro profe). Que haxa moitos así...

E por se fora pouco, recuperouse a tradisión do trompo (alghúns con máis man ca outros), tiramos da corda con ghañas (e con trampas), saltamos á comba e xoghamos un memorable partido de fútbol (que os alumnos só loghraron empatar por cantada do porteiro profe). Que haxa moitos así...

6/6/08

Fotografía Matemática

Por fin temos gañadoras do I Concurso de Fotografía Matemática do IES Monte Carrasco:

PRIMEIRO PREMIO
Adriana Pérez Martínez (3ºB)
MA, TE, MA, TI, CA, SI, DO
Intervalos, paralelas, música, matemáticas.


SEGUNDO PREMIO
Berta Fernández Escariz (3ºB)
CALCULADORA TRADICIONAL


PREMIO DO PÚBLICO
Carmela Carrillo García (1ºA)
MATEMÁTICAS NA RÚA

Estes son algúns xeroglíficos matemáticos que podemos encontrar na rúa, nos libros de matemáticas e noutras partes do mundo. Adivíñaos ti mesm@.