24/5/10

Roteiro do libro

A semana pasada iniciamos no IES a actividade "O Roteiro do Libro”. Escondemos uns libros polo instituto, e cada rapaz/a tivo que coller un sobre na entrada do centro onde había unha serie de pistas que os levaron aos agasallos. A pesar da dificultade e da calor todo o alumnado atopou o seu libro.



20/5/10

Factorías da Lingua

O alumnado de 1º ESO B participa con este traballo na 2ª convocatoria do Certame "Xentes, espazos e lugares" do Proxectoterra, organizado polo Colexio oficial de arquitectos de Galicia. Con él queremos compartir a nosa visión das xentes, dos espazos e dos lugares do noso pobo, para poñer en valor o seu patrimonio conserveiro ao tempo que recuperar e promocionar o uso da nosa lingua, a lingua de Galicia.


Pantalla completa

13/5/10

Poemas de Uxío Novoneyra

Aquí tendes distintos traballos moi interesantes sobre a poesía de Uxío Novoneyra, como veredes as súas poesías tocaron o corazón de moit@s. Gozádeas!

Na Biblioteca do IES de Arzúa:



Este é un magnifico traballo do ENDL do IES Elviña d'A Coruña



E na Biblioteca do IES de Fene fan estas cousiñas:






Semana das letras galegas 2010 no Carrasco

Espero que participedes tod@s nas distintas actividades


12/5/10

La Ola (Die Welle)


Os alumnos de 4ºA viron hoxe a película alemana La Ola do director Dennis Gansel. Podedes ver a información da película na sú páxina oficial, en filmaffinity. A película está baseada en feitos reais e podedes atopar máis información e reflexións premendo aquí.





Agora toca reflexionar un pouco sobre a película, así que deixade os vosos comentarios. Para que vos inspiredes un pouco, deixo algunhas cuestións:

  • Que che pareceu máis interesante da película?
  • Sénteste identificado con algunha personaxe da película?
  • Comprendes por que algúns estudantes se unen a "A Ola"?
  • Que tiña de malo "A Ola"?
  • Tiña algunha cousa boa?
  • Cres que podería pasar algo parecido no mundo Occidental? E nalgún outro lugar do mundo?

7/5/10

Galegando no IES Pintor Colmeiro

Os do IES Pintor Colmeiro están a última GALEGANDO con Lady Gaga:



Obradoiro de teatro

Seguimos cos ensaios. E esta semana tivemos noticias do CEIP San Roque: creo que xa fixeron os debuxos dos decorados, iremos a buscalos pronto. Tamén nos dixeron que poderemos actuar na semana do 14 de Xuño.

Aí van unhas fotografías dos ensaios:

Campaña desconxele

Reverso Comunicación Cultura e Lingua desenvolve con 2.0 Editora a campaña Desconxele. Este é un proxecto de fomento do hábito lector dirixido a mediadores de lectura (libreiros, bibliotecarios, docentes etc.) que poñemos a andar no Mes das Letras, co obxectivo de implicar a mediadores de lectura na súa función de estímulo do gusto pola lectura.

2/5/10

Caderno de bitácora da excursión a Barcelona

Día 1:
O pasado venres 19 de marzo os alumnos de 4º da ESO saímos, xunto con Álex e Luis, cara Barcelona, cheos de ilusión e ganas de pasalo ben.
Cando chegamos o albergue, no Passeig de Gracia, quedamos abraiados: futbolín na sala común, cíber, habitacións con vistas xeniais… Desfixemos as maletas e saímos dar una volta.
Baixamos polas Ramblas, gozando da alegría que se respiraba aquel venres pola noite, e admirando a tódolos artistas que alí estaban. Chegamos ata o Maremagnum, onde ceamos e tivemos tempo libre. Logo, voltamos ó albergue.

Día 2:
Á mañá seguinte, despois de moi poucas horas de sono, saímos cara ó MNAC (Museo Nacional de Arte de Cataluña), no que tivemos una visita guiada, e ó rematar, fomos comer algo, e pola tarde visitamos a Sagrada Familia, na que algún subimos ata arriba, e logo tivemos algo de tempo libre.
Despois de cear voltamos ó albergue, onde continuamos divertíndonos.



Día 3:
Despois dunha noite algo máis tranquila, a mañá do domingo fomos visitar a Pedrera, que nos sorprendeu polo seu luxo, e despois de andar un pouco máis por Barcelona fomos comer. Ó rematar, voltamos ó albergue a cambiarnos para ir ó Bosc Urbá, un recinto de tirolinas, redes e demais no que o pasamos xenial. Despois regresamos ó albergue, onde ceamos e, despois de moitas partidas ó futbolín e risas, coma o resto dos días, fomos ás habitacións.



Día 4:
O luns pola mañá fomos ao cine Imax a ver unha película en 3D: Wild Ocean 3D, na que algún aproveitou para durmir un rato. Logo comemos polo Maremagnum, onde tivemos tempo libre.
Logo visitamos o zoo, no que vimos un espectáculo xenial de delfíns, e logo miramos algúns dos outros animais (tigres, leóns mariños, elefantes…)
Cando nos botaron de alí, como aínda era cedo e non había ninguén que nos alugase unha barca no lago do parque, fomos ata Monjuic en funicular e teleférico, e alí vimos o castelo por fóra, e tamén os preciosos arredores. Ó baixar perdémonos, e despois de andar durante un bo rato, collemos o bus e fomos ata as Ramblas. Despois de cear, fomos ata ó albergue a preparar a festa de aniversario de Brais, na que o pasamos xenial.



Día 5:
Pola mañá fomos ó Parc Güel, que a todos nos pareceu moi bonito, e no que o pasamos ben escoitando ós músicos e paseando.
Despois fomos comer ao importante restaurante Les 4 Gats, e despois algún fomos dar unha volta por Barcelona en bici, na que o pasamos xenial, e logo tivemos tempo de compras polo barrio gótico antes de ir ver o musical de “Hoy no me puedo levantar” que a todos nos encantou e que nos resultou moi entretido.
Cando rematou o musical fomos cear, e logo de volta ó albergue.




Día 6:

Como último día en Barcelona, pola mañá fomos ó Museo das Ciencias, no que pasamos un moi bo rato, e logo tivemos tempo libre para comer, dar unha volta e facer as últimas compras polas Ramblas.
Pola tarde fomos á pista de xeo do Camp Nou, no que houbo risas, caídas e moita diversión.
Despois fomos comprar uns bocadillos e cara ó Camp Nou, preparados para ver o partido Barça-Osasuna.
Despois fomos para ó albergue, con ganas de pasalo xenial a última noite.

Día 7:
Desgraciadamente, o día da volta chegou demasiado pronto, aínda que iso significase que pasáramos uns días xeniais que nunca esqueceremos.
Pola mañá fixemos as nosas maletas e abandonamos o albergue para colle-lo tren que nos levou ao aeroporto de Barcelona, onde deixamos atrás a cidade que tan bos momentos nos fixo vivir.



Iria Pin

1/5/10

Onde se fala galego?

En Croacia tamén se fala en galego





En Xapón?